I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 296-297); Rodríguez (1980: 271 [= LPGP 379]); Cohen (2003: 582); Littera (2016: I, 466).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 226); Braga (1878: 122); Machado & Machado (1956: V, 48-49); Fernández Pousa (1959: 270).
1 min] mi V 8 dereito] dẽuo V 13 eu] en B 14 quant’ela] an̄tela V 15 fezera] feza B 19 enton] euton B 20 querrei dar] queirey andar B : q̅rrey / eu dar V
1 min] mi Nunes, Littera 3 me] mi Rodríguez; servi’e] servi[a] e Nunes 5 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera 8 me] mi Nunes 11 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera 13 [o] que dira] que [vos] dirá Cohen, Littera 17 mal i] ma[l] lhi Nunes, Rodríguez : mal [l]hi Cohen, Littera 19 [E] enton veredes] Enton ve[e]redes Nunes, Littera 20 querrei dar] querrei eu dar Cohen
(I) A que me arrebatou a min o meu amigo moi ao meu pesar e non me tivo en consideración, que me servía e me quería ben, e non mo dixo nin mo preguntou, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.
(II) E se ela me fixo unha ofensa moi grande, Deus me permita recibir xusta compensación, porque o levou de min contra a miña vontade e agora cre que o levará así: mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.
(III) E ben sei eu o que ela dirá: que eu non fixen por el tanto como ela fai, mais quizais llo fixera noutra ocasión; e, aínda que cre que o terá, mal se sentirá cando eu llo arrebate a ela, moi a seu pesar e sen lle preguntar.
(1) E entón veredes unha muller andar tras min chorando, e non llo quererei dar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:78) + 10c 10c
Encontros vocálicos: 1 mi‿a; 4 mi͜-o; 8 dela‿aver; 10 levará‿assi; 15 mi͜-o
A corrección máis natural da hipometría asenta na recuperación do artigo.
A forma maioritaria do adverbio de dúbida quiça (véxase Glosario, s.v.), convive coa diverxente quiçai, que só se rexistra nos textos poéticos (tamén en UC 1526.8 e 1594.11). A controversa orixe deste adverbio apunta ao lat. qui sapit, por máis que haxa problemas fonéticos para explicar a súa evolución. A forma quiçai tamén está presente nas Cantigas de Santa Maria:
mas de vos[s]as dõas me dad’, e eu llas darei,
e quiçay per esto a poderei enganar (CSM 64.64).Entonce disseron todos: "Quiçai aqueste rapaz
foi furtar a offerenda, que lle Deus [aqu]esto faz" (CSM 329.65).
De todos os modos, a variante quiçais, consolidada no galego moderno, xa aparece na Crónica Troiana (cfr. CGPA, s.v. quiçays).
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1020.19, 1051.19, 1057.19.
A aparición do erro <andar>/<eu dar> por dar en BV semella inducido pola presenza de andar no verso anterior, cunha refacción do copista na procura de sentido no Cancioneiro da Vaticana.