1314 [= RM 38,8]
Vaiamos, irmana, vaiamos dormir

Vaiamos, irmana, vaiamos dormir
nas ribas do lago, u eu andar vi
a las aves meu amigo.
Vaiamos, irmana, vaiamos folgar
nas ribas do lago, u eu vi andar
a las aves meu amigo.
Ennas ribas do lago, u eu andar vi,
seu arco na mano a [la]s aves ferir,
a las aves meu amigo.
Ennas ribas do lago, u eu vi andar,
seu arco na mano a las aves tirar,
a las aves meu [amigo].
Seu arco na mano a [la]s aves ferir,
e las que cantavan leixa-las guarir,
a las aves meu [amigo].
Seu arco na mano a las aves tirar,
e las que cantavan non nas quer matar,
a las aves m[eu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1298, V 902

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 453-454); Toriello (1976: 107 [= LPGP 280]); Cohen (2003: 530); Littera (2016: I, 297).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 306-307); Braga (1878: 168-169); Machado & Machado (1958: VI, 21); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 46); Cousillas Pena (2019: 53).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 65); Nemésio (1961 [1949]: 212); Fernández Pousa (1951: 45); Bernárdez (1952: 140); Varela Jácome (1953: 59-60); Nunes (1959: 384); Oliveira & Machado (1959: 129); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 43-45); Spina (1972: 369); Álvarez Blázquez (1975: 101); Landeira Yrago (1975: 203); Torres (1977: 280); Correia (1978: 264); Reckert & Macedo (1980: 229); Fiúza (1981: 101-103); Gonçalves & Ramos (1983: 313); Beltrán (1987: 87); Deluy (1987: 69); Dobarro Paz et alii (1987: 20); Ferreira (1988: 91-92); Alvar & Beltrán (1989: 387); Tavani (1989: 6); Pena (1990: 178-179); Jensen (1992: 104); Alonso Girgado (1992: 33); Pena (1993: 102); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 67); Vallín (1999: 37-38); Morán (1999: 34-35); [Fraga] (2001: 33); Arias Freixedo (2003: 401-402); Mongelli (2009: 169); Souto Cabo (2017: 88); Corral Díaz & Vieira (2023: 127-128); Gutiérrez (2023: 69, 131).

Variantes manuscritas


1 vaiamos dormir] vay amor dormir B   2 ribas] irybas B; eu] ē B   5 ribas] iribas B   7 Ennas] En uas V; ribas] iribas B; u eu andar] hu \eu/ andar B   8 mano] maāo BV   10 ribas] iribas B; eu vi andar] eu (ādar) ui ādar B   14 e las] alas BV   18 m[eu]] in V

Variantes editoriais


1 irmana] irmãa Nunes   2 nas] [en] nas Nunes   4 irmana] irmãa Nunes   5 nas] [en] nas Nunes   7 En nas] Enas Toriello; vi] ir Nunes   8 mano a [la]s aves] maão as aves Nunes, Toriello : mãao as aves Littera   10 En nas] Enas Toriello   11 mano] mãao Nunes, Littera   13 mano] mãao Nunes; a [la]s aves] as aves Nunes, Toriello   14 e] a Nunes   16 mano a las aves] maão as aves Nunes   17 non nas] non’as Littera

Paráfrase


(I) Vaiamos, irmá, vaiamos durmir ás ribeiras do lago, onde eu andar vin o meu amigo ás aves.

(II) Vaiamos, irmá, vaiamos folgar nas ribeiras do lago, onde vin andar o meu amigo ás aves.

(III) Nas ribeiras do lago, onde eu andar vin, co seu arco na man para as aves ferir, o meu amigo ás aves.

(IV) Nas ribeiras do lago, onde eu vin andar, co seu arco na man para ás aves tirar, o meu amigo ás aves.

(V) Co seu arco na man para as aves ferir, e as que cantaban déixaas vivir, o meu amigo ás aves.

(VI) Co seu arco na man para ás aves tirar, e as que cantaban non as quere matar, o meu amigo ás aves.

Métrica


Esquema métrico: 6 x 11a 11a 7’b (= RM 26:58)

Encontros vocálicos: 1 va·ia·mos, va·ia·mos; 4 va·ia·mos, va·ia·mos; 7 lago,u; 8 manoa; 10 lago,u; 11 manoa; 13 manoa; 16 manoa

Notas


Texto
  • *

    Tal como acontece con algunhas outras cantigas de amigo, esta composición de Fernand’Esquio acumula diversos trazos de teor arcaizante, cales a conservación de -l, n- intervocálicos (las, vv. 8, 11, 13, 14, 16, 17; irmana, vv. 1, 4; mano, vv. 8, 11, 13, 16), o uso da voz riba (cfr. ribeira) nos vv. 7 e 10, ou ennas, a variante máis antiga da aglutinación nas (vv. 7, 10).

    Para alén dos arcaísmos, outros aspectos sobrancean nesta cantiga: o paralelismo combinado co procedemento do leixa-pren, a localización nun ambiente natural que invita ao goce amoroso, o simbolismo das aves que cantan e mais o motivo da caza. O erotismo é tratado aquí de xeito delicado: o amigo anda á caza de aves na ribeira do lago, mais non mata as que cantan, porque se identifica con elas, pois simbolizan a ledicia do amor de que tamén el participa, por iso a moza namorada desexa ir ao seu encontro1 .

    Por outra parte, nesta cantiga reitérase (estrofas I e III) a rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583584585586606609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813839), Meendinho (848), Airas Nunez 864870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (11611163116511661167116811691170), Pero Meogo (1204120512061208), Martin de Giinzo (12871288128912901291), Martin Codax (1295, 1296129712981300).

  • 1

    O presente de subxuntivo de ir presenta, en xeral, un radical vaa-, derivado directamente da base latina vadam, vadas etc. Porén, só en tres cantigas se rexistran as formas con -i- antihiático: 803.r1 (vaia, Fernan Froiaz), 1574.r1 e 25 (vaia, Fernan Soarez de Quinhones), xunto con esta cantiga de Esquio (vv. 1, 4).

    Por outra banda, as formas irmana e mano (vv. 8, 11, 13, 16), como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico (avelanaGranadalouçanavenia etc.), sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 3

    No verso do refrán, así como nos vv. 8, 11, 13, 16 e 17 xorde o artigo con conservación de /l/, tamén na procura dunha retórica arcaizante na elaboración de cantigas de amigo (véxase Ferreiro 2008b, 2013), igual que acontece noutras moitas cantigas (609, 704, 735, 781, 825, 864, 891, 892, 9039691130, 1166, 1167, 1169, 1201, 12061281, 1294, 1297, 1299, 1304 e 1314) e do mesmo xeito que acontece coas correspondentes formas pronominais (véxase nota a 586.5).

  • 7

    Na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica, anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 10.10, 205.9, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1337.21).

  • 8

    Neste verso percíbese o afan de modernización dos apógrafos italianos, coas leccións <maāo> e <as> a substituír mano e las, formas solicitadas pola súa repetida presenza ao longo da cantiga. En Littera mantense esta forma mãao no verso, que arrastra tamén a do v. 11, mentres que se fixa mano nos vv. 13 e 16 (sobre a duplicación vocálica, de carácter gráfico, na terminación -ão véxase nota a 382.21).

  1. ^

    En contraste con esta sutileza, Fernando Esquio é autor doutra cantiga, dirixida á abadessa dun convento, en que a sexualidade é tratada dun xeito cru (UC 1615).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado