Mudanzas en UC (base de datos e web)

12/06/2026
Universo Cantigas está nun proceso de mellora e acomodación ás necesidades dunha base de datos complexa, dinámica e útil. 
Nesta etapa, foi reformulada a sección “Cantigas” (con reforma e ampliación dos diversos índices) e “Recursos”, onde xa se inclúe “UCollatio”, unha tabela comparativa (horizontal e/ou vertical) entre texto crítico e testemuños manuscritos.
Ao mesmo tempo, as ferramentas presentes na presentación xeral de cada cantiga foron reformuladas e ampliadas, coa aparición das iconas dos manuscritos (en proceso), a incorporación de “UCollatio” e mais un novo capítulo, “Métrica”, que dá acceso á(s) disposición(s) métrica(s) alternativa(s) dunha cantiga cando estas existiren.

Retour aux nouvelles