21 [= Tav 41,2]
Diz meu amigo que lhe faça ben

Diz meu amigo que lhe faça ben,
e digo-lh’eu sempre que lho farei
e que m’atenda e guisá-lho-ei;
e, amiga, direi-vos que mi aven:
tantas vezes o mandei atender
que lho non posso máis vezes dizer.
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 47

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 662); Nunes (1973 [1928]: 455 [= LPGP 287]); Cohen (2003: 532); Littera (2016: I, 309).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 14); Machado & Machado (1949: I, 62); Rios Milhám (2017: I, 21).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 38); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 58).

Variantes manuscritas


4 vos] uos B   5 vezes] nezes B

Variantes editoriales


1 lhe] lhi Nunes   4 vos] vus Michaëlis

Paráfrasis


(I) O meu corazón fíxome comezar a amar tal dama que non podo imaxinar maneira nin motivo por que lle poida vivir máis, pois agora non teño poder para ir alí nin podo de onde está afastar o meu corazón.
(II) Gran loucura me fixo facer (o corazón) por ir amar tal muller, pois non teño xa xuízo nin saber por que lle de hoxe en diante poida vivir, pois agora non teño poder para ir alí nin podo de onde está afastar o meu corazón.
(III) Acho que estou moi mal se Deus non me axuda a respecto dela, nin tampouco eu teño tal entendemento por que lle poida de hoxe en diante vivir, pois agora non teño poder para ir alí nin podo de onde está afastar o meu corazón.
 

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= Tav 160:49)

Encontros vocálicos: 4 mi‿aven

Notas


Texto
  • 1

    O incipit da cantiga reaparece tamén como verso inicial dunha cantiga de amigo de Joan Servando (nº 1156).

  • 3

    A asimilación (e absorción) da vibrante final do infinitivo á lateral palatal inicial do pronome lhe ~ lhi ([ɾʎ] > [ʎ]) prodúcese ocasionalmente, sobre todo en textos transmitidos polo Cancioneiro da Ajuda, nas secuencias de infinitivo con lhe ou en formas de futuro co pronome lhe mesoclítico: creê-ll’-ei (142.29), querê-lles-ei (170.26), negá-ll’-ei (175.18), te͂ê-ll’... (243.11), graci-ll’-ei (420.11), penhorá-lh’ei (454.14), acor[r]ê-lhes (925.17). Tal asimilación fonética rexístrase tamén nas Cantigas de Santa Maria: faze-lle (= fazer-lle) (CSM 82.23), tira-ll’... (= tirar-ll’...) (CSM 157.26). Tamén na prosa achamos este fenómeno, pois existen diversos encontros da preposición por co pronome lle que son resolvidos mediante a asimilación na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (véxase pole(s) ‘por lle(s)’, en Lorenzo 1975: I, 755, 787).

  • 5-6

    Atendendo á maiúscula na lección manuscrita de tantas (<Tantas>), poderíase estabelecer estes dous versos como refrán dunha cantiga incompleta: «[O copista] Bc, no mesmo afã de traduzir o sistema de marcação do antecedente, terá convertido as maiúsculas de início de verso em minúsculas, mantendo aquelas só para início de refrão» (cfr. Correia 1998: 281).

Buscar
    Sin resultados