Guía de uso

  1. Observacións xerais
    • O glosario recolle todo o léxico galego-portugués das cantigas trobadorescas profanas (nº de cantiga + nº de verso), ordenadas polo sistema referencial de Jean-Marie D’Heur actualizado (accesíbel aquí: Tabela das Cantigas).
    • As normas de edición do texto das cantigas, revisado criticamente, seguen as consensuadas e aprobadas en 2007 para a poesía trobadoresca galego-portuguesa (accesíbeis aquí para descarga: Normas de Edición).
  2. Estrutura do Glosario
    • As voces, agrupadas do A ao Z, presentan unha ordenación alfabética.
    • Unha vez que se preme nunha determinada letra ábrese unha nova páxina que contén catro elementos:
      • Na marxe superior, unha barra –sempre activa– que permite consultar o léxico de todas as letras, sen necesidade de retroceder no navegador.
      • Na marxe esquerda, unha columna coas voces que contén cada letra, cun filtro que axiliza a procura de vocábulos.
      • Na marxe superior dereita, un buscador que permite realizar procuras en todo o glosario: número de cantigas ou versos, voces –co asterisco como carácter polivalente (*) en calquera posición– e, entre aspas ("..."), frases ou secuencias literais nas definicións ou nos exemplos. As buscas de palabras con caracteres entre corchetes debe facerse tamén entre aspas. O despregábel situado na marxe dereita ofrece a posibilidade de utilizar caracteres especiais e signos diacríticos nas procuras.
         

         
      • Na parte central, a voz seleccionada con agrupación de variantes e con todas as ocorrencias, cun cadro superior que permite ir directamente á tabela dos bloques organizadores para acceder á súa localización no interior da entrada lexical. Cando se clica no número da cantiga que precede cada ocorrencia dunha voz, accédese ao texto crítico completo, acompañado dos datos adicionais sobre a cantiga.
      • O triángulo indica variante, o cadrado marca as diferentes formas de xénero nas voces pronominais (e no artigo) e, finalmente, o círculo indica agrupación de formas e/ou contextos cando cómpre. 
         
  3. Presentación dos resultados
    • O léxico dos refráns só é recollido na súa primeira aparición en cada cantiga, sempre con letra itálica na exemplificación.
    • Utilízase o subíndice para distinguir palabras homógrafas e para diferenciar aqueloutras que presentan funcións ou categorías gramaticais diferentes.
    • O asterisco (*) precedendo unha voz indica que é forma especialmente dubidosa por razóns ecdótico-editoriais.
    • Os substantivos femininos e masculinos teñen entrada independente, fronte aos adxectivos, que presentan as formas masculina e feminina na mesma entrada.
    • Os complexos toponímicos e antroponímicos (por exemplo, San Salvador de ValongoJoan Garcia de Guilhade) son dicionarizados polo primeiro elemento (San para San Salvador de ValongoJoan para Joan Garcia de Guilhade), con remisión sistemática das restantes compoñentes.
    • Na marxe dereita da pantalla ofrécese a posibilidade de visualizar verticalmente os contextos de cada voz e/ou acepción para maior facilidade na localización das cantigas, xunto coa posibilidade de realizar unha impresión maquetada de cada voz.
    • As abreviaturas utilizadas na confección do Glosario son as convencionais (accesíbeis aquí: Abreviaturas).