1031 [= Tav 63,13]
Amigo, veestes-m’un di’aqui

Amigo, veestes-m’un di’aqui
rogar d’un preit’, e non vos fig’én ren
porque cuidava que non era ben;
mais, pois vos ja tant’aficades i,
faze-lo quer’e non farei end’al,
mais vós guardade mí e vós de mal.
Vós dizedes que o que meu mal for
non queredes, e ben pode seer,
pero non quix vosso rogo fazer;
mais, pois end’avedes tan gran sabor,
faze-lo [quer’e non farei end’al,
mais vós guardade mí e vós de mal].
Ben sabedes como falamos nós
e me vós rogastes o que m’eu sei,
e non o fiz; mais con pavor que ei
de perder eu, amigo, contra vós,
faze-lo quer’e non farei end’al,
[mais vós guardade mí e vós de mal].
E, se vós fordes amigo leal,
guardaredes vossa senhor de mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1027, V 617

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 276-277); Rodríguez (1980: 210 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 560); Littera (2016: I, 454).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219-220); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 22-23); Fernández Pousa (1959: 250).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 106).

Variantes manuscritas


9 fazer] farer B   13 nós] uos B   15 fiz] fix B

Variantes editoriales


1 di’aqui] dia ‘qui Nunes, Cohen   4 vos] vós Rodríguez   15 fiz] fix Cohen

Paráfrasis


(I) Amigo, viñéstesme rogar un día aquí sobre un asunto, e non vos fixen nada daquilo porque pensaba que non estaba ben; mais, xa que insistides tanto niso, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(II) Vós dicides que non queredes o que sexa mao para min, e ben pode ser así, pero eu non quixen cumprir o voso rogo; mais, xa que diso tendes un gran desexo, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(III) Ben sabedes como falamos nós e como vós me rogastes iso que eu sei, e non o fixen; mais co medo que teño, amigo, de saír perdendo eu contra vós, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(1) E, se vós fordes amigo leal, protexeredes a vosa señora de mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:77) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 2

    Nótese a rara rexencia de rogar coa preposición de (rogar d’un preito), que só se rexistra noutros dous contextos: 255.4, 423.4.

  • 6

    Os pronomes e vós, formas tónicas oblicuas, son utilizados como CD sen preposición (guardade mí e vós), feito frecuente no corpus das cantigas.

  • 15

    Coidamos que a lección <fix> de B (vs. <fiz> de V) pode ser un erro <x>/<z> de copia, que se rexistra máis veces nos apógrafos italianos: 484.5 fez (<ffez> B, <ffex> V), 487.30 voz (<uoz> B, <uox> V), 495.2 praz (<prax> B, <praz> V), 563.23 prez (<prex> B, <prez> V), 567.4 fez (<fez> B, <fex> V), 572.13 faz (<fax> B, <faz> V), 575.4 diz <dix> B, <diz> V), 1190.1 Fez (<Fez> B, <Fex> V), 1369.3 dez (<dez> B, <dex> V), 1556.5 rapaz (<rapax> B, <rapaz> V), 1598.24 paz (<par> B, <pax> V)... É diferente o caso de formas verbais con terminación en -s1 , como prix, pux, quix, así como o do provenzalismo fix (véxase nota a 20.9)2 .

  1. ^

    A caron de trage xa se atesta traz ~ trax, forma tardía que substitúe a correspondente a trager.

  2. ^

    Porén, véxanse as formas fix, quix, prix en serie rimática nas Cantigas de Santa Maria (134.35-37).

Buscar
    Sin resultados