20 [= RM 41,1]
Ai mia senhor, sempr’eu esto temi

Ai mia senhor, sempr’eu esto temi
des que vos vi, que m’oi de vós aven:
irdes-vos vós e ficar eu aqui,
u nunca máis acharei outra ren
de que eu possa gasalhad’aver
nen me de vós faça coita perder!
Coita, de pran, ja eu non perderei
e non m’atrevo sen vós a guarir!
E seede fix que ensandecerei,
pois eu de vós os meus olhos partir
e vos non vir u vos soia veer:
nunca me Deus leixe i máis viver!
Ca vos vi eu por meu mal, mia senhor,
por vos aver ja sempr’a desejar,
e perdud’ei gasalhad’e sabor
de quanto al no mundo soia amar:
tod’esto mi vós fezestes perder!
Fez-me-vos Deus, por meu mal, ben querer!
Por meu mal foi, pois que vos ja sempr’eu
averei ja [e]no meu coraçon
a desejar, e nunca máis do meu
cor perderei mui gran coita, que non
veerei ren que mi possa plazer,
ergo se vir a min por vós morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 46

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 660-661 [= LPGP 286-287]); Littera (2016: I, 309).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 14); Machado & Machado (1949: I, 61); Rios Milhám (2017: I, 20).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 250-251); Ferreira (1991: 34); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 62).

Manuscript variants


2 de vós] denos B   10 os meus olhos] (os) os meꝯ olhos B   12 leixe i] hejleixehi B; viver] uiner B   14 vos] ue(s) B; ja] iā B   16 soia] sen B   22 perderei] ꝑdʼen B

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   9 seede] sei de Michaëlis; ensandecerei] ‘nsandecerei Littera   11 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; soia veer] soi'a veer Littera   13 vos] vus Michaëlis   14 vos] vos Michaëlis   16 de quanto al no mundo soia amar] de quanto á no mundo, sen amar Michaëlis : de quanto há no mundo, sem amar Littera   18 vos] vus Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis   20 ja [e]no] ora no Littera   23 plazer] prazer Michaëlis

Paraphrase


(I) Ai miña señora, sempre temín, desde que vos vin, isto que hoxe me vén de vós: marchardes vós e eu ficar aquí, onde nunca máis acharei outra cousa de que eu poida obter pracer nin que me faga perder a coita que de vós me vén!  

(II) A coita, certamente, xa non a perderei e non me atrevo a vivir sen vós! E tende por certo que enlouquecerei así que afaste os meus ollos de vós e non vos vexa onde vos soía ver: nunca Deus me deixe máis alí vivir! (III) Porque para o meu propio mal vos vin eu, miña señora, para vos ter que desexar sempre, e perdín o gusto e o desexo por todo canto eu no mundo soía amar: todo isto me fixestes vós perder! Fíxome Deus, para o meu propio mal, amarvos!  
(IV) Foi para a miña desgraza, xa que eu por sempre vos desexarei no meu corazón, que nunca máis perderá a gran coita que sinto, porque nada verei que me poida alegrar, agás verme morrer por vós.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c (= RM 99:9)
Encontros vocálicos: 9 see·de; 11 soi·a; 16 quantoal, so·i·aamar

Notes


Text
  • 2

    Neste verso comparece a rara forma adverbial –monosilábica– oi (vs. oje), que mostra caída de -d- en vez da esperada palatalización consonántica por efecto do iode (< hodie). Só localizamos uns poucos exemplos na prosa anterior ao século XV1 , para alén das outras tres ocorrencias no corpus trobadoresco profano (5.13, 1402.r2, 1649.12). Véxanse, na prosa notarial dos séculos XIII-XIV, os seguintes exemplos (cfr. CGPA): 

    estado en que antes estaua e na reuor en que oy esta e que non penda maor danno nen maor forza (doc. 1274); 

    e a uosa moler Tareija Anes e aos fillos que oi dia auedes (doc. 1321); 

    et bees des lo tenpo que os conplastes passado ata oy die que esta carta he feyta (1343); 

    Et des oy dia en deante ... (1356). 

    Na prosa historiográfica galega tamén se rexistra, mais debe terse en conta que se trata de traducións ou versións do castelán: 

    dandolles muytos d[o]nadios et muytas rrendas, que oy dia am (tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España); 

    Oy este osso agora era dos meus ossos et carne da myña carne! (Geral Estoria). 

    E aínda se rexistra na Crónica Geral d’Espanha de 1344

    Des oy podemos, sem nẽ hũu embargo, casar nossas filhas cõ os iffantes d’Aragon e de Navarra (Cintra 1952-1990: IV, 164).

  • 5

    O substantivo gasalhado (tamén no v. 15), en xeral coa acepción de ‘pracer (compartido)’ (véxase nota a 1192.13), é voz utilizada preferentemente en cantigas de amigo: fóra deste xénero só volta aparecer en 466.24 e 1487.15.

  • 9

    A lectura de Michaëlis modifica o texto de B, <see de>, que é transparente, e propón unha locución adverbial de fix que non está documentada. Fix, voz derivada do prov. fis ~ fiz, procedente á súa vez do lat. fidus, talvez con cruzamento de finis (Gonçalves 2016 [2006]: 431), presenta palatalización de -s a semellanza do que ocorre por veces con formas verbais do tipo quix, pux e trax. Véxase nota a 74.13.
    Probabelmente seede teña medida bisilábica, en liña con outras formas arrizotónicas de seer (e veer), o que evita a anómala sinalefa coa conxunción que (que Littera resolveu por medio da aférese de ensandecer). De calquera maneira, a mesma forma verbal é bisilábica en 778.6.

  • 10-11

    Estes versos lembran o refrán da cantiga 161 de Nuno Fernandez Torneol: pois eu de vós os meus olhos partir / e os vossos mui fremosos non vir.

  • 11

    Aparentemente, este verso fica hipermétrico polo maioritario carácter trisilábico de soía (véxase tamén v. 16); con todo, esta mesma forma verbal parece computar como bisilábica tamén noutras ocasións (58.12, 1197.29), para alén de xa se rexistrar a variante suia (<ssuya>) en 921.4, frecuente en textos prosísticos (desde textos tabeliónicos galegos até a Crónica Geral d’Espanha de 1344 ou as crónicas de Fernão Lopes), con grafías diversas: suia, suya, suhya... (véxase CGPA, s.v.). Neste sentido, a existencia (minoritaria) do complexo verbal soer + a + infinitivo permitiría unha lectura soi’a veer (Littera), con soer en tempo presente (soio) en vez de copretérito e sen anomalía métrica ningunha.

  • 12

    A estraña lección de B talvez indique a presenza espuria do adverbio i (<hy>), como por veces acontece noutras pasaxes, tanto en B (1496.5) como en V (793.9, 1623.13).

  • 16

    Sen dúbida, o texto de B para este verso (<deꝙʷto al no mūdo sem amar>) presenta erros de copia, que fan incomprensíbel a súa traslación literal: *de quanto al no mundo sen amar. A partir da lección de B, Michaëlis emenda <al> e propón un texto certamente estraño:

    e perdud’ ei gasalhad’ e sabor
    de quanto á no mundo, sen amar.

    Na realidade, isto contradí o fío conceptual, por canto o trobador non deixa de amar á senhor, por máis que sufra polo amor non correspondido. É por isto que a proposta de Rios Milhám (aceptada na versión electrónica de Littera) se revela pertinente, a partir da emenda de <sem> para soia, paleograficamente aceptábel e na liña doutros erros existentes nos cancioneiros italianos (cfr., por exemplo, sera <sen> B (vs. <sera> en AV) en UC 999.13. Deste modo, mantense no posíbel a lección do manuscrito (único), coa frecuente asociación de al e mundo (véxase 33.10, 68.4, 123.3, 227.6...) e transparece unha formulación frecuente no corpus das cantigas:

    Senhor, perdud’ei por vós ja o coraçon
    e sabor do mundo que soia eu aver (110.1-2).

  • 19-20

    Nobiling (2007 [1907b]: 205) sublinha a sospeitosa repetición do adverbio ja nos dous versos, aínda que a súa solución (adoptada por Littera) non é convincente.

  • 20

    A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia no sintagma eno meu coraçon (64.7, 65.5, 103.6, 175.10, 299.3, 311.3 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso. Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 22

    Nótese a presenza neste verso do provenzalismo cor, que compite con coraçon (forma utilizada no v. 20).

  • 23

    Neste verso rexístrase a variante plazer (verbo neste caso), sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.44, 62.3102.11412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

  1. ^

    Neste século xa aparece con máis frecuencia, probabelmente pola influencia castelanizadora. Os exemplos están tirados do TMILG; porén, na Crónica Geral de Espanha de 1344 aparece, cando menos, nunha ocasión: Des oy podemos, sem nẽ hũu embargo, casar nossas filhas cõ os iffantes d’Aragon e de Navarra (Cintra 1990: IV, 164).

Search
    No results