813 [= RM 114,4]
As froles do meu amigo

As froles do meu amigo
briosas van no navio.
E van-s[e] as frores
d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores.
As frores do meu amado
briosas van [en]no barco.
E van-s[e] as frores
[d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores].
Briosas van no navio
pera chegar ao ferido.
E van-s[e] as frores
[d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores].
Briosas van enno barco
pera chegar ao fossado.
E van-s[e] as frores
[d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores].
Pera chegar ao ferid[o]
e servir mí, corpo velido.
E van-s[e] as frores
[d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores].
Pera chegar ao fossado
e servir mí, corpo loado.
E van-s[e] as frores
[d’aqui ben con meus amores.
Idas son as frores].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manuscritos


B 817, V 401

Despois do v. 5 foi acrecentado o seguinte texto: <daqi ben cō> B, <daqi ben con> V.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 198-199); Cunha (1999 [1945]: 133-134); Monteagudo (1984: 359-360 [= LPGP 711-712]); Cohen (2003: 297); Littera (2016: II, 225-226).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 151); Braga (1878: 76); Cotarelo Valledor (1934: 215-217); Machado & Machado (1953: IV, 124-126).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 165-166); Tavares (1943 [1923]: 54-55); Cidade (1941: 5-6); Seoane (1941: 105-106); Nemésio (1961 [1949]: 122-123); Fernández Pousa (1951: 27); Varela Jácome (1953: 44-45); Nunes (1959: 376-377); Oliveira & Machado (1959: 90-91); Tavares (1961: 51-52); Álvarez Blázquez (1975: 177); Landeira Yrago (1975: 180-181); Torres (1977: 167-168); Correia (1978: 200-202); Reckert & Macedo (1980: 138-139); Fiúza (1981: 53-56); Gonçalves & Ramos (1983: 213-214); Ferreira (1988: 80-81); Alvar & Beltrán (1989: 232-233); Pena (1990: 102-103); Sansone (1990: 238-240); Ferreira (1991: 98); Jensen (1992: 254-256); Alonso Girgado (1992: 30-31); Pena (1993: 79-80); Delgado León (1996: 98-99); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 183-184); Diogo (1998: 166-167); Vallín (1999: 91-92); Morán (1999: 55-56); [Morán] (2001: 63-64); Arias Freixedo (2003: 674-675); Fidalgo (2009: 102); Lopes & Ferreira & Silvestre (2015: 35-36); Souto Cabo (2017: 194).

Variantes manuscritas


2 van] nan V   5 idas som as frores daqi ben cō B : idas som as fro res daqi bē / con V   7 briosas] bioscas B   11 no] ēno B : enō V   16 enno] enō BV   21 ferid[o] / e] feride BV   21 velido] ne lido V   26 ao] ao(s) B   27 e] de BV

Variantes editoriais


En Nunes, Cunha, Monteagudo e Littera o refrán presenta máis un último verso: «d’aqui ben con [meus amores]».

1 froles] frores Nunes, Cunha, Cohen   3 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo   7 [en]no] [e]no Nunes : [ẽ]no Cunha, Cohen, Littera : no Monteagudo   8 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo   11 no] eno Monteagudo   12 pera] para Monteagudo   13 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo   16 enno] eno Nunes, Monteagudo : ẽ-no Cunha : ẽno Cohen, Littera   18 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo   21-22 Pera chegar chegar ao ferid[o] / e servir mí, corpo velido] Pera chegar ao ferido, / servir mi, corpo velido Nunes, Cunha, Cohen, Littera : Pera chegar ao ferido / seruirmi, corpo uelido Monteagudo   23 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo   27 e servir mí] servir mi Nunes, Cunha, Cohen, Littera : (de) seruirmi Monteagudo   28 van-s[e] as] uanss’as Monteagudo

Paráfrase


(I) As flores do meu amigo briosas van no navío. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

(II) As flores do meu amado briosas van no barco. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

(III) Briosas van no navío para chegar á guerra. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

(IV) Briosas van no barco para chegar á guerra. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

(V) Para chegar á guerra e servirme a min, corpo belido. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

(VI) Para chegar á guerra e servirme a min, corpo loado. E vanse as flores de aquí cos meus amores. Idas son as flores.

Métrica


Esquema métrico: 7'a 7'a 5'B 7'B 5'B

Encontros vocálicos: 2 bri·o·sas; 7 bri·o·sas; 11 bri·o·sas; 12 a͜o; 16 bri·o·sas; 17 a͜o; 21 a͜o; 21-22 ferid[o]/‿e; 26 a͜o; 26-27 fossado/‿e

Notas


Texto
  • *

    A cantiga debe ser inscrita no período 1265-1275, no marco das operacións militares que se levaron a cabo no sur, en particular aquelas que tiveron a Xaén como punto fulcral. Complementaria da cantiga 839, o poeta sinala a partida do amigo mediante a alusión ao elemento heráldico das flores, símbolo da liñaxe de Charinho (Oliveira 2019: 127-128).

    Esta composición de Charinho (véxase tamén UC 839), con excepción das dúas últimas estrofas, presenta rima asoante ou toante, que se rexistra nun grupo significativo das cantigas de amigo (ou similares), todas elas de teor tradicionalizante. Véxanse diversas composicións de Don Denis (583, 584, 585, 586, 606, 609), Fernan Rodriguez de Calheiros (647), Nuno Fernandez Torneol (656), Joan Soarez Coelho (704), Afonso Sanchez (781), Meendinho (848), Airas Nunez (864, 870), Roi Fernandiz de Santiago (903), Pero Gonçalvez de Portocarreiro (920, 922), Nuno Porco (1130), Joan Zorro (1161, 1163, 1165, 1166, 1167, 1168, 1169, 1170), Pero Meogo (1204, 1205, 1206, 1208), Martin de Giinzo (1287, 1288, 1289, 1290, 1291), Martin Codax (1295, 1296, 1297, 1298, 1300), Fernand’Esquio (1314).

  • 1

    Nótese a concorrencia de froles coa variante frores, só utilizada no v. 6 e mais no refrán desta cantiga, pois a forma inicialmente rotatizada non volve aparecer no corpus das cantigas profanas. Porén, ambas as formas (frores, froles), xunto con flores, conviven na lingua antiga (e moderna), feito que contradí a nivelación realizada por Nunes, Cunha, Cohen e Littera na edición deste texto.

  • 2

    O adxectivo brioso (derivado de brio, do célt. *brigos ‘forza, coraxe’; véxase Lorenzo 1977: II, s.v. brio) é formación romance de moi escasa presenza na lingua medieval. Nas cantigas profanas a única, e hipotética, ocorrencia que se rexistra é froito dunha emenda ao texto manuscrito e está presente na rúbrica inicial da cantiga 1452 de Joan de Gaia: Diz ũa cantiga de vilão: «a pee dũa torre baila corpo brioso [<Probo> B, <piolo> V], vedes o cos, ai, cavaleiro!». Documéntase, así mesmo, un único exemplo nas Cantigas de Santa Maria:

    foi quant’ir podia
    aa mui briosa
    abadess’e seu message
    contou mederosa-
    Ment’... (CSM 195.155).

    Para alén destes rexistros, só achamos catro ocorrencias na prosa portuguesa catrocentista. Así sucede na Crónica Geral d’Espanha de 1344:

    E, pero que el non seja louçãão nem brioso, seede certo que [quer]rá volas defender (...) Espanha he briosa de syrgo e de todollos panos e lavores que se delle fazem e doce de mel e comprida de muyto açucar e alumeada de cera e comprida de olyo e allegre de çaffram (cfr. CGPA, s.v.).

    Een dúas crónicas de Fernão Lopes:

    Sua molher auia nome Caterina Tosse, briosa, louçaã e muito aposta: de graçiosas manhas e bem acostumada (Crónica de Dom Pedro; cfr. CGPA, s.v.)

    Aquella sesta veo o conde de Barcellos, mui brioso, ledo e namorado, segundo fama, d'esta dona lsabell de Castro (Crónica de Dom Fernando; cfr. CdP, s.v. brioso).

  • 2-5

    Este refrán, coas frores e os amores, semella un eco do primeiro verso do refrán da cantiga 839, tamén de Paai Gomez Charinho: Sobre mar ven quen frores d’amor ten.

  • 5

    Como acontece noutras composicións (véxase, por exemplo, a cantiga 781 de Afonso Sánchez; cfr. Arbor Aldea 2001: 279-281, 69-71; Correia 1992 e 1998), os copistas repetiron, por erro, parte do v. 1 do refrán –lémbrese que o retrouso nunca se abrevia na primeira estrofa–. Esta circunstancia explica a edición tradicional (Nunes, Cunha, Monteagudo e mais Littera) desta cantiga co refrán repetido –e que é froito dun erro de copia, como indicamos– até que Cohen estabeleceu a lectura que aquí acollemos.

  • 7

    A métrica indica que é necesaria a restauración da sílaba inicial de enno (presente no v. 16; cfr. nota ao v. 11), a forma graficamente máis conservadora de eno (por súa vez representante da fase anterior a no): ĭn + ĭllum > enno > eno > no). Con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese (eno), que se revela verdadeiramente rara coa grafía máis arcaica (enno, só presente en 10.10, 205.9, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21). 

  • 11

    De novo, o cómputo mético indica que deben emendarse as leccións <ēno> B, <enō> V en prol de no, corrección inversa á realizada no v. 7.

  • 12

    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, en todas as súas ocorrencias nesta cantiga (véxanse tamén os vv. 17, 21 e 26) é unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 336.8), que tamén funciona con dupla contaxe métrica. O carácter unisilábico dalgunhas das súas ocorrencias pódese atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (336.8, 455.1, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1015.10, 1207.12, 1356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.18, 1532.24, 1629.11). Cfr. nota a 73.21.

  • 12-17

    Os substantivos ferido e fossado (‘expedición guerreira’) aparecen tamén na cantiga 1287, de Martin de Giinzo, en correlación sinonímica: ca m’enviou mandado que se vai no ferido (vv. 2, 7), ca m’enviou mandado que se vai no fossado (vv. 5, 10). Para alén destes rexistros, achamos fossado en pleno período trobadoresco nun documento de 1262:

    Que as duas partes dos caualeiros uaã en ffossado. τ a terça parte remaesca no Castello. τ hũa uez façã fossado no Ano. E quẽ nõ for no fossado peite por foro .v. soldos. por fossadeira [...] E todolos Caualeiros que forẽ ĩ fossado ou ĩ guarda todolos Caualeiros que se perderẽ en algara ou en Lide. primeiramente seiã cobrados sen quinta τ depoes seia dada a quinta ao senor da terra. derectamente (cfr. CGPA, s.v.). 

    Tamén se rexistra na chancelaría portuguesa de D. Afonso IV (1341):

    E tenho por bem e mando que a aiam por firme e por stauil saluo en aquel agrauo en que dizem que o dicto. Meestre. os Costrenge que uaam com ele en hoste e ou fossado en que mando que nom vãao ala sem veendo sobr esto meu spiçial mandado ... Primeiramente dizia o dicto Conçelho. que o dicto meestre e Conuento os constrengia que ffossem com o dicto Meestre e Conuento en hoste e en fossado e fazer guerra sen mandado del Rey. dizendo o dicto Concelho que o nom deuyam fazer (cfr. CGPA, s.v.).

    Finalmente, e nos límites cronolóxicos medievais, fossado aparece tamén en documentos foraleiros da Chancelaria de D. Dinis-Bragança (1500?):

    E mando que as molheres uíuuas nen os orffãos nõ uaã en fossado nẽ en hoste ata que os orffãos cheguẽ a quĩze Anos (cfr. CdP, s.v. fossado).

  • 21-22

    As edicións tradicionais desta estrofa e mais da estrofa paralelística correspondente (vv. 26-27) practican a expunción da copulativa inicial do segundo verso e presentan un texto sen conexión sintáctica:
              Pera chegar ao ferido,
              servir mí, corpo velido.
     O mesmo para os vv. 26-27:
              Pera chegar ao fossado,
              servir mí, corpo loado.
    Na nosa proposta crítica, non obstante, interpretamos que o <feride> do v. 21 encobre unha episinalefa, que podería ser produto da copia dos versos en liña tirada do antecedente, mentres que no v. 27 a copulativa xa aparece perfectamente isolada na cadea lingüística. Deste xeito, servir (vv. 22 e 27) fica ligado sintacticamente a chegar (v. 21); ao mesmo tempo, funciona como complemento directo sen preposición, tal como acontece con frecuencia na lingua das cantigas coas formas pronominais tónicas oblicuas.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado