1225 [= Tav 116,2]
Amiga, muit’amigos son

Amiga, muit’amigos son
muitos no mundo por filhar
amigas po-las muit’amar;
mas ja Deus nunca mi perdon
se nunca eu vi tan amigo
d’amiga come meu amigo.
Pode voss’amigo dizer,
amiga, ca vos quer gran ben,
e quer-vo-lo; mais eu por én
nunca veja do meu prazer
se nunca eu [vi tan amigo
d’amiga come meu amigo].
Vi-m’eu con estes olhos meus
amigo d’amiga, que lh’é
muit’amigo, per bõa fe;
mais non mi valha nunca Deus
se nunca [eu vi tan amigo
d’amiga come meu amigo].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1209, V 814

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 305); Marroni (1968: 257-258 [= LPGP 733-734]); Cohen (2003: 442); Littera (2016: II, 246).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 279); Braga (1878: 153); Machado & Machado (1956: V, 316).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 325-326); Landeira Yrago (1975: 214); Ferreiro (2023: 43).

Variantes manuscritas


4 perdon] pardō B : perdo V   8 gran] g̃ra B   9 quer] q̄\r/ B; por én] preen B   16 mi] m(h)i V

Variantes editoriales


1 amigos] amigus Marroni   2 muitos] muytus Marroni   4 mas] ma[i]s Cohen, Littera; perdon] pardon Marroni   6 come] com’é Marroni   8 vos] vus Marroni   12 come] com’é Marroni   13 Vi-m’eu] Vi eu Nunes; olhos] olhus Marroni   18 come] com’é Marroni

Paráfrasis


(I) Amiga, moitos no mundo son moi amigos por ter amigas para as amar moito; mais xa Deus nunca me perdoe se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo
(II) Pode o voso amigo dicir, amiga, que vos ama moito, e ámavos; mais por iso nunca eu vexa pracer do meu (amigo) se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo.
(III) Vin eu con estes meus ollos amigo de amiga que lle é moi amigo, abofé; mais non me valla nunca Deus se nunca eu vin tan amigo de amiga como o meu amigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8’C 8’C (= Tav 160:398)

Notas


Texto
  • 4

    Sen dúbida, a presenza da forma mais da conxunción adversativa nos vv. 9 e 16 levou, contraditoriamente, a Cohen e Littera a emendar a variante mas da adversativa, que por veces presenta concorrencia con mais nunha mesma composición. Con todo, a distribución da variante foneticamente reducida da adversativa indica que é unha forma, en xeral, é máis característica dos textos copiados no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 692.10), pois en BV só presenta catorce ocorrencias (véxase tamén 733.15, 749.15, 789.6, 1038.41046.10, 1225.4, 1245.6, 1246.22, 1282.10, 1387.13, 1432.21, 1573.5, 1652.29).

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

    Por outra parte, a expresión Deus nunca mi perdon aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (388.17, 435.8-9, 808.3, 837.9, 1225.4).

  • 6

    A segmentación de é en <come> no segundo verso do refrán non é imprescindíbel desde a perspectiva dunha expresión fluída, pois come achega unha maior naturalidade ao discurso (Ferreiro 2016d: 51).

Buscar
    Sin resultados