I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 79-80 [= LPGP 193-194]); Nunes (1973 [1928]: 25); Cohen (2003: 608); Eirín García (2015: 257); Littera (2016: I, 224).
II. Outras edicións: Moura (1847: 148-149); Monaci (1875: 70-71); Braga (1878: 35-36); Machado & Machado (1952: III, 201-202); Cohen (1987: 63); Júdice (1997: 35); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 268-269); Oliveira & Machado (1959: 67); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 54).
3 fazer i] hi fazer BV 5 Faredes] Earedes B : earedes V 11 Faredes] Earedes B : earedes V 14 prazer] praxer B 15 dizede] dizedes V; perdon] pardon B 17 Faredes] Earedes B : earedes V; contra] (g) ꝯ̃ B
5 Faredes] E avede Lang 9 preguntar] perguntar Lang 11 Faredes] E avede Lang 17 Faredes] E avede Lang
(I) –En grave (mal) día, señora, vos ouvín falar e vos viron estes meus ollos!
–Dicide, amigo, que podo eu facer neste caso, así Deus vos valla.
–Faredes o que sexa xusto para min, señora?
–Farei, amigo, facendo eu o mellor.
(II) –Desde o o momento que vos ouvín falar, señora, non puiden despois sentir ningún ben.
–Amigo, quérovos agora preguntar que me digades o que eu podo facer respecto a iso.
–Faredes o que sexa xusto para min, señora?
–Farei, amigo, facendo eu o mellor.
(III) –Desde que vos vin e vos ouvín falar, non vin pracer, señora, nin durmín nin folguei.
–Amigo, dicídeme, así Deus vos perdoe, o que (queredes que) eu faga, porque eu non no sei.
–Faredes o que sexa xusto para min, señora?
–Farei, amigo, facendo eu o mellor.
Esquema métrico: 3 x 11a 11b 11a 11b 11C 11C (= RM 99:1)
Nótese o evidente lapso de copia en BV no final do verso, que esixe inversión dos elementos para a rima en -i (i fazer > fazer i): nas cantigas profanas existen diversas pasaxes en que existe unha inversión (errada) de elementos na secuencia final de verso, delatada pola rima (véxase para outros casos similares 215.1, 383.12, 421.18, 626.14, 688.20, 796.5, 938.16-17, 1185.5 etc.).
Enténdase: ‘Desde que nese momento vos oín falar, señora, que non puiden…’.
A lacuna no final do verso, de unha sílaba, ten de ser resolvida con non, acorde co sentido e coa métrica. Cfr. nota a 34.7.
A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).