I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 420-421 [= LPGP 586]); Cohen (2003: 488); Littera (2016: II, 47).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 367-368).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 76); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 150).
1 agora] agor B 2 foi sanhud’e] foys sanhude B 4 roguei] muyto roguey BV 7 foi] foys B 8 julgada] uilgada V
4 a que o eu roguei] a que eu muito roguei Nunes 5 o] om. Nunes; porque] pero Cohen, Littera
(I) Dixéronme agora do meu namorado que se foi irado e sen o meu permiso: e por que se asañou agora o meu amigo?
(II) San Leuter, a quen moito lle roguei, sabe que non o merecín, porque o teño irado: e por que se asañou agora o meu amigo?
(III) Nunca eu llo merecín, madre, des que nacín, e un día fun por el mal xulgada: e por que se asañou agora o meu amigo?
Esquema métrico: 11’a 11’a 12’B (I, III [= RM 26:51]) + 12a 12a 12’B (II [= RM 26:38])
Encontros vocálicos: 3 agora‿o; 6 agora‿o; 9 agora‿o
Esta cantiga presenta unha evidente relación intertextual coa cantiga UC 1271, do mesmo autor: alén de trataren o mesmo motivo, a segunda estrofa repítese de forma case literal nas dúas cantigas. A proximidade formal e conceptual, así como o feito de seren contiguas nos manuscritos, apuntan a unha composición moi próxima no tempo. Mesmo se podería conxecturar que foron concibidas para formaren unha unidade literaria: na primeira a moza pregúntase sorprendida por cal sería a causa da saña e da partida do amigo, e na segunda a moza confésalle á nai o ocorrido deixando entrever que ela non sospeitaba un desenlace tal.
San Leuter alude, con certeza, ao padroeiro dunha romaría dedicada a este santo. Non existe localización concreta para a romaría glosada por Lopo, mais, entre as diversas capelas e ermidas en Galiza con esta advocación, quizais se estea a referir ao santuario de Santo Eleuterio, en Tameiga (concello de Mos, Pontevedra) (Souto Cabo 2018: 94-95).
O corpo desta estrofa coincide case literalmente cos versos correspondentes da estrofa II de UC 1271, tamén de Lopo. É por isto que non semella dubidosa a expunción muito no primeiro verso (ausente en 1271.5), embora manteñamos a lección manuscrita no segundo, que presenta porque en face de pero na seguinte cantiga.
Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso : a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).