I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 29-30 [= LPGP 157-158]); Pellegrini (1977: 31-32); Paredesa (2001: 256); Lopes (2002: 77); Paredesb (2010a: 332); Littera (2016: I, 97-98); Barberini (2021b: 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 33); Braga (1878: 14); Machado & Machado (1950: II, 357-358); Paredes (2010b: 168-171); Paredes (2010c: 117); Callón (2017: II, 28); Rios Milhám (2018b: III, 485).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 23); Torres (1977: 53-54); Correia (1978: 194); Filgueira Valverde (1980: 81); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 45); Tavares & Miranda (1987: 182-183); Montoya (1988: 296); Alvar & Beltrán (1989: 183); Sansone (1990: 206); Jensen (1992: 56); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 60); Marcenaro (2006: 64-66); Alvar & Talens (2009: 438); Dunne (2010: 38).
1 sinal] Smal B : (smªl) simal V 2 ante] ame V 3 Deus] dēs BV; padr’espirital] padre spiritual V 4 descreestes] descreett̄s B : descrcests̄ V 5 vej’ora] ueiagora BV; vos] uos BV 6 louca] louta BV; razon] jrazō B 8 filhar] fy e lhar V 9 én] eu B; vos] nos B : uos V 10 diaboo] diabeo BV; que obedecestes] q̄ obedee cestes B : q̄(e) o bedee cestes V 11 vos] uos BV 13 proençal] proental B 15 por] ep’o B : epʳo V; trobar] tʳobador B : tʳoba dor V 16 aprendestes] a pᵉen destes B : a p̃en destes V 17 vej’ora] ueia gora BV; vos] uos BV 19 Don] dora V 20 mao] maao BV
1 paro-vos sinal] pare-vos en mal Lapa : par’ o vosso mal Pellegrini 3 padr’espirital] padre spirital Lapa, Pellegrini, Paredesa, Paredesb : padre ‘spirital Lopes, Littera 5 ora] agora Barberini 6 vós] om. Barberini 7 E pois razon [a]tan] E pois [que] razon tan Pellegrini 9 én] om. Pellegrini 10 diaboo] Diabo Pellegrini : diabo Lopes, Littera; que obedecestes] qu’obedecestes Lopes : que obedeecestes Paredesa, Paredesb 11 ora] <ag>ora Barberini 12 vós] om. Barberini 15 por ende] e poren Pellegrini, Paredesa, Paredesb, Barberini 17 ora] agora Barberini 18 vós] om. Barberini 20 mao] maao Lopes, Littera
(I) Pero da Ponte, denúnciovos xudicialmente perante o Demo do inferno: por quererdes faltarlle a Deus, o pai espiritual, blasfemastes gravemente. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.
(II) E xa que escollestes un asunto tan desmesurado e de tan pouco valor, hame de pesar logo, se finalmente vos resulta ben perante o diabo, a quen obedecestes. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.
(III) Vós non trobades como provenzal, senón como Bernal de Bonaval; por iso non é un trobar natural, xa que o aprendestes del e mais do demo. E ben vexo agora que vos falta competencia para trobar, pois vós quixestes tratar tan louco argumento.
(1) E por iso, Don Pedro, en hora má bebestes tanto en Ciudad Real.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10’b 10A 10’B + 10a 10’b (= RM 13:29)
Encontros vocálicos: 2 ante‿o; 9 -mi-‿á; 10 ante‿o di·a·bo͜o,‿ a
Novo escarnio afonsino contra Pero da Ponte por algunha composición heterodoxa do trobador galego.
A frase parar sinal ‘notificar xudicialmente’, que provén do ámbito xurídico, correspóndese coa lección dos manuscritos, e así foi adoptada polos editores poslapianos.
A forma erudita esperital, ocorrencia única no corpus profano, é xeral na Idade Media, cunha mínima adaptación fonética a partir do lat. spiritualem, con apoio vocálico no s- líquido latino e desaparición do wau (presente na lección <padre spiritual> de V).
Nótese o lapso de BV coa presenza de agora (tamén na estrofa III), face á correcta lección ora na estrofa II. Cfr. nota a 108.14.
A convivencia e intercambio entre as formas tan e atan (tanto e atanto, tal e atal) permite restaurar a isometría versal coa forma reforzada, aínda que a opción de Pellegrini (pois [que]) é tamén aceptábel. Véxase nota a 83.7.
Descomunal, adxectivo derivado por prefixación de comunal (véxase nota a 537.11), é moito máis común na lingua das cantigas do que a súa base léxica (véxase tamén 3.12, 495.16, 497.9, 527.14, 592.14, 926.20 e 1408.27).
O comportamento métrico de diaboo no corpus trobadoresco profano indica que é unha palabra trisilábica (di·a·boo), neste caso formando a sinalefa diaboo‿a, o cal evita a moi anómala crase de que de Lopes.
A voz proençal (tamén en 537.1 e 541.1) e Proença (1348.2) é evolución directa do lat. prouĭntialem e prouĭntiam, con caída de -u- intervocálico en contacto con vogal palatal (véxase Ferreiro 1999: §54c); deste xeito, Proença e proençal son as formas xerais na Idade Media para Provenza e o seu xentílico (véxase CGPA, s.v. Proença, proençal, proençaes).
A oposición entre o trobar de Pero da Ponte e mais de Bernal de Bonaval e o trobar dos provenzais talvez, de forma xeral, aluda a unha pretendida poética menos refinada do trobador compostelán, a quen se aproximaría a de Pero da Ponte, afastada do requintamento formal e conceptual da poética cortés vinda da Provenza.
Nótese o evidente lapso de BV coa lección trobador en vez de trobar, erro de copia que volve aparecer no Cancioneiro da Vaticana en 1443.13.
Vila Real é a denominación afonsina (a partir de 1255) de Pozuelo Seco de Don Gil, a actual Ciudad Real (España), en La Mancha, onde era importante a produción vinícola.
O adxectivo mao presenta nos manuscritos a forma gráfica <maao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aao> rexístrase en mao (880.6, 1118.8, 1344.31, 1585.9, 1619.8), pao (1344.25, 1587.6, 1619.11), vao (1344.29), así como no conglomerado dá-o (1344.27). O mesmo proceso gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. (cfr. nota a 115.30).