468 [= RM 18,23]
[...] / porque lhi rogavan que perdoasse

[............................................... -ada]
porque lhi rogavan que perdoasse
Pero d’Ambroa, que o non matasse
nen fosse contra el desmesurada.
E diss’ela: «Por Deus, non me roguedes,
ca direi vós de min o que i entendo:
se ũa vez assanhar me fazedes,
saberedes quaes peras eu vendo,
ca rogades cousa [mui] desguisada,
e non sei eu quen vo-lo outrogasse
de perd[o]ar quen no mal deostasse,
com’el fez a min, estando en sa pousada;
e, pois vejo que me non conhocedes,
de min atanto vos irei dizendo:
se ũa vez as[s]anhar me fazedes,
[saberedes quaes peras eu vendo].
E, se m’eu quisesse seer viltada,
ben acharia quen xe me viltasse;
mais, se m’eu taes non escarmentasse,
cedo meu preito non seeria nada;
e en sa prol nunca me vós faledes,
ca, se eu soubesse, morrer’ardendo:
se ũa vez assanhar me fazedes,
[saberedes quaes peras eu vendo].
E por esto é grande a mia nomeada,
ca non foi tal que, se migo falhasse,
que én eu mui ben non [o] castigasse,
ca sempre fui temuda e dultada;
e rogo-vos que me non afiquedes
daquesto, mais ide-m’assi sofrendo:
se ũa vez assanhar me fazedes,
saberedes quaes peras eu vendo».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 

Manuscrits


B 471bis

Edicions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 1-2 [= LPGP 150]); Paredesa (2001: 166); Lopes (2002: 58-59); Paredesb (2010a: 147); Littera (2016: I, 87-88).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 156); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 264-265); Machado & Machado (1950: II, 328-329); Paredes (2010b: 114-117); Paredes (2010c: 80-81); Rios Milhám (2018b: III, 468).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 27-28); Tavares (1987: 54-55); Magalhães (2007: 123).

Variants manuscrites


10 outrogasse] outʳogasse B   11 deostasse] deestasse B   14 vos] uos B   19 eu] en B   20 preito] p’eyto B   22 morrer’] moirer B   23 me fazedes] mesfazedes B   25 mia] mħa B   28 temuda] cemuda B   29 vos] uos B   30 sofrendo] soffrido B

Variants editorials


1 [Maria Perez vi muit’assanhada] Lapa, Lopes, Littera   2 rogavan] rogava Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   6 ca direi vós] ca direi-vos Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   9 rogades cousa [mui]] [me] rogades cousa Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   10 outrogasse] outorgasse Lapa, Lopes,   11 quen no] quẽ-no Lapa : quen’o Littera   14 min] mi Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   19 escarmentasse] escarmertasse Paredesa, Paredesb    27 én] en[de] Lopes, Littera; non [o]] [o] non Lapa : nom Lopes, Littera : non-[no] Paredesa, Paredesb

Paràfrasi


(I) [...] porque lle rogaban que lle perdoase a Pero d’Ambroa, e que non o matase nin o tratase con desmesura. E ela dixo: «Por Deus, non me pidades iso, pois direivos sobre min o que eu penso: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu, (II) porque me pedides unha cousa disparatada e non sei quen vos consentise en perdoar a quen o deostase como el me fai a min, cando estamos na súa pousada; e xa que vexo que non me coñecedes, direivos de min tanto como isto: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.

(III) E se eu quixese ser humillada, ben podería achar quen me humillase, mais se eu a eses non os escarmentase axiña, a miña reputación non valería nada; e vós no me faledes a favor del, porque se por min fose morrería ardendo: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu».

(IV) E por isto é grande a miña fama, porque non houbo ninguén que, fallándome, eu non o castigase moito por iso, pois sempre fun moi temida; e pídovos que non teimedes niso, senón que me aguantedes así como son: se unha vez asañar me facedes habedes saber quen son eu.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 10’a 10’b 10'b 10’a 10’c 10’d 10’C 10’D (= RM 175:2)

Encontros vocálicos: 6 ientendo; 12 estandoen; 20 se͜eria; 25 estoé

Notes


Text
  • *

    Moi probabelmente este escarnio estea dirixido contra Maria Balteira, pois o trobador Pero Garcia d’Ambroa aparece asociado en diversas composicións a esta soldadeira (véxanse as cantigas 1584 e 1607); así o interpretou Lapa na reconstrución conxectural do primeiro verso (Maria Perez vi muit'assanhada), ausente do manuscrito, seguindo a proposta de Carolina Michaëlis (2004: 264).

    Para alén do pequeno ciclo dedicado a escarnecer Pero Garcia d’Ambroa pola súa inexistente peregrinación á Terra Santa (véxase nota á cantiga 1414) e mais da súa participación en debates poéticos, a figura deste trobador é aludida e satirizada noutras composicións: 468 (Afonso X), 1476 (Joan Baveca), 1533 (Pero Mafaldo), 1674 (Pedr’Amigo de Sevilha).

  • 6

    En todas as edicións precedentes aparece neste verso unha anómala posposición de vos (ca direi-vos...). Non obstante, para alén desa anomalía sintáctica (véxase nota a 22.10-11), o feito de que vos presente a lección <uos> no manuscrito aconsella considerar o pronome como complemento indirecto (cfr. nota a 5.2), tal como poden funcionar as formas pronominais tónicas oblicuas na lingua dos trobadores (ca direi vós de min...).

  • 9

    Perante a hipometría versal existen varias posibilidades de reintegración de unha sílaba: todos os editores optaron polo CI me, mais o acento na 3ª sílaba do v. 1 de cada estrofa, así como a existencia do sintagma cousa mui desguisada en 174.15 e 591.7 inclina en prol de mui esta decisión editorial.

  • 10

    A forma outrogar, con metátese de /r/ a partir de outorgar (<auctoricāre) ten certa presenza nas cantigas trobadorescas profanas, pois volve aparecer en 475.15 e mais 1017.19.

  • 25

    O substantivo nomeada ‘fama, reputación’ (de nomear + -ada) só se rexistra nesta cantiga e mais en 1350.5.

  • 26-27

    Obsérvese a repetición de que (da estrutura comparativo-consecutiva tal que) tras unha frase parentética (véxase nota a 53.17-18):

    ca non foi tal que, se migo falhasse,
    que én eu mui ben non [o] castigasse.

  • 27

    Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 359.4, 576.10959.9.

  • 28

    As voces da familia lexical de dultar, forma concorrente con duvidar nos textos medievais (do lat. dubitāre, véxase Ferreiro 1999: §17d.5), teñen escasa presenza na poesía trobadoresca profana, pois só volve aparecer dultança en 459.11867.29, e o verbo dultar en 1382.21.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat