I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 341-342 [= LPGP 501]); Cohen (2003: 380); Littera (2016: I, 587-588).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259-260); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 227-228); Camargo et alii (1990: 41); Burgazzi (2015: 36-37).
III. Antoloxías: Spina (1972: 355); Arias Freixedo (2003: 525-526); Magalhães (2007: 103).
3 eu] E B 5 querria] q̅ria B 7 Pede] Pode B 8 me] mi V; que quer] q̅(r) q̅r V 9 tenh’eu] tenlheu B 10 lh’é] Le B : he V; gran] q̃n V; ten assi] tenhassy V 13 non sei] son sey V; qual] q̄l V 14 diz o ben] digo ben V; querra] q̄ira B 15 tenh’eu] tenlheu B; de] oe V 16 ben] om. B 20 qual] q̄l B; de mí querria] de mi q̅iria B : demī q̅rria V
5 querria] queria Nunes 8 me] mi Nunes, Cohen 10 lh’é] é Nunes 10 lh’é] é Nunes 11 querria] queria Nunes 16 que lh’é [mui] gran ben] que lh[e] é gran ben Nunes : que lhe gram bem [é] Littera 17 querria] queria Nunes 19 Servand’, e] [San] Servand’ Nunes 20 mi querria] min queria Nunes : min querria Cohen
(I) Di o meu amigo que lle faga ben, mais non me di o ben que quere de min; e eu teño por ben que vin aquí para o ver, mais el non o considera así; porén, se eu soubese o ben que el querería ter de min, así llo procuraría.
(II) El pídeme ben, desde que o vin, e non me di o ben que quere ter de min, e considero que o feito de o ver xa lle é un ben moi grande, mais el non o considera así; porén, se eu soubese o ben que el querería ter de min, así llo procuraría.
(III) El pídeme ben, non sei de que tipo, mais non me di o ben que quererá de min, e eu considero que o feito de o ter visto xa lle é un ben moi grande, mais el pensa que non; porén, se eu soubesse o ben que el querería ter de min, así llo procuraría, (1) por Servando, e heime de asañar un día se el me non me di que ben de min querería.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10’C 10’C (= RM 160:250) + 10’c 10’c
Esta cantiga comparte íncipit coa composición de Fernan Figueira de Lemos (UC 21).
Nótese como neste verso, igual que en 1423.11, é necesario recuperar a forma min do pronome para a rima con vin (v. 3).
Aínda sendo posíbel a lección de B, a forma querria de V é máis axeitada pola consecutio temporum (soubesse ... querria), para alén da súa presenza no final da fiinda (v. 20). En calquera caso, a confusión e as vacilacións entre as formas de copretérito e pospretérito do verbo querer (queria / querria) son moito frecuentes no corpus e mesmo son intercambiábeis en determinados contextos. Cfr. nota a 1121.4.
No texto proposto acollemos a interpretación de Cohen, que considerou a omisión de <h> en B e de <l> en V para fixar unha lectura lh’é (<Le> B : <he> V).
A ausencia de unha sílaba métrica obriga á integración no verso dun elemento probabelmente perdido durante o proceso de copia. Nunes optou polo pronome lhe (lhe é) co conseguinte problema métrico que deriva da sistemática sinalefa de tal secuencia. O paralelismo entre os vv. 10 e 16 aconsella aceptar a decisión de Cohen: lh’é mui gran ben, e el non ten assi (v. 10) - que lh’é [mui] gran ben, e el ten que non (v. 16). Por outra parte, tampouco é desprecíbel a alternativa editorial de Littera: que lhe gram bem [é], e el tem que nom.
A ligazón sintáctica da fiinda coa derradeira estrofa da cantiga escusa calquera emenda no textos subministrado polos códices, que na edición de Nunes aparece modificada debido, xustamente, ao isolamento sintáctico da fiinda. Polo contrario, en Littera existe ruptura estrófica sen mudanza textual.
San Servando refírese ao santo venerado na súa ermida, talvez no lugar de Pazos, parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.