671 [= RM 11,4]
Chegades, amiga, d’u é meu amigo

Esta cantiga de fondo é de Airas Carpancho

Chegades, amiga, d’u é meu amigo
e con el falastes; mais eu ben vos digo
que falarei vosco tod’aqueste dia,
pois falastes con quen eu falar queria.
D’u é meu amigo ben sei que chegades
e con el falastes; mais per min creades
que falarei vosco [tod’aqueste dia,
pois falastes con quen eu falar queria].
Gran ben m’é convosc’e muit’ei que vos diga;
pois con el falastes, creades, amiga,
que falarei [vosco tod’aqueste dia,
pois falastes con quen eu falar queria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 656, V 257

A rúbrica atributiva só aparece en B; en V foi copiado só Ayras Carpancho por Colocci.

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 82-83); Minervini (1974: 47-48 [= LPGP 110-111]); Cohena (2003: 141); Littera (2016: I, 109-110); Cohenb (2016b: 8).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 322).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 58); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 41); Álvarez Blázquez (1975: 185).

Variants manuscrites


Rúbrica: de] da B

Texto: 1 Chegades vos ey amiga due / Meu amigo B : Chegades uos ay amiga due / (meu amigo) / meu amigo V   2 con] cū BV; vos] vos B : uos V   3 que] Q̅e B : qe V   5 D’u é] D+  ue B; que] q̅ / q̅ V   6 con] cū BV; min] mi V   9 ben m’é] bēm e BV; convosc’e] conuꝯ p’ B : conuꝯ V; muit’ei] muit ta V

Variants editorials


O seguimento mecánico en Nunes da errada segmentación dos versos nos manuscritos italianos condicionou unha edición con múltiplos erros (métrico-rimáticos) e/ou emendas na súa edición do cancioneiro de amigo:

            Chegades vós, ai amiga, du é
            meu amigo e con ele falastes,
                    mais eu ben vos digo
            que falarei vosco tod’aqueste dia,
                pois falastes con quen eu falar queria.

            Du é meu amigo [mui] ben sei [eu]
            que chegades e con el falastes,
                    mais por min creades
            que falarei vosco tod’aqueste dia,
                pois falastes con quen eu falar queria.

            Gran ben m’é convos[co], por[que] muit’ei
            que vos diga; pois con el falastes,
                     creades, amiga,
            que falarei vosco tod’aqueste dia,
               pois falastes con quen eu falar queria.

1 amiga]  |vós, ai| amiga Cohena, Cohenb   2 con] cun Minervini : cum Littera   6 con] cun Minervini : cum Littera   9 convosc’e ... vos] con vus, por ... vus Minervini : con vosco, ... vos Cohena, Cohenb : convosco, ... vos Littera

Paràfrasi


Esta cantiga que segue é de Airas Carpancho.

(I) Chegades, amiga, de onde está o meu amigo e falastes con el; mais eu ben vos digo que falarei convosco todo este día, pois falastes con quen eu falar quería.

(II) De onde está o meu amigo ben sei que chegades e falastes con el; mais creédeme ben que falarei convosco todo este día, pois falastes con quen eu falar quería.

(III) Moito me satisfai estar convosco e moito vos teño que dicir; pois con el falastes, crede, amiga, que falarei convosco todo este día, pois falastes con quen eu falar quería.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’B 11’B (= RM 37:30)

Notes


Text
  • 1

    A lección dos manuscritos, transcrita mecanicamente, levaría a un texto inicial Chegades vós, ai amiga, d'u é meu amigo, pleno de sentido mais claramente hipermétrico. É por isto que todos os editores practicaron a expunción dos dous elementos monosilábicos de que se podía prescindir, na liña do que acontece no íncipit doutras cantigas (véxase, por exemplo, 800.1 ou 941.1).

  • 2

    A grafía <cū> con de BV (cfr. tamén <Cvm> B en 91.1), como <in> en (véxase nota a 2.18), pode constituír máis unha mostra de grafía latinizante, conservada na edición de Minervini (e de Littera), que de cando en cando se detecta nos manuscritos que transmitiron a poesía trobadoresca profana galego-portuguesa. Cfr. nota a 63.2

  • 9

    A presente edición parte do erro <p’>/<q̅> en B (omitido en V), xa que a versión do editor italiano (*Gran ben m’é con vus: por muit’ei que vus diga, / poys con el falastes: ...) non é lingüisticamente aceptábel (nótese tamén o convosco de Cohen e Littera), pois, na altura cronolóxica das cantigas, non se documenta a expresión con nós / vós (Ferreiro 2014b: 183).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat