I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 101-102); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 84-85 [= LPGP 658]); Littera (2016: II, 122-123).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 64-65); Carter (2007 [1941]: 30); Machado & Machado (1949: I, 236-237); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 134).
6 vos vej’e vos] uos ueg e uus A 7 prender] preuder B 9 donas] douas B 12 destorvar] estoruar B 14 vos] uoss B 15 ar] er B 17 vivo] uino B 18 venn’ao] uenha a B 19 log’aqueste] daq̄ste B 24 vós] uꝯ A 25 pode d’al] pod al A
6 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 8 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 12 destorvar] estorvar Bertolucci Pizzorusso 14 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 15 ar] er Bertolucci Pizzorusso 18 venn’ao] venha a Bertolucci Pizzorusso : venha ao Littera 19 tolle-m’én log’aqueste] tolhem-me log’aqueste Bertolucci Pizzorusso : tolhe-m’en[de], daqueste cuidar Littera 22 vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 24 ollos] olhus Bertolucci Pizzorusso; vos] vus Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso 25 d’al] al Michaëlis 26 que] quen Michaëlis, Bertolucci Pizzorusso
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b + 2 x 10c 10c 10b (= Tav 101:16)
Os datos da variación destorvar ~ estorvar indican que a primeira forma é propia de A, mentres que a segunda aparece, xunto con destorvar, nos apógrafos italianos: fronte a estorvar en 109.9, transmitido só por B, aparece destorvar con lección coincidente BV en 564.12, AB en 199.31 e ABV en 982.18, mentres que no v. 17 BV ofrecen estorvar, igual que en 134 AB presentan leccións diverxentes. Cfr. nota a 236.18.
A combinación do indefinido al co relativo quanto, tanto en al quanto (784.18), como en quanto ... al (227.6) e, sobre todo, quant’al (89.24, 134.13, 215.7 e 9, 267.21, 416.20, 447.5, 1045.20, 1195.16 e 1327.16) constitúe unha locución indefinida relativa co significado de ‘todo aquilo que, todo canto’.
O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.
A lección do Cancioneiro da Ajuda mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Véxase este mesmo erro en A fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 138.14, 315.8. Mais tamén se atesta o mesmo lapso de copia en BV, con lección errada coincidente en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V); e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
O suxeito de pod(e), no v. 23, e de pode, no v. 25, é quen vos ousa catar (v. 22); por iso non é preciso a emanda de que en quen no v. 26 como fai Michaëlis, porque o suxeito xa está explícito antes.