

A obra recolle a edición das 501 cantigas de amigo galego-portuguesas transmitidas polos cancioneiros medievais. O texto crítico de cada cantiga vai acompañado dunha paráfrase en galego actual, ademais da indicación das fontes manuscritas, das edicións anteriores existentes e dun código QR que liga cada poema coa súa edición dixital completa na web Universo Cantigas. O seguinte volume recollerá as cantigas de escarnio e mal dizer.