189 [= RM 125,4]
Ai eu, que mal dia naci

Ai eu, que mal dia naci,
con tanto mal quanto me ven,
querend’ũa dona gran ben
que me fez mal des que a vi,
e faz, e non s’én quer quitar,
e ora faz-me desejar
mia mort’e alongar de sí!
E, mal pecado, viv’assi
coitado e sol non acho quen
se doia de min, e per ren
mia sennor non se dol de min,
e al me faz: se lle pesar
faz outr’, a min se ven queixar
por én, que culpa non ei i.
E por gran coita tenn’atal
eu que sol non ll’ouso dizer
o gran mal que me faz aver,
e desejo sempre máis d’al
de llo dizer; mais ei pavor
de pesar muit’a mia sennor,
e calo-m’ante con meu mal.
Mais rog’a Deus, que sab’o mal
que me mia sennor faz sofrer,
que El me faç’ensandecer,
pois que m’outro ben todo fal,
ou morrer se sandeu non for,
ca esto me sera mellor,
pois que m’ela nen Deus non val.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


A 96, B 203

A estrofa IV só aparece copiada no Cancioneiro da Ajuda.

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 203-204); Blasco (1984: 141-142 [= LPGP 812]); Marcenaro (2012b: 224-225); Littera (2016: II, 352).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 88); Carter (2007 [1941]: 57-58); Marques Braga (1945: 185-186); Machado & Machado (1949: I, 332-333); Fernández Pousa (1953: 16); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 189).
III. Antoloxías: Torres (1977: 114-115).

Variants manuscrites


2 me ven] mha uen B   3 ũa] ua A   4 me] mj B   6 me] om. A   8 pecado] pc̄cado B   9 coitado e] coytade B   11 sennor] senor A   12 me] mj B   13 outr’] oyr B   14 én] rē B   15 por] por (mui) A : por mj̄ B   17 o] e B; me] mj B   21 mal] ual B   24 faç’ensandecer] faz ensandeçer A   27 sera] ser(i)a A

Variants editorials


9 coitado] coitad(o) Michaëlis : coitad' Littera   10 per ren] por én Michaëlis   11 min] mi Michaëlis

Paràfrasi


(I) Ai de min, que en mal día nacín, con tanto mal canto me vén por amar unha dona que me fixo mal desde que a vin, e faimo, e non quere deixar de facelo, e agora faime desexar a miña morte e afastarme dela!

(II) E, infelizmente, vivo así triste e nin sequera acho quen se doia de min, e de modo ningún ten dó de min a miña señora, e aínda me fai outra cousa: se outro lle causa pesar, vénse queixar onda min por iso, que non teño ningunha culpa niso.

(III) E por gran coita teño esta eu que nin sequera me atrevo a lle dicir o gran mal que me fai sufrir, e sempre desexo máis que nada dicirllo; mais teño medo de causar moito pesar á miña señora e prefiro antes calar o meu mal.

(IV) Porén, prego a Deus, que sabe o mal que a miña señora me fai sufrir, que El me faga perder a cordura, xa que me falla calquera outro ben, ou que me faga morrer, se non perdo a cordura, porque isto me será mellor, xa que nin ela nin Deus me socorren.

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:275)

Encontros vocálicos: 9 coitadoe

Notes


Text
  • 2

    Nótese a variación viir / aviir entre A e B (me ven vs. mi aven).

  • 10

    A forma doia, con [j] antihiático que se acabou consolidando en galego, só volve aparecer en 522.r, face ás formas máis etimolóxicas doa (548.6) e doades (746.10, 814.9).
    Por outra banda, a mudanza textual de Michaëlis, sen apoio nos manuscritos, reorienta o sentido do período: ‘e de ningún modo a dona se doe de min’ vs. ‘e por iso se doe a dona de min’.

  • 11

    A forma verbal dol é P3 do presente de indicativo de doer (< dolet), con evolución fonética regular (cfr. outras formas verbais como sal, fer, quer etc.; véxase Ferreiro 1999: §180a). Modernamente foi regularizada (doe ~ doi) conforme o paradigma xeral do verbo. Cfr. nota a 485.9, 1540.3.

  • 24

    A aparición da grafía <z> en formas que regularmente presentan <c, ç> debe ser posta en relación con outras confusión gráficas que atinxen ao ámbito das sibilantes no Cancioneiro da Ajuda: en varias ocasións rexístrase <fazo> e <faza> faço e faça, ás veces en formas contractas (69.7 e 10, 117.17, 136.10, 189.24, 203.27, 273.22, 278.15, 403.2, 433.2), <ouzo> ouço (85.26) e <nazer> nacer (260.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 80.10, 88.15 e 89.2.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat