1240 [= RM 64,1]
Ai amiga, oje falou comigo

– Ai amiga, oje falou comigo
o voss’amig’e vi-o tan coitado
por vós que nunca vi tant’ome nado,
ca morrerá se lhi vós non valedes.
– Amiga, quand’eu vir que é guisado,
valer-lh’-ei, mais non vos maravilhedes
d’andar por mí coitado meu amigo.
– Per bõa fe, amiga, ben vos digo
que u estava mig’en vós falando
esmoreceu, e ben assi andando
morrerá se vos del doo non filha.
– Si, filhará, ai amiga, ja-quando,
mais non tenhades vós por maravilha
d’andar por mí coitado [meu amigo].
– Amiga, tal coita d’amor á sigo
que ja nunca dorme noite nen dia
coidand’en vós e, par Santa Maria,
sen vosso ben non o guarir á nada.
– Guarrei-o eu, amiga, toda via,
mais non vos façades maravilhada
d’andar por mí coi[tado meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 1224, V 829

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 396-397); Zilli (1977: 99-100 [= LPGP 411]); Cohen (2003: 459); Littera (2016: I, 480).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 285-286); Braga (1878: 156); Machado & Machado (1956: V, 338).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 129); Pena (1990: 121-122); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 92).

Variantes manuscritas


1 comigo] comiguo B : comi guo V   2 amig’e] amigo e V   3 vós] om. V   4 morrerá] mortera BV   8 bõa] boa B   9 mig’en vós] nuguē uos V   10 esmoreceu] esmorçeu V   11 morrerá] Moirera B   12 filhará, ai amiga] filha may amiga V   19 Guarrei] Guayrey B   20 façades] fazades V; maravilhada] m̃uilhada B   21 por mí] premi V

Variantes editoriales


2 amig’e] amigo e Cohen   4 ca morrerá] e morto será Nunes : ca mort’era Cohen; vós] om. Nunes   6 vos] vus Zilli   8 bõa ... vos] boa ... vus Zilli   11 vos] vus Zilli   17 Santa] sancta Zilli   18 non o guarir á nada] non o guarirá nada Nunes : no-[n]o guarirá nada Zilli : non o guarira nada Cohen : non’o guarirá nada Littera   19 Guarrei-o] guarirei Nunes   20 vos] vus Zilli

Paráfrasis


(I) –Ai amiga, hoxe falou comigo o voso amigo e vino tan coitado por vós como nunca vin a home nado, porque morrerá se vós non lle valedes. 
–Amiga, cando eu vexa que é o momento oportuno, valereille, mais non vos marabilledes se o meu amigo anda coitado por min.

(II) –Abofé, amiga, ben vos digo que, cando estaba comigo falando de vós, se desmaiou, e andando así morrerá se vós non tendes dó del. 
–Si, terei, ai amiga, nalgún momento, mais non teñades por marabilla se o meu amigo anda coitado por min. 

(III) –Amiga, tal coita de amor ten consigo que xa non dorme de noite nin de día pensando en vós e, por Santa María, sen o voso ben nada o ha salvar.
 –Salvareino eu, amiga, en calquera caso, mais non vos marabilledes se o meu amigo anda coitado por min. 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’c 10’b 10’c 10’A (= RM 188:1)

Notas


Texto
  • 4

    Cohen defende a lección literal de BV (ca mort’era se lhi vós non valedes, coa interpretación ‘porque ele ia morrer...’), mais o presente de indicativo da cláusula condicional indica que estamos perante unha forma de futuro: morrerá ... se non valedes. Isto é, debemos emendar a lección manuscrita, onde ten de existir un erro <t>/<r>, moi frecuente en BV e que afecta a contextos moi similares. Cfr., por exemplo, <morrey> = mort’ei (429.26). En calquera caso, mort’era equivale literalmente a ‘morrera’, que non ten sentido no texto.

  • 12

    O adverbio temporal ja-quando (procedente de ja + quando) ‘algunha vez’ só volve aparecer en 1240.12, pois compite con ja-u (véxase nota a 1419.32). Este adverbio semella voz fundamentalmente poética, pois é utilizado tamén nas Cantigas de Santa Maria:

    Pois que ouv' a mão corta, non podia ja dizer
    missa de Santa Maria e fillou-ss’end’a doer,
    e de coraçon rogou-a que lle déss’algun poder,
    per que ja quando podesse a sua missa cantar (CSM 206.38).

    Poi-lo viu el Rey queyxar-se e muy ben se repentir,
    preguntou-lle se ja quando traballara en servir
    a Virgen Santa Maria; ... (CSM 281.76).

    Na restante produción medieval só achamos ja-quando no Livro da Montaria (cfr. CGPA, s.v.):

    Ja quando o usso sahe por algũa armada entom he tam fermosa cousa de veer que aquelles homes que o veem nom podem ser tam pouco monteiros que non sejam en tal folgança que todallas cousas que ouvessem de fazer que lhes non esquecessem.

  • 18

    Non é posíbel a forma guarirá como futuro de indicativo de guarir, que na época trobadoresca aínda presentaba a forma guarra (cfr. guarrei no v. 19). Cfr. nota a 1210.5.

    En face dunha forma guarira de antepretérito (Cohen), a lección <guarir a> de BV delata a presenza dunha perífrase de futuridade aver + infinitivo invertida, cunha expresión similar á doutros contextos; neste caso, o deslocamento do suxeito nada facilita a posposición do verbo auxiliar (cfr. mais non xi vo-l’a sentir á, 11.30; se me por esto ferir á, 1545.20).

Buscar
    Sin resultados