1155 [= Tav 77,13]
Foi eu a San Servando por veer meu amigo

Foi eu a San Servando por veer meu amigo
e non o vi na ermida nen falou el comigo,
namorada!
Disseron-mi mandado de que muito desejo,
ca verria a San Servando, e, pois eu non o vejo,
namorada!
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 1151, V 744

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 341 [= LPGP 504]); Cohen (2003: 379); Littera (2016: I, 587).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 259); Braga (1878: 141); Machado & Machado (1956: V, 226); Camargo et alii (1990: 40); Burgazzi (2015: 36).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 100); Álvarez Blázquez (1975: 96); Landeira Yrago (1975: 231).

Variantes manuscritas


1 Foi] Fuy V; veer] neer V   5 verria] veiria B

Variantes editoriais


Nunes presenta a composición con versos hexasilábicos no corpo da estrofa.

1 Foi] Fui Nunes, Cohen, Littera   4 de] do Nunes, Cohen

Paráfrase


(I) Fun a San Servando para ver o meu amigo e non o vin na ermida nin falou comigo, namorada!
(II) Dixéronme novas que moito desexo, que viría a San Servando, e, pois non o vexo, namorada!

Métrica


Esquema métrico: 2 x 13’a 13’a 3’B

Encontros vocálicos: 2 na‿ermida; 5 ve·rri·a‿a, Servando,‿e

Notas


Texto
  • *

    A cantiga 1280, de Lourenço, presenta o mesmo refrán monovocabular.

  • 1

    Foi é a forma xeral de P3de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (<fŭī) / foi (<fŭĭt), pola acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sivevs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa). Neste caso, mantemos a prioridade de B, por máis que Nunes, Cohen e Littera optasen pola variante fui de V.

    Talvez San Servando se refira á ermida de San Servando, no lugar de Pazos da parroquia de Barxés, no concello ourensán de Muíños.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado