215 [= RM 43,14]
Quen vos foi dizer, mia sennor

Quen vos foi dizer, mia sennor,
que eu desejava máis al
ca vós mentiu-vos; se non, mal
me venna de vós e de Deus,
e, se non, nunca estes meus
ollos vejan niun prazer
de quant’al desejan veer.
E veja eu de vós, sennor,
e de quant’al amo, pesar
se nunca no vosso logar
tive ren no meu coraçon,
atanto Deus non me perdon
nen me dé nunca de vós ben,
que desej’eu máis d’outra ren.
E, per bõa fe, mia sennor,
amei-vos muito máis ca mí,
e, se o non fezesse assi,
de dur verri’aqui mentir
a vós nen m’iria partir
d’u eu amasse outra moller
máis ca vós; mais, pois que Deus quer
que eu a vós queira mellor,
valla-m’El contra vós, sennor,
ca muito me per-é mester.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 115, B 231

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 239-240); Spampinato Beretta (1987: 77-78 [= LPGP 296]); Littera (2016: I, 317-318).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 99); Carter (2007 [1941]: 70); Marques Braga (1945: 220-222); Machado & Machado (1949: I, 375-376); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 215).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 10-11); Piccolo (1951: 75-76); Torres (1977: 273); Diogo (1998: 103-104).

Variantes manuscritas


1 Quen vos] uen uus A; dizer, mia sennor] mha senhʳ dizer B   3 vós] uus A; vos] {uos} A : om.   6 niun] ne huū B   7 quant’al] quanteal B   12 me] mj B   13 me] mj B   16 mí] mj̄ B   17 fezesse assi] fezessassy B   18 verri’aqui] ueiria qⁱ B   19 m’iria] meria   20 amasse outra] ama ssoutra B   21 máis] (molher) mays B; que] om. B   22 que] ue A : Q B; queira] q̄ra B   23 vós] uo B   24 me] mj B

Variantes editoriais


1 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   3 vós ... vos] vos ... vus Michaëlis : vus ... vos Spampinato Beretta : vós ... [e] Littera   6 niun] nẽum Littera   13 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera   16 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   17 fezesse] fezess(e) Michaëlis   18 verri’aqui] verria ‘qui Michaëlis, Spampinato Beretta   20 amasse] amass(e) Michaëlis

Paráfrase


(I) Quen vos foi dicir, miña señora, que eu desexaba outra cousa máis que a vós mentiuvos; se non, que me veña mal de vós e de Deus, e, se non, que nunca estes meus ollos vexan nada pracenteiro de cantas outras cousas desexan ver.

(II) E eu vexa pesar de vós, señora, e de todo o demais que amo, se algunha vez en lugar de a vós tiven outra cousa no meu corazón, que Deus tanto non me perdoe nin me dea nunca de vós ben, que eu desexo máis que calquera outra cousa.

(III) E, certamente, miña señora, ameivos moito máis que a min, e, se o non fixese así, dificilmente viría aquí a vos mentir nin me iría de onde eu amase outra muller máis que a vós; mais, xa que Deus quere (IV) que eu vos queira a vós mellor, vállame El contra vós, señora, porque moito o preciso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d + 8a 8a 8d (= RM 199:4)

Encontros vocálicos: 17 fezesseassi; 20 amasseoutra

Notas


Texto
  • 1

    Para alén da correcta lección de A, a rima indica o lapso de copia en B, con inversión da orde de elementos no verso: nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 383.12, 421.18, 590.3, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).

  • 3

    Como noutras ocasións, é obvio o erro de A ao presentar a forma átona <uus> como segundo termo da frase comparativa, que esixe unha forma tónica (presente en B). No relativo ao texto ofrecido por Littera, non é xustificábel a emenda textual que substitúe o pronome pola conxunción copulativa.

  • 7

    A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.

  • 16

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 18

    A locución adverbial de dur (tamén en 1128.9) é variante formal do adverbio a dur, de orixe provenzal, é variante de a dur ‘dificilmente, apenas’ (47.15, 237.8, 592.3, 712.3).
    Por outra parte, a representación gráfica verri’aqui da crase entre verria e aqui parece máis axeitada do que verria ‘qui (Michaëlis e Spampinato), para alén de ser directa transcrición da lección <uerri aqui> de A (cfr. <ueiria qⁱ> en B). Sobre a variante aferética ‘qui do adverbio aqui véxase nota a 140.21.

  • 19

    A lección de B (<nēmeria partir>), permitiría unha edición  alternativa deste verso: nen m’er ia partir (‘nin tampouco me ía partir’).

  • 22

    Esporadicamente existe variación entre A e B no relativo ás formas do presente subxuntivo de querer, con certa preferencia de B pola manutención das formas etimolóxicas (< quaeram, quaeras etc.) face á presenza das formas analóxicas xerais (queira, queiras etc.) en A (véxase tamén 73.16, 87.18, 200.21).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado