212 [= RM 43,2]
A que vos fui, senhor, dizer por mí

A que vos fui, senhor, dizer por mí
que vos queria mao preço dar,
do que eu quer’agora a Deus rogar,
ponh’eu dela e de mí outrossi:
que El i leixe mao prez aver
a quen mal preço vos quer apoer.
A que a torto me vosco mizcrou
e que gran torto vos disse, senhor,
por én serei sempr’a Deus rogador
de min e dela, que m’esto buscou,
que El i leixe mao prez aver
[a quen mal preço vos quer apoer].
Mais torne-se na verdade, por Deus,
ca vos non disse verdad’, e o sei:
log’eu dela e de min rogarei
a Deus que vejan estes olhos meus
que [El i leixe mao prez aver
a quen mal preço vos quer apoer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 228

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 812); Spampinato Beretta (1987: 62-64 [= LPGP 290]); Littera (2016: I, 315-316).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 98); Machado & Machado (1949: I, 371-372); Rios Milhám (2018a: II, 212).

Variantes manuscritas


2 preço] preco B   6 quen] queu B   7 torto] grā torto B; mizcrou] miz rrou B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   2 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   3 agora] agor(a) Michaëlis   5 i] lhi Michaëlis : [l]hi Spampinato Beretta   6 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta; apoer] apõer Michaëlis, Spampinato Beretta   7 a torto] a gran torto Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera; mizcrou] miscrou Littera   8 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   11 i] lhi Michaëlis : [l]hi Spampinato Beretta   12 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta; apoer] apõer Michaëlis, Spampinato Beretta   14 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta; e] eu Michaëlis, Littera : e[u] Spampinato Beretta   17 i] lhi Michaëlis : [l]hi Spampinato Beretta   18 vos quer apoer] vus quer apõer Michaëlis, Spampinato Beretta

Paráfrase


(I) A que vos foi dicir de min, señora, que vos quería dar má fama, acordo por ela e tamén por min isto que eu quero agora rogar a Deus: que El nesta causa deixe ter má fama a quen má fama vos quere atribuír.

(II) A que inxustamente me puxo a mal convosco e que unha gran mentira vos dixo, señora, por tal causa sempre rogarei a Deus, de entre eu e ela, que isto me buscou, que El nesta causa deixe ter má fama a quen má fama vos quere atribuír.

(III) Mais torne (ela) á verdade, por Deus, porque non vos dixo verdade, e seino ben: logo eu dela e de min rogarei a Deus que estes meus ollos vexan que El nesta causa deixe ter má fama a quen má fama vos quere atribuír.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:50)

Encontros vocálicos: 3 agoraa

Notas


Texto
  • 1

    Do mesmo modo que a forma foi pode ser P1 de pretérito de seer (e de ir), tamén fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa): a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser resultado de P1, o mesmo que fui de P3.

  • 2

    Os derivados de malum, co resultado xeral mao, sistemático cando vai posposto ao nome, abalan entre as formas mao e mal cando antepostos a pecado, dia, e preço ~ prez (cfr. mao preço, v. 2; mao prez, r1;  mal preço, r2)  convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. Cfr. nota a 22.10.

  • 5

    É desnecesaria a emenda que converte i en lhi, corrección que se encontra en diversos editores ao longo do corpus, sempre despois de vocábulo acabado en -l (véxase 1051.r1, Rodríguez; 1425.5, Lapa).

  • 5-6

    Nótese a perfecta equivalencia entre preço (tamén no v. 2) e o provenzalismo prez.

  • 7

    A expunción de gran evita a anómala sinalefa *quea: gran, como mui (véxase nota a 65.1), pode aparecer adventiciamente no proceso de copia, como se percibe en 240.4, en que, fronte a A, B presenta este elemento coa conseguinte hipermetría. Talvez a presenza de gran no verso fose provocada pola súa aparición no verso seguinte.

    En xeral, mizcrar (de mĭsculāre, relacionado co lat. cl. mĭscēre ‘mesturar’) é usado co valor de ‘intrigar, malquistar’ (1043.2, 1419.26, 1423.9); concorre con mezcrar (216.21) e mais con miscrar (938.1, 1597.9); as dúas primeiras formas presentan africada sonora implosiva, de modo similar a mezquinho (370.3, 1672.17), que tamén concorre no corpus profano con mesquinho (1579.11) e misquinho (1440.7).

  • 14

    Ao longo do corpus trobadoresco profano aparece con frecuencia a frase formularia de tipo aseverativo e o sei, variación da máis xeral eu o sei (cun ton enfático que explica a próclise pronominal) que aínda conta con outras fórmulas expresivas moi similares (sei-o eu, aquesto sei eu, ben o sei, ben sei, esto ben sei, eu sei etc.). É por isto que non é necesaria a emenda e[u] realizada en todas as precedentes edicións, xa que a presenza de e o sei está garantida tamén en 235.28, 423.12, 1023.14, 1115.7, 1419.10 e 1500.3, por máis que moi frecuentemente fose corrixida polos editores. Cfr. nota a 301.6.

Procurar
    Não foram encontrados resultados