I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 77-78 [= LPGP 177]); Nunes (1973 [1928]: 22-23); Cohen (2003: 604); Littera (2016: I, 222); Fassanelli (2021: 68).
II. Outras edicións: Moura (1847: 144-145); Monaci (1875: 70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 196-197); Cohen (1987: 57-58); Júdice (1997: 64); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 181); Cidade (1941: 24-25); Piccolo (1951: 185-186); Nunes (1959: 379-380); Álvarez Blázquez (1975: 235); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 37); Gutiérrez (2023: 197).
1 Amad’e] Amigue BV 3 la] l(h)a B 6 Deus] de V 7 do] del B 9 do] de V 11 baiozinho] bayo rinho B : hayo rinho V 13 do] de V 17 baiozinho] bayorīo BV
1 Amad’e] Amig’e Cohen 3 vede la frol] vede-la frol Fassanelli 7 vede la frol] vede-la frol Fassanelli 9 Vede la frol] Vede-la frol Fassanelli 11 baiozinho] baiosinho Lang, Cohen 13 Vede la frol] Vede-la frol Fassanelli 17 baiozinho] baiosinho Lang, Cohen
(I) Amado e meu amigo, Deus axude, vede a flor do piñeiro e tratade de partir.
(II) Amigo e meu amado, Deus axude, vede a flor do ramo e tratade de partir.
(III) Vede a flor do piñeiro, Deus axude, selade o cabaliño baio e tratade de partir.
(IV) Vede a flor do ramo, Deus axude, selade o belo cabalo e tratade de partir.
(V) Selade o cabaliño baio, Deus axude, vinde, ai amigo, e tratade de partir.
(VI) Selade o belo cabalo, Deus axude, vinde, ai amado, e tratade de partir.
Esquema métrico: 6 x 6’a 3B 6’a 6C (= RM 117:1)
Sobre as sistemáticas rimas asoantes ao longo de toda a composición (agás na estrofa III), véxase nota á cantiga 583.
Eis o primeiro caso de conservación de /l/ nunha forma do artigo na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 903, 969, 1130, 1166, 1167, 1169, 1201, 1206, 1281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).
A forma pinho (tamén no v. 9) contrasta co arcaísmo pino presente noutras cantigas de amigo (585, 920). Véxase nota a 585.1.
O inicialmente adxectivo baiozinho, dim. de baio, que indica a cor amarelenta do cabalo (véxase 962.6)1 , convértese nesta cantiga en sinónimo paralelístico de cavalo (véxase nota a 472.3). Canto ao sufixo diminutivo -zinho con bases lexicais acabadas en vogal, pode encontrarse, por exemplo, en voces presentes en diversas obras portuguesas do século XV: filhizinho e passozinho (véxase CGPA, s.v.)2 ; livrezinho, nauezinha, prouevezinho e ventizinho (véxase CdP, s.v.). Neste sentido, a emenda para baiosinho (Lang, Cohen) carece de sentido, especialmente tendo en conta a frecuencia do erro <r>/<z> nos apógrafos italianos: <prarer> B prazer 195.34, <far> B faz 252.14, <far> V faz 448.8, <far> V faz 448.10, <feresſe> fezesse B 534.18, <far> V faz 715.9, <uor> B voz 735.5, <prar> B praz 859.4, <Fariã> B fazian 956.18, <farer> B fazer 1031.9, <Direr> B dizer 1075.9, <soarer> V Soarez 1197.29, <dired> B dized’ 1339.5, <myres> B juizes 1501.18, <Dire͂> B dizen 1578.19, <uers̄> B vezes 1590.8, <par> B paz 1598.25, <verinho> B vezinho 1658.6.
Nas cantigas trobadorescas aparece unha forma imperativa treide (<trahite) e o presente, con valor imperativo, treides (<trahitis) que son restos arcaicos da conxugación do verbo trahere, na súa forma clásica (despois substituído por *tragere> med. trager; véxase Ferreiro 1999: §220a). Fóra da cantiga 1471 (véxase nota aos vv. 4 e 16), treide e treides só se atesta en oito cantigas de amigo: 679.3, 757.1, 1161.6, 1289.1 e 6, 1297.1 e 4, 1299.2, 5, 7 e 10, 1302.1, 1303.2, 5 e 8. Alén da lírica profana, hai dúas ocorrencias de treides nas Cantigas de Santa Maria:
Ai, moller, treides oge mig’ a un logar. (CSM 216.23)
E depois aa tornada, quando chegou a Carron,
hũa sa filla lle disse: «Treides, se Deus vos perdon,
albergar mais adeante a hũas choças que son
preto de nosso camỹo, e y podemos jazer». (CSM 278.24).
Na prosa só localizamos unha ocorrencia na Demanda do Santo Graal: Senhor, diss’el, pois treides migo (cfr. CGPA, s.v. treides).
Cfr. no Tratado de Albeitaria: E, segundo meu saber, digo que o cabelo que dizen baio, meio branco escuro, é sobre todos outros louvadeiro e chamanlle algũos baio craro (Pérez Barcala 2013: 153).
E formas similares aparecen tamén, por exemplo, en Menina e Moça (1545), tales como mansozinho ou passozinho (véxase CGPA, s.v.).