591 [= RM 25,7]
Amiga, faço-me maravilhada

– Amiga, faço-me maravilhada
como pode meu amigo viver
u os meus olhos non pod’én veer,
ou como pod’ala fazer tardada,
ca nunca tan gran maravilha vi:
poder meu amigo viver sen mí;
e, par Deus, é cousa mui desguisada.
– Amiga, estad[e] ora calada
un pouco e leixad’a min dizer:
per quant’eu sei cert’e poss’entender,
nunca no mundo foi molher amada
come vós de voss’amig’, e assi,
se el tarda, sol non é culpad’i;
se non, eu quer’én ficar por culpada.
– Ai amiga, eu ando tan coitada
que sol non poss’en mí tomar prazer
cuidand’en como se pode fazer
que non é ja comigo de tornada;
e, par Deus, porque o non vej’aqui,
que é morto gran sospeita tom’i,
e, se mort’é, mal dia eu fui nada!
– Amiga fremosa e mesurada,
non vos dig’eu que non pode seer
voss’amigo, pois om’é, de morrer;
mais, por Deus, non sejades sospeitada
d’outro mal del, ca, des quand’eu naci,
nunca d’outr’ome tan leal oi
falar, e quen end’al diz non diz nada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


B 573, V 177

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 80-81 [= LPGP 178-179]); Nunes (1973 [1928]: 26-27); Cohen (2003: 609); Littera (2016: I, 224-225).
II. Outras edicións: Moura (1847: 150-151); Monaci (1875: 71); Braga (1878: 36); Machado & Machado (1952: III, 203-204); Cohen (1987: 64-65); Júdice (1997: 67-68); Montero Santalha (2004); González (2015a: 149-150).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 47); Nunes (1959: 347-348); Oliveira & Machado (1959: 130-131); Tavares (1961: 42-43); Fiúza (1981: 92-94); Jensen (1992: 94); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 38-39); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 245-246).

Manuscript variants


3 u os] Hu (h) os B   5 gran] g̃ra B   9 pouco] pōco B   14 por] pº B   20 gran] g̃ra B; tom’i] tom V   24 morrer] moirer B

Editorial variants


3 pod’én] [o] pódem Lang : pode Nunes, Cohen, Littera   25 por] par Lang

Paraphrase


(I) –Amiga, fico marabillada por como pode o meu amigo vivir onde non pode ver os meus ollos, ou como pode tardar tanto alá, porque nunca vin unha marabilla tan grande: poder o meu amigo vivir sen min; e, por Deus, é algo incomprensíbel.

(II) –Amiga, calade agora un pouco e deixádeme falar a min: por canto eu sei certo e podo entender, nunca no mundo houbo unha muller tan amada como vós o sodes do voso amigo, e se el tarda, non ten culpa diso; se non (for así), quero eu ficar como culpábel.

(III) –Ai amiga, eu estou tan coitada que nin sequera podo sentir gozo ningún pensando en como pode ocorrer que non está xa comigo de volta; e, por Deus, como non o vexo aquí teño por iso unha gran sospeita de que está morto, e, se está morto, maldigo o día en que nacín!

(IV) –Amiga fermosa e cortés, eu non vos digo que non pode ser que o voso amigo morrese, pois é un home; mais, por Deus, non sospeitedes doutro mal del, pois, desde que nacín, nunca ouvín falar doutro home tan leal, e quen diso di outra cousa fala sen razón.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:129)

Notes


Text
  • 3

    Para alén da desafortunada fixación editorial de Lang, nas restantes edicións (Nunes, Cohen e Littera) omítese un elemento (én) claramente recollido nos dous manuscritos (<podē> B, <poden> V) e que ten pleno sentido, confirmando, máis unha vez, a resistencia á segmentación de én nalgúns editores (véxase nota a 37.28).

  • 4

    O substantivo tardada (procedente de tardar + suf. -ada), presente tamén en 648.4 e 1213.14, é voz exclusivamente literaria, pois alén das cantigas profanas só se rexistra nas Cantigas de Santa Maria e tamén en obras prosísticas de creación (Crónica Troiana, Historia Troiana, Demanda do Santo Graal ou Crónica de D. João I). Cfr. CGPA, s.v. tardada.

  • 9

    A lección <pōco> pouco mostra o erro <o͂>~<on>/<ou> (derivado de <n>/<u>) que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B: <cōsimento> cousimento (116.22), <con simēt> cousiment’ (117.15), <guisō> guisou (501.3), <ōsara> ousará (589.3), <baratō> baratou (729.5), <em car nō> encarnou (877.21), <ōui> ouvi (1233.12), <ōny> ouvi (1458.7), <sōbe> soube (1505.1, 1509.7), <buscō> buscou (1507.7), <nōtro> noutro (1509.1), <sōba> soub’a (1509.16), <cōsa> cousa (1510.1). E en V tamén se encontra o mesmo erro: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20), <cōtre> voutre (1015.17).

  • 25

    Seer sospeitado (tamén en 1257.7) é o mesmo que sospeitar.

Search
    No results