880 [= Tav 94,2]
Amigos, cuid’eu que Nostro Senhor

Amigos, cuid’eu que Nostro Senhor
non quer no mundo ja mentes parar,
ca o vejo cada dia tornar
de ben en mal e de mal en peior,
ca vejo boos cada dia decer
e vejo maos sobr’eles poder:
por én non ei da mia morte pavor.
O mundo tod’[a] aves[s]as vej’ir
e quantas cousas [e]no mundo son
a aves[s]as andan, si Deus mi perdon;
por én non dev’ant’a mort’a fogir
quen sabe o ben que soia seer,
e vee i o mundo outra guisa correr,
e non se pode de morte partir.
Os que morreran mentr’era melhor
an muit’a Deus [por én] que gradecer,
ca saben ja que non an de morrer
nen er atenden que vejan peior
como oj’atenden os que vivos son;
e por én tenh’eu que faz sen-razon
quen deste mundo á mui gran sabor.
E por én tenh’eu que é mui melhor
de morrer ome i mentre lhi ben for.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 889, V 473

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 418-419); Stegagno Picchio (1968: 118 [= LPGP 620]); Lopes (2002: 292); Littera (2016: II, 94-95).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 173-174); Braga (1878: 89); Machado & Machado (1953: IV, 227).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 203-204); Seoane (1941: 109-110); Álvarez Blázquez (1975: 56-57); Torres (1977: 366-367); Gonçalves & Ramos (1983: 248); Tavares & Miranda (1987: 14); Pena (1990: 258-259); Sansone (1990: 282); Alonso Girgado (1992: 64); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 60); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 160); Diogo (1998: 214); Arias Freixedo (2003: 603-604).

Variantes manuscritas


2 parar] ratar B   3 tornar] tojnar B : tomar V   4 ben] tem B   6 maos] maaos BV   7 morte] morce BV   9 e quantas cousas [e]no] eꝙ̄tas cousas no B : ēꝓtas armas nō V   11 dev’ant’a mort’a] denāta inorta B   13 vee i o] ueey o B : uedey o V; outra] ontra B   14 partir] parar V   15-23 om. B   15 mentr’era] met’ra B   16 muit’a] muyca B   17 morrer] moirer B   18 peior] peyar V   20 tenh’] cenh B   21 mui] mur V   23 ome i] hom̄j B : hom̄ V; mentre lhi ben for] mēqelhi bem far V

Variantes editoriais


5 boos] bõos Stegagno Picchio : bõõs Lopes : bons Littera   6 maos] maaos Stegagno Picchio, Littera   8 aves[s]as] avesas Stegagno Picchio   9 [e]no] no Stegagno Picchio   10 aves[s]as] avesas Stegagno Picchio   13 e vee i o] e vee oj’o Lapa; mundo outra] mund’outra Lapa, Stegagno Picchio, Lopes, Littera   15 morreran] morreron Lapa : morrerom Lopes   16 an muit’a Deus [por én] que gradecer] an muit’a Deus que gradecer Stegagno Picchio : ham [por en] muit’a Deus que gradecer Lopes : ham muit’a Deus que [lhe a]gradecer Littera   19 vivos] vyvus Stegagno Picchio   23 morrer ome i] morrer ome Lapa : morrer home Stegagno Picchio : morrer homem Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Amigos, penso eu que Noso Señor xa non quere prestarlle atención a este mundo, pois véxoo cada día tornar de ben en mal e de mal en peor, xa que cada día vexo baixar os homes bos e vexo os maos teren poder sobre eles: por iso non teño medo da miña morte.
(II) O mundo todo vexo ir ás avesas e cantas cousas existen no mundo andar do revés, así Deus me perdoe; por iso non debe fuxir ante a morte quen coñece o ben que adoitaba haber e ve alí o mundo transcorrer doutro modo, e (sabe que) non pode evitar a morte.
(III) Os que morreron mentres (o mundo) era mellor teñen moito que lle agradecer a Deus por iso, pois saben xa que non teñen de morrer nin tampouco esperan ver nada peor como hoxe esperan os que están vivos; e por iso penso eu que fai unha loucura quen se sente moi a gusto con este mundo.
(1) E por iso penso eu que é moito mellor que un home morra aí (neste mundo) mentres lle for ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10a 10a (= Tav 161:163)

Encontros vocálicos: 5 bo͜os; 10 a‿aves[s]as; 12 sabe‿o, so·i·a; 13 ve͜e i‿o mundo‿outra; 19 como‿oj(e); 23 ome‿i

Notas


Texto
  • *

    Na obra de Martin Moxa, clérigo trobador, salientan as sátiras de ton moralizante, que denuncian de forma xenérica a corrupción e a perda de valores do mundo presente (véxase tamén UC 878, 888, 917, xunto coa cantiga 897). Utilizando tópicos clásicos como o do Ubi sunt?, a voz poética lembra con saudade o tempo pasado en que o mundo se rexía por virtudes como a verdade, a lealdade, o saber, o bo xuízo, o valor ou a xenerosidade, e describe o tempo actual, que aborrece, como un mundo ás avesas, pois nel imperan a vileza, a covardía, a necidade e a mentira.

    Esta modalidade poética de Martin Moxa debeu ser xa recoñecida na época, até o punto de ser utilizada como tópico literario polo trobador Joan de Gaia nunha sátira contra un prelado corrupto onde, entre outros argumentos para que acepte o convite a xantar, se lle di que nel van ser interpretadas cantigas de Martin Moxa, o que no contexto hai que entender como unha clara ironía, pois ao corrupto non lle agradaría ouvir en público cantares en que se criticasen os vicios e defectos que el tiña (véxase UC 1471).

    En calquera caso, o feito de que Joan de Gaia cite a Martin Moxa, sendo el un autor tardío do ámbito do conde Don Pedro de Barcelos, é un dos argumentos aducidos para defender a hipótese de que a cantiga Vós que soedes en corte morar (UC 879) é unha tençon entre o conde Don Pedro e de Martin Moxa.

  • 3

    O sentido do texto obriga á emenda das leccións <tojnar> de B e <tomar> de V a partir do repetido erro <i>~<ı>~<j>/<r>, de modo que se debe ler tornar, nunha pasaxe moi similar á da cantiga 888, tamén de Moxa:
              vej’avoleza,
              maleza,
              per sa soteleza
              o mundo tornar (888.14).

  • 5

    O plural boos deberá computar como unha única sílaba métrica, igual que bõo ~ boo, que en bastantes ocasións é unisilábico. Cfr. nota a 241.10.
    Obsérvese, ademais, que nas cantigas profanas só aparece o verbo decer, fronte ás Cantigas de Santa Maria, onde conviven decer e decender (e mais descender).

  • 6

    Os apógrafos italianos presentan a lección <maaos>, con duplicación antietimolóxica da vogal tónica (conservada en Stegagno Picchio e mais en Littera), un proceso gráfico típico de textos serodios, que ben pode ser considerado como unha reacción gráfica ao proceso de crases xeneralizadas que se estaban a producir en moitos hiatos De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aao> rexístrase en mao (485.20, 1118.8, 1344.31, 1585.9, 1619.8), pao (1344.25, 1587.6, 1619.11), vao (1344.29), así como no conglomerado dá-o (1344.27). O mesmo trazo gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. (véxase nota a 115.30).

  • 8

    A locución adverbial modal a avessas esixe a presenza da preposición, tal como mostra a súa reaparición no v. 10.

  • 9

    A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia no corpus, a convivir coa forma máis evoluída no (para alén da graficamente arcaizante enno). Esta concorrencia de forma permite a escolla de [e]no para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 13

    A lectura da secuencia dos apógrafos italianos (<e ueey o mūdo>B : <euedey o mūdo> V) foi diferente nos editores, por canto Lapa, acolléndose ao sentido da cantiga, reinterpreta e vee oj’o mund’, fronte a Stegagno Picchio que se acolle á boa lección de B (e vee i o mundo), que permite unha contaxe métrica decasilábica a partir de vee como unha única sílaba e mais as sinalefas i‿o e mundo‿outra.
    Por outra parte, aparece a construción outra guisa co valor do habitual d’outra guisa, que se documenta no corpus abondosamente, o mesmo que na lingua medieval (sempre coas preposicións de, en ou por~per, conforme se pode comprobar na centena e media de ocorrencias que se poden localizar no CGPA). Con todo, a ausencia da preposición nesta pasaxe permite a necesaria sinalefa mundooutra, ao tempo que se poden apor dúas pasaxes da Primeira Partida en que aparece o mesmo uso: Se alguu pos(er) p(re)yto cũ out(ro) d(e) pagar deuida de dineyros a plazo ou d(e) dar ou d(e) faz(er) out(ra) guisa q(ue) seya de dereyto, p(er)o ponha sob(re) sy [pẽa] por (con)prir aq(ue)llo q(ue) põe, nõ possa mays c(us)tar a pẽa de quanto é a demãda subre q(ue) foy p(os)ta a pẽa [...]P(er)o se outra guisa q(ui)sessem ffaz(er) ou ordinhar p(er) sa võõtade e nõ p(er) p(re)ma, en tal rrazõ come esta todos deuẽ a acordar de sũũ p(er)a ualh(e)r aquel feito (cfr. CGPA, s.v.).

  • 14

    A frecuente confusión parar / partir nace do repetido erro <a>/<ti>(e <a>/<ci>) que se detecta nos apógrafos italianos, e en V nesta pasaxe:<para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <ca aue> B cativ’e (118.13), <parar> B partir (627.9), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.

  • 16

    A reiteración de por én nesta cantiga (vv. 7, 11, 20 e 22) permite efectuar unha reintegración xa presente nas edicións de Lapa e mais de Lopes (en diferente posición). Contrariamente, a reintegración proposta en Littera é anómala por introducir unha secuencia sinaléfica, ao tempo que propón a forma agradecer, cronoloxicamente posterior ao gradecer trobadoresco.

  • 23

    A lección < hom̄j> de B tamén podería ser < hom̄i> ou <hon̄n> (o último <n> co pé longo). En todo o caso, permite estabelecer a presenza do adverbio i (pertinente, pois fai referencia ao mundo real), en sinalefa con ome.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado