I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 412 [= LPGP 635]); Fernández Graña (1994: 68); Cohen (2003: 476); Littera (2016: II, 108-109).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 291); Braga (1878: 159-160); Machado & Machado (1956: V, 355-356); Montero Santalha (2004); Pardo de Neyra (2005: 68-69); Celeiro Álvarez (2021:102).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 167).
1 -vo-lo] om. B 2 [o]je] E B : ie V 3 Santa] sancta V 7 sospeitada] se speytada V 8 gran] grã B 11 se el] (Soel) Seel B 14 meu] om. B 19 non] no B
3 ousass’e] ousasse Nunes, Fernández Graña 8 sõ[o] de vós, ca lhi quero gran ben] son de vós, ca lhi quero [eu] gran ben Nunes : son de vós, ca lhi quero [tan] gran ben Fernández Graña 10 se [o] creverdes, madre loada] se [o] creverdes, [mia] madre loada Nunes : se creverdes, [mia] madre loada Fernández Graña 16 min] mi Nunes
(I) Madre, hoxe mandouvos dicir o meu amigo que vos vería se ousase e, por Santa María, se vós falásedes antes comigo diso: se el vos ve a vós ou a min pola miña vontade, sexa irado contra min San Salvador (II) de Valongo; aínda que sospeitades de min que o amo, nunca o amei, des que nacín, e por iso, se o credes, madre loada, se el vos ve a vós ou a min pola miña vontade, sexa irado contra min San Salvador (III) de Valongo, xa que el se foi de aquí sen o meu permiso e non me quixo ver, e agora mándavos traer recado sobre como vos podería ver con tal de me ver a min: se el vos ve a vós ou a min pola miña vontade, sexa irado contra min San Salvador.
(1) E sei ben que non é tan ousado que vos el vexa sen o voso permiso.
Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C (I [= RM 160:306]) + 9’a 10b 10b 9’a 9’C 9’C (II [= RM 160:297]) + 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (III [= RM 160:269]) + 9’c 9’c
Encontros vocálicos: 1 En·vi·ou
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270). Na edición de Nunes, porén, foi atribuída unha moi forzada independencia sintáctica a todas as estrofas.
O enlace sintáctico entre as estrofas leva consigo, por outra banda, un obvio hipérbato coa inclusión de mi seja irado entre San Salvador e Valongo: San Salvador mi seja irado / de Valongo... (= San Salvador de Valongo mi seja irado).
Nestes versos percíbese a coordinación copulativa entre dous tempos verbais disímiles (ousasse – falardes) utilizados consecutivamente nas cláusulas condicionais. Sen dúbida, esperiariamos no segundo caso un falassedes coherente con ousasse e, sobre todo, pola consecutio temporum, pois o verbo principal é un copretérito (veeria, v. 3):
dizer que vos veeria
se ousass’e, par Santa Maria,
se o vós ante falardes migo
Na realidade, a convivencia dos dous tempos (pretérito de subxuntivo + futuro de subxuntivo) está condicionada pola métrica (falardes vs. falassedes) e lembra a concorrencia dos mesmos tempos en versos simétricos nunha cantiga de Nuno Fernandez Torneol (véxase nota a 663.7).
San Salvador de Valongo talvez se refira a unha ermida do lugar de Valongo, na parroquia de Aguasantas (Cotobade, Pontevedra), moi preto de Perocelo (cfr. Martin de Padrozelos), próxima tamén á igrexa de San Salvador da Lama, en Pontevedra (Souto Cabo 2018: 93).
Seer sospeitado de (tamén en 591.25) é o mesmo que sospeitar (de).
Perante a hipometría versal, aínda existindo varias posíbeis solucións, parece lóxica a emenda da lección manuscrita <sō> en sõ[o], que permite situar o acento na 4ª sílaba e acrecenta unha sílaba ao verso, pois en xeral as formas derivadas de *sono (> sõo > soo) computan como bisilábicas (só é unisilábico sõo en 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1118.8, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Para alén de ambas as formas (a etimolóxica son e a analóxica sõo ~ soo) poderen convivir nunha mesma cantiga, os manuscritos ofrecen unha variación que demostra a necesidade de emenda nestes casos: en 354.7 concorren como monosilábicas as formas soo (A) e son (B), mentres que en, por exemplo, 86.22, 317.7 ou 430.23 B presenta a lección errada son (vs. sõo A), e en 1650.1 é V o cancioneiro que erra con son fronte a soo de B. Cfr. notas a 47.20 e 241.10.
O verbo creer solicita un CD que serve para restaurar a hipometría versal e que permite o acento na 4ª sílaba. En calquera caso, a proposta de Nunes peca de hipermetría pola dupla integración realizada (*se [o] creverdes, [mia] madre).
Nótese, por outra parte, a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito (crevestes, tamén no v. 20), aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico (regularizador) que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 534.7, 832.2, 1050.14 e 20, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).
Os pronomes persoais min e vós (e tamén min no v. 16), formas oblicuas tónicas, funcionan como complementos directos sen preposición (se el vir vós nen mí, v. 5; por tal que veja min, v. 16), construción frecuente na lingua trobadoresca: u visse os meus olhos e min (571.15); nen vio el mí (572.14); pois tan muit’á que nos veo veer / mí (589.5-6); quitar-s’-á én com’eu vi min quitar (917.10) etc.