[last revised: 23/02/2024]Print

1236 [= Tav 117,1]
A que vi ontr’as amenas

A que vi ontr’as amenas,
Deus, como parece ben!
E mirei-la das arenas,
des i penado me ten:
eu das arenas la mirei
e des enton sempre penei.
A que vi ontr’as amenas,
Deus, com’á bon semellar!
E mirei-la das arenas,
des enton me fez penar:
eu das arenas la m[irei
e des enton sempre penei].
Se a non viss’aquel dia,
que se fezera de mí?
Mais quis Deus enton, e vi-a,
nunc’a tan fremosa vi:
eu das arenas la mirei
[e des enton sempre penei].
Se a non viss’aquel dia,
muito me fora mellor,
mais quis Deus enton, e vi a
mui fremosa mia sennor:
eu das arenas la [mirei
e des enton sempre penei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


A 283, B 1220, V 825

Na copia de BV aparecen invertidas as estrofas III-IV.

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 561-562); Reali (1962: 176-177 [= LPGP 752-753]); Littera (2016: II, 266).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 283-284); Braga (1878: 155); Carter (2007 [1941]: 166-167); Machado & Machado (1956: V, 331-332); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 11); Seoane (1941: 56); Nunes (1932: 20-21); Nemésio (1961 [1949]: 174); Varela Jácome (1953: 24-25); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 79); Álvarez Blázquez (1975: 62); Torres (1977: 489); Alvar & Beltrán (1989: 171-172); Pena (1990: 44-45); Jensen (1992: 276); Alonso Girgado (1992: 75); Alvar & Talens (2009: 428); Mongelli (2009: 41).

Manuscript variants


1 ontr’as] antras BV   6 e] om. BV; add. Eu B : eu V   7 ontr’as] antras BV   8 com’á] comha V   9 E] Eu B : en V   10 des] et (des) A; enton] en cō BV   13 viss’aquel] uisse aq̄l B   14 mí] mī BV   15 enton, e vi-a] entonçe (dia) uya B; en tonçe uya V   16 nunc’a] ꞇ nunca A   21 Deus] des V   21-22 enton, e vi a / mui] enton ꞇuía / amuy A : entonçe euia / Mui B : entonçe euia / mui V

Editorial variants


10 fez] faz Michaëlis   14 mí] min Reali   16 nunc’a] Nunca Reali, Michaëlis

Paraphrase


(I) A que vin entre as ameas, Deus, que fermosa é! E mireina desde a area; desde entón penando me ten: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.

(II) A que vin entre as ameas, Deus, como é fermosa! E mireina desde a area; desde entón fíxome penar: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.

(III) Se non a vise aquel día, que sería de min? Mais quíxoo Deus entón, e vina; nunca a vin tan fermosa: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.

(IV) Se non a vise aquel día moito mellor me fora, mais quíxoo Deus entón, e vin a miña señora moi fermosa: eu mireina desde a area e desde entón sempre penei.
 

Metrics


Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7’a 7b 8C 8C (= Tav 99:64)

Notes


Text
  • *

    Esta composición de Pedr’Eanes Solaz é unha cantiga de amor, aínda que formalmente presenta algúns trazos arcaizantes típicos do xénero da cantiga de amigo, nomeadamente formas con conservación de -l, n- intervocálicos (véxase nota aos vv. 1, 3).

    A cantiga presenta un duplo sistema de reiteracións versais, en que o 1º e 3º verso das estrofas I-II e das estrofas III-IV son repetidos.

  • 1

    No Cancioneiro da Ajuda atéstanse as tres variantes da preposición entreontre (92.20, 199.8, 1236.1 e 7), antre (309.21 e 22) e entre (149.r2). No que di respecto aos apógrafos italianos, só fornecen a variante antre (agás en 92.20, onde B comparte con A a forma ontre). De calquera maneira, a convivencia destas tres formas de entre lembra a concorrencia das variantes por ~ par ~ per, así como a evolución que se percibe nunha (rara) variante como ontroido e antroido para entroido (< ĭntroitum): per tal condizom que dedes deles a min cada ano des dia de san martino atra dia d’Ontroydo C. soldos de móéda dos pretos blandos, a dous pretos por soldo (Lucas Álvarez & Lucas Domínguez 1996: 77). Véxanse aínda outras atestacións no CGPA, s.v. ontroydo.

    Por outra parte, a forma amenas (tamén no v. 7), igual que arenas (vv. 3, r1, 9), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (irmana, louçana, Granada, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b).

  • 3

    Para alén de arenas, e amenas (véxase nota ao v. 1), a forma pronominal la, do mesmo xeito que acontece coas formas do artigo (véxase nota a 587.3), manifesta a conservación de /l/ en posición posvocálica, fonema desaparecido nestas formas xa había tempo. A súa presenza debe ser atribuída a unha vontade retórica arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013a), igual que acontece noutras cantigas de amigo (586, 647, 660, 1205).

  • 5

    Tal como acontece coa secuencia los meus cabelos (1166.1), neste primeiro verso do refrán prodúcese unha secuencia similar, onde talvez haxa unha asimilación fonética de /l/ a -s precedente (eu das arenas la mirei = *eu das arenas-la mirei).

  • 10-16

    Nestes dous versos advírtese a presenza excedente da conxunción copulativa e, que os apógrafos italianos, neste caso asisadamente, non copian. Neste sentido, para alén desta cantiga, existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 13), A vs. B (129.28), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9).

  • 13-21

    Nótese a rima dia : vi-a (vv. 13-15) e dia : vi a (vv. 19-21), que engloba elementos lingüísticos independentes, do mesmo modo que nas cantigas 634.18-21 (u me - lume - queixume) e 1334.15, 18 e 21 (ten o - pequeno - neno), e dun modo similar, con verbo + clítico nas cantigas 292.14-16 (soo - doo - negó-o), 443.7-9 (vi-as - dias - dirias), 807.8, 11 e 14 (vi-a - averria - querria) e 1344.25, 27, 29 e 31 e mais 26, 28, 30 e 32 (pao - dá-o - vao - mao; paa - dá-a - vaa - maa).

  • 15

    Repárese na variación entón (< ĭn-tŭnc) / entonce (< *ĭn-tŭnce) entre A vs. BV (tamén no v. 21), que non afecta a medida por canto entonce estabelece crase coa copulativa seguinte (entonc’e).

  • 16

    Para alén da presenza espuria da copulativa (véxase nota ao v. 10), a segmentación do pronome realizada por Cohen en nunca (nunc’a) é conveniente para explicitar o CD de vi.

  • 22

    No Cancioneiro da Ajuda aparece repetido o artigo, que forma parte da rima do v. 21, no inicio deste verso.

Search
    No results