470 [= Tav 18,12]
Don Airas, pois me rogades

Don Airas, pois me rogades
que vos dia meu conselho,
direi-vo-lo en concelho:
por ben tenh’eu que vaades
mui longe de mí e mui con meu grado.
E por [vos] eu ben conselhar
non de vós vou estar peior,
ca vos conselh’eu o milhor:
que vaades ora morar
mui longe de mí e mui con meu grado.
Conselho vos dou d’amigo,
e sei, se o vós fezerdes
e me daquesto crev[er]des,
morar[e]des u vos digo:
mui longe de mí e mui con meu grado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscrits


B 473

Éditions


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 4 [= LPGP 144-145]); Paredesa (2001: 175); Lopes (2002: 61); Paredesb (2010a: 155); Littera (2016: I, 88-89).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 157); Machado & Machado (1950: II, 330-331); Paredes (2010b: 120-121); Paredes (2010c: 84); Rios Milhám (2018b: III, 470).
III. Antoloxías: Filgueira Valverde (1980: 80); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 30); Tavares & Miranda (1987: 344).

Variantes manuscrites


2 vos] uos B   3 en concelho] eu couçelho B   4 vaades] naad’s B   8 vos conselh’eu] uos coucelheu B   11 vos] uos B   12 fezerdes] fez’d’ꝯ B   14 vos] uos B

Variantes éditoriales


En Lopes o refrán é presentado como dous versos sen rima: mui longe de mi / e mui com meu grado.

6 E por [vos] eu ben conselhar] E poren bon conselho ar Lapa : E por eu ben conselhar Lopes : E por eu bem [vos] conselhar Littera    7 non de vós con[t]’estar peior] non dou [a] vós con estar peior Lapa : non dê-vos con estar peior Lopes : nom dé-vos com estar peior Littera   8 eu] om. Lopes

Paraphrase


(I) Don Airas, xa que me rogades que vos dea o meu consello, diréivolo publicamente: eu considero axeitado que vos vaiades moi lonxe de min e co meu beneplácito.

(II) E por vos eu aconsellar ben non vai empeorar a miña relación con vós, pois eu aconséllovos o mellor: que vaiades morar moi lonxe de min e co meu beneplácito.

(III) Douvos consello de amigo, e sei que se vós crerdes isto e o fixerdes, moraredes onde vos digo: moi lonxe de min e co meu beneplácito.

Métrique


Esquema métrico: 7’a 7’b 7’b 7’a 10’C (I, III [= Tav 155:27]) + 8a 8b 8b 8a 10’C (II [cfr. Tav 155:26])

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga constitúe un exemplo de «intertextualidade parodística», en que Afonso X reutiliza o refrán da cantiga 800, de Fernan Froiaz (mui longi de min e mui sen meu grado), con efecto cómico (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 225).

  • 1

    Don Airas fai referencia, probabelmente, ao trobador Joan Airas de Santiago, que na cantiga 968 se dirixe ao senhor rei de Castela para pedir xustiza, ameazando na fiinda con finalmente a reclamar ao rei de Portugal.

  • 2

    A forma verbal dia, presente de subxuntivo, é evolución (que chega até hoxe en falas dialectais galegas) da forma latina dĕm co SMT -a e posterior evolución do hiato -éa > -ía (véxase Ferreiro 1999: §205b). Igual que na lírica profana, aparece esporadicamente nos textos medievais. Cfr., por exemplo, que nos da tentaçon / daquel astroso nos guarde  e nos livre d’ocajon / e que nos dia saude | cada que nos mester for (CSM 378.20).

  • 3

    A expresión en concelho (‘publicamente’)1 constitúe unha locución adverbial que se reitera no corpus (véxase tamén 6.32, 983.13, 1552.19, 1612.8), coa variante a concelho (629.8).

  • 5

    O refrán da cantiga é o mesmo (coa substitución con > sen) que o da composición nº 800 (mui longi de min e mui sen meu grado), unha cantiga de amigo de Fernan Froiaz.

  • 6

    A formulación do verso en Lapa non é satisfactoria do punto de vista ecdótico, ao tempo que fica hipométrico en Lopes.

  • 7

    Semella que o texto deste verso está deturpado, e que debemos ter en conta a existencia da construción de estar cun adverbio modal (ben, mal, melhor, peior...) coa rexencia da preposición de (cfr. Glosario, s.v. estar, acepc. 7). Así, se consideramos un erro <c>/<u>~<v>, dese modo poderemos estabelecer unha lectura vou para a lección <con> ou <cou>, a partir do erro comprobado, por exemplo, en 685.7 (vivede <Vuiede> B, Cuiede> V), 746.14 (averei <ueerey> B, <acerey> V) ou 1312.9 (verv’antig’ <uer cãtig> B, <ueruãtig> V). Mesmo cabe a posibilidade de que o erro sexa produto da confusión uounoncon, pois tamén está comprobado o erro <non>~<nõ>/<uou> (véxase 295.15, 974.26, 978.23, 1012.20 ou 1322.5):
              E por [vos] eu ben conselhar
              non de vós vou estar peior
              ca vos conselh’eu o milhor.
    Isto é: ‘E por eu aconsellarvos ben, non vou ficar peor convosco, pois aconséllovos o mellor’.

  • 8

    Por volta de ei apreso aparece a frase formularia per quant’eu de vós apres’ei, con variacións redaccionais en 230.10 e 1118.20. Aliás, obsérvese a aparición case literal desta frase formularia nas Cantigas de Santa Maria: Poren don Affons’ el Rei / na ssa capela / trage, per quant’ apres’ ei, / end’ a mais bela (CSM 18.82).

  • 13

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito, aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevestes, crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

  1. ^

    Na Crónica Troiana, así como noutras obras medievais, é moi frecuente a expresión en praça, sinónima de en concello (véxase CGPA, s.v. en praça ~ em praça). Esta expresión presenta tamén a variante de praça, frecuente nas crónicas de Fernan Lopez (véxase CGPA, s.v.) e noutras obras, como a tradución da Confessio Amantis (véxase Faccon 2012: 307) ou a Estoria de Dom Nuno Alvrez Pereyra (véxase «Glossario» en Calado 1991: s.v. praça).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé