I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 279-280); Finazzi-Agrò (1979: 104 [= LPGP 479-480]); Littera (2016: I, 561).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 166-167); Braga (1878: 85); Machado & Machado (1953: IV, 192).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 107).
2 quantos outros] quantcs outres B 3 pois] ca poys BV; mia] ma B 4 praz] prar B 6 Deus me perdon] deu me pardon B 9 todo] rodo V 10 devi’] ceui V 11 mias] mħas BV; coraçon] corazō V 12 sofrer] sso ffor’ B : ssoffer̄ V; pode] podo V; que] ꝙ̄ V 13 aqui] aq̄ B 14 sen] ssei B; grad’e] grāde V 15 coraçon] coracō B : corazon V 16 endurar] eu durā B : en durā V
2 oje] oj(e) Nunes 5 min] mi Nunes 6 aquesto] aquest(o) Nunes 9 todo] todo[s] Nunes, Littera 10 devi’aquesto] devia[n] aquesto Nunes, Littera 12 pode; mais sei que] pod’e non sey quem Nunes 13 [so]fresse] [so]fre-se Finazzi-Agrò : [so]fresse[m] Littera
(I) Estraño mal e estraño pesar é hoxe o meu, de cantos outros existen no mundo, pois á miña señora non lle prace que eu morra, mais quere que así teña que vivir moi contra a miña vontade; e por isto, así Deus me perdoe, resúltame moi penoso vivir e non podo vivir se teño que pasar por isto.
(II) E porén todo isto sempre me debía estrañar con moita razón, pois o meu corazón non pode sufrir as miñas coitas; mais sei que, despois diso, sufriría tanto como eu sufro aquí: hei de vivir contra a miña vontade e, desde entón, vivo en pesar; por iso o meu corazón xa non pode aturar tanto mal.
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10c 10c 10b 10b 10a (= RM 195:1)
Encontros vocálicos: 2 oje‿o; 6 aquesto,‿assi
En xeral, a forma ma é produto dun erro de copia en B, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 794.9, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
Por outra parte, neste verso é obvia a necesidade e expunxir ca a partir da aparición das dúas conxuncións causais <ca poys>, coa corrección da primeira das formas, ao tempo que a métrica e a sintaxe esixe a reintegración da preposición a para o CI mia senhor.
De calquera maneira, ao longo do corpus achamos contextos en que se pode determinar con certa seguranza o carácter espurio de ca, que, como outras partículas de escaso corpo fónico, poden aparecer adventiciamente nos cancioneiros italianos máis do que na copia do Cancioneiro da Ajuda: véxase, por exemplo, 279.10, onde a inicial copia do verso ca estou de vós como vos eu direi de A (esencialmente coincidente coa de B), que obrigaría á sinalefa ca‿estou para a medida decasilábica, foi corrixida nó códice do Colégio dos Nobres coa supresión de eu e a conseguinte restauración do hiato ca | estou. Ademais, existen ao longo do corpus outras probas indirectas que confirman que, ás veces, a presenza da conxunción é resultado dun erro de transmisión e/ou de copia: na cantiga 938: fronte á copia do refrán na estrofa I (se eu a molher oje quero ben), no inicio do refrán das estrofas II e III aparece unha partícula ca metricamente espuria (*ca se eu a molher oje quero ben).
É necesario emendar a lección <pardon> de B, aparente variante de influencia francesa, lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (neste verso, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).
Non existe razón ecdótica para as mudanzas expresivas que introduciu Nunes (e aceptou Littera, que estendeu o plural a sofresse no v. 13) coa inxustificada introdución do plural (e o consecuente aumento de unha sílaba métrica no v. 10): ... todo[s] m’estranhar / devia[n] aquesto ... A intromisión de Nunes (e Littera) talvez foi provocada polo violento hipérbato nesta pasaxe («E por én sempre todo aquesto devia-m’estranhar») e mais tamén condicionados polo plural quantos outros (v. 2): na realidade, o poeta está a falar do seu corazón.
A opción editorial de Finazzi-Agrò non é posíbel por razóns lingüísticas, xa que tanto non permitiría a posposición do clítico se (*tanto [so]fre-se). Neste contexto, sofresse presenta un valor de pospretérito (equivalente, por tanto, a sofreria), valor que se detecta en diversas pasaxes das cantigas:
ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7).
O que jurava que me non visse
por non seer todo quant’el disse,
par Deus, donas, aqui [é ja!] (653.7).Ca preit’avia comigo,
ergo se fosse coitado
de morte, que se veesse
o máis cedo que podesse (711.r1).Vistes vós, amiga, meu amigo,
que jurava que sempre fezesse
todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2).ca mi jurou que se non partisse
d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9).
Assanhou-s’o meu amigo
a mí porque non guisei
como falasse comigo (1123.3).
De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:
Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225).
Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso:
E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).