647 [= Tav 47,12]
Madre, passou per aqui un cavaleiro

Madre, passou per aqui un cavaleiro
e leixou-me namorad’e co[n] marteiro:
ai madre, os seus amores ei;
se me los ei, ca mi-os busquei, outros me lhe dei,
ai madr’, e seus amores ei!
Madre, passou per aqui un filho d’algo
e leixou-m’assi penada com’eu ando:
ai madr’, o[s] seus amores ei;
[se me los ei, ca mi-os busquei, outros me lhe dei,
ai madr’, e seus amores ei!]
Madre, passou per aqui (que non passasse!),
e leixou-m’assi penada, máis leixasse:
ai madre, os seus amores ei;
[se me los ei, ca mi-os busquei, outros me lhe dei,
ai madr’, e seus amores ei!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 632, V 233

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 63-64 [= LPGP 318]); Cohena (2003: 117); Littera (2016: I, 365-366); Cohenb (2016a: 36).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 90); Braga (1878: 46-47); Machado & Machado (1952: III, 289); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 56).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 29); Nemésio (1961 [1949]: 112); Oliveira & Machado (1959: 85-86); Álvarez Blázquez (1975: 190); Landeira Yrago (1975: 168); Torres (1977: 132); Fiúza (1981: 23-24); Ferreira (1988: 66-67); Alvar & Beltrán (1989: 101-102); Pena (1990: 153-154); Ferreira (1991: 71-72); Jensen (1992: 116); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 64); Alvar & Talens (2009: 338).

Variantes manuscritas


2 leixou-me] leixo\u/me B; co[n] marteiro] comarteyro B : camarteyro V   9 passou] possou V

Variantes editoriais


En Nunes, Cohena e Littera o v. 2 do refrán aparece dividido en tres versos anisométricos coa rima -ei (se me los ei, / ca mi-os busquei, / outros me lhe dei).
5 madr’, e] madre, os Nunes : madre, [os] Cohena, Littera, Cohenb   8 madr’, o[s]] madre [os] Cohen   10 madr’, e] madre, os Nunes : madre, [os] Cohena, Littera, Cohenb   11 que non passasse!] quen non passassse Nunes : que[n] non passasse Cohen : que[m] nom passasse Littera   12 máis leixasse] †mais† leixasse Cohena : que non leixase! Cohenb   15 madr’, e] madre, os Nunes, Cohen, Littera, Cohenb

Paráfrase


(I) Madre, pasou por aquí un cabaleiro e deixoume namorada e con tormento (de amor): ai madre, teño amores por el; se os teño, porque os busquei, outros amores lle dei, ai madre, e teño amores por el.

(II) Madre, pasou por aquí un fidalgo e deixoume asi penada como eu ando: ai madre, teño amores por el; se os teño, porque os busquei, outros amores lle dei, ai madre, e teño amores por el.

(III) Madre, pasou por aquí (oxalá non pasase!), e deixoume así penada… máis deixase: ai madre, teño amores por el; se os teño, porque os busquei, outros amores lle dei, ai madre, e teño amores por el.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 8B 13B 8B
Encontros vocálicos: 3 madre,‿os; 13 madre,‿os

Notas


Texto
  • *

    Adoptamos a disposición métrica suxerida por Rip Cohen (2016a), con rimas internas no segundo verso do refrán, disposto en BV en cinco versos anisométricos coa rima -ei.

  • 2

    O termo marteiro (< marty̆rĭum) só volve aparecer nunha cantiga de Afonso X (beeito sejas Tu, que sofredor / me fazes deste marteiro par Ti!, 482.13-14), para alén de marteirar en 1606.13, aínda que é frecuente nas Cantigas de Santa Maria e noutras obras medievais como a Crónica Troiana, os Miragres de Santiago ou A Demanda do Santo Graal, entre outras (véxase CGPA, s.v. marteiro ~ marteyro, marteirar ~ marteyrar etc.).

  • 4

    Igual que acontece na anterior cantiga de Calheiros e noutras cantigas de amigo (586, 646, 660, 1205, 1236), de novo unha forma pronominal los, do mesmo xeito que algunhas ocorrencias do artigo, manifesta a conservación de /l/, fonema desaparecido nestas formas xa había tempo, con significada presenza no refrán da cantiga. A súa utilización debe ser atribuída a unha vontade retórica arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013a).

  • 5

    Os anteriores editores impuxeron unha nivelación entre os vv. 1 e 3 do refrán, fronte á lección dos manuscritos, que convida a unha segmentación da copulativa, certamente cun carácter conclusivo no terceiro verso (final) do refrán.

  • 6

    A única documentación da fórmula masculina filho d’algo (a feminina atéstase en tres versos da cantiga 1338), forma anterior a fidalgo, que xa é xeral na lingua trobadoresca, localízase neste verso de Calheiros. Con todo, na prosa tabeliónica é forma que, embora con poucas ocorrencias, chega ao século XV (cfr. CGPA, s.v. fillodalgo, filiodalgo, filodalgo).

  • 6-7

    O dístico presenta a rima algo – ando, cunha rima asoante ou toante que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas cantigas de Don Denis (583, 584, 585, 586, 587606, 609), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Paai Gomez Charinho (813, 839), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 12981300), Fernand’Esquio (1314).

  • 8

    Nótese neste verso do refrán a crase madr’os en face da sinalefa de madre‿os das restantes aparicións no refrán (vv. 3, 17). Cfr. nota a 27.4.

  • 11-12

    Resulta inxustificada a emenda do pronome exclamativo que (con valor desiderativo), realizada por todos os editores precedentes, converténdoo nun pronome relativo que non cadra coa súa utilización nestas construcións, que constitúen frases exclamativo-desiderativas, de carácter parentético, sempre a presentar a secuencia que non + pretérito de subxuntivo: repetida ao longo do corpus sempre coa mesma fórmula, mostra especial preferencia polos verbos veer e nacer (véxanse tamén 41.3, 178.17, 179.4, 270.20, 610.15, 621.3, 911.9, 1099.10 e 17, 1170.r2, 1412.10). Así, no texto proposto por Nunes e Cohen, o v. 15 convértese nunha frase enunciativa: Madre, passou per aqui quen non passasse.

    Por outra banda, Cohen acha dificultades expresivas e semánticas na aparición de máis no v. 16 (é forma condenada na súa edición de 2003 coa crux philologorum), que considera como un hipotético erro por non (cfr. que non leixasse! posteriormente, en 2016). Neste sentido, a interpretación de máis como adverbio de cantidade resolve os problemas interpretativos.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado