274 [= RM 79,9]
Atal vej’eu aqui ama chamada

Atal vej’eu aqui ama chamada
que, de-lo dia en que eu naci,
nunca tan desguisada cousa vi
se por ũa destas duas non é:
por aver nom’assi, per bõa fe,
ou se llo dizen porque ést’amada
ou por fremosa ou por ben-tallada;
se por aquest’ama dev’a seer,
é-o ela, podede-lo creer,
ou se o é po-la eu muit’amar,
ca ben lle quer’, e posso ben jurar:
poi-la eu vi, nunca vi tan amada.
E nunca vi cousa tan desguisada
de chamar ome «ama» tal moller
tan pastorinn’, e se llo non disser
por tod’esto que eu sei que ll’aven:
porque a vej’a todos querer ben,
ou porque do mund’é a máis amada.
[E] é-o de como vos eu disser,
que, pero me Deus ben fazer quiser,
sen ela non me pod’én fazer nada!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


A 166, B 318

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 332-333 [= LPGP 528]); Correiaa (2001: 329); Correiab (2016: 68); Littera (2016: I, 600-601).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 115-116); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 33); Carter (2007 [1941]: 100); Marques Braga (1945: 312-313); Machado & Machado (1950: II, 63); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 274).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 69-70); Spina (1972: 307-308); Torres (1977: 176); Jensen (1992: 170); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 156); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 118); Diogo (1998: 131); Arias Freixedo (2003: 527-528); Mongelli (2009: 22); Souto Cabo (2017: 141); Corral Díaz & Vieira (2023: 46-47).

Variantes manuscritas


1 chamada] dia mada B   3 desguisada] desguisa A   4 se] om. B   5 bõa] boa B   8 se por aquest’ama dev’a seer] Se por a q̄stama deuua seer A : Se pe aquesto amada a seer B   10 o] om. B; eu muit’] muyteu B   11 lle] lhi B   12 eu] {eu} A : om. B   14 ome] om{e} A   15 pastorinn’e] pastorie A   16 eu sei] en soy   18 do mund’é a] domūda B   21 me pod’én] mj pode B

Variantes editoriais


15 pastorinn’, e] pastorinha Correiaa, Correiab : pastor mi é Littera   18 ou] o[u] Michaëlis   19 é-o de] o[i]de Michaëlis; vos] vus Michaëlis   21 pod’én] pode Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Tal (muller) vexo eu aquí ser chamada ama que, desde o día en que nacín, nunca vin unha cousa tan sen xeito se non é por unha destas dúas razóns: por ser ese o seu nome, certamente, ou se llo din porque é amada (II) ou por fermosa ou por ben feita; se por isto debe ser ama, ela éo, podédelo crer, ou se o é por eu a amar moito, porque a amo, e podo ben xurar (isto): desde que a vin, nunca vin (outra) tan amada.

(III) E nunca vin cousa tan sen xeito como chamar alguén «ama» a tal muller tan noviña, a non ser que llo diga por todo isto que eu sei que lle pasa: porque a vexo a todos querer ben, ou porque é a máis amada do mundo.

(IV) E éo da forma como vos eu dixer, que, aínda que Deus me quixese facer ben, sen ela non mo pode facer!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10c 10c 10’a + 10b 10b 10’a (= RM 189:19)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga foi a que desencadeou a polémica poética arredor do amor entre o trobador e unha ama (de leite), a ama, sutil xogo lexical de Joan Soárez Coelho desvelado por Ângela Correia (1996; véxase tamén Correia 2012). Coelho, como «trobador leterado», acode «á autoridade das Etimologiae de S. Isidoro de Sevilla, onde se explica o nome grego da curuxa, amma, relacionándoo con ‘amar’ porque a curuxa ama os nenos». Tras a ama da cantiga está «a clave que identificaría a muller amada polo poeta: Urraca Guterrez, filla do aristócrata castelán Goterre Soarez, [...] que era alcumado “Moucho”» (Arias Freixedo 2003: 529), razón pola cal Ângela Correia en 2016 edita sempre Ama con maiúscula.

    No entanto, os trobadores contemporáneos, aínda que entenderían o alarde letrado de Joan Soarez Coelho, quixeron interpretar literalmente o termo ama co valor de ‘ama de cría / ama de leite’, e con este motivo compuxeron unha serie de textos de diverso teor, burlescos na súa maioría. Outras cantigas do «ciclo das amas» son as seguintes: Com’oj’eu vivo no mundo coitado, de Joan Soarez Coelho (UC 277); Desmentido m’á ‘qui un trobador, de Joan Soarez Coelho (UC 278); –Joan Soares, de pran as melhores, de Juião Bolseiro e Joan Soarez Coelho (UC 1197); –Quen ama Deus, Lourenç’, ama verdade, de Joan Soarez Coelho e Lourenço (UC 1432); Don Vuitoron, o que vos a vós deu, de Joan Soarez Coelho (UC 1433); Joan Garcia tal se foi loar, de Joan Soarez Coelho (UC 1434); Joan Soares, pero vós teedes de Airas Perez Vuitoron (UC 1501); Par Deus, Lourenço, mui desaguisadas, de Joan Garcia de Guilhade (UC 1520) e Esta ama cuj’é Joan Coelho, de Fernan Garcia Esgaravunha (UC 1530), xunto con Que alongad’eu ando d’u iria, de Pero Garcia Burgales (UC 179).

  • 15

    Aparentemente a lección de A podería ser válida: tan pastor i; mais probabelmente o corte superior do folio no Cancioneiro da Ajuda impida ver o til en <i> de modo que esteamos perante unha lección <pastorĩe>, neste caso xa coincidente coa de B, que adoptamos.

  • 19

    É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de verso) ou de fiinda nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 287.19, 398.22, 527.19, 578.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

  • 21

    Michaëlis (seguida por Littera nesta ocasión) mostra certa tendencia a non recoñecer o pronome én na parte final de secuencias que deben ser segmentadas (véxanse tamén 37.28 e 854.14).

Procurar
    Não foram encontrados resultados