I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 117 [= LPGP 468-469]); Cohen (2003: 181); Littera (2016: I, 555).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 120-121); Braga (1878: 57); Machado & Machado (1952: III, 374-375).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 123); Nunes (1959: 291); Spina (1972: 348).
2 m’envia] meu uya V 3 preit’avia] prey ta(n)\u/ya V 14 verria] ueiria B
O corpo da estrofa en Cohen está composto por dous versos longos de 15 sílabas graves (15’a 15’a 7’B 7’B).
10 maltreito] mal treito Nunes, Cohen
(I) Ai Deus, onde está o meu amigo que non me envía noticias? Pois acordara comigo que, agás que sufrise coita de morte, que viría o máis cedo que puidese.
(II) Cando el de min se separaba, chorando, fíxome tal promesa e dixo cando e o día que, agás que fose maltreito de morte, que viría o máis cedo que puidese.
(III) E xa pasou o prazo en que el me dixo e me xurou que viría, non sendo por unha gran coita de morte, que viría o máis cedo que puidese (1) e, (que) se eu outra cousa oíse, que nunca máis o amase.
Esquema métrico: 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C + 7’c 7’c (= RM 99:74)
Encontros vocálicos: 15 mi‿avia
A forma verbal veesse do primeiro verso do refrán mostra a utilización de pretérito de subxuntivo con valor de pospretérito. No corpus das cantigas profanas, existen casos similares deste uso verbal:
ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7).
O que jurava que me non visse
por non seer todo quant’el disse,
par Deus, donas, aqui [é ja!] (653.7).Vistes vós, amiga, meu amigo,
que jurava que sempre fezesse
todo por mí quanto lh’eu dissesse? (790.2).ca mi jurou que se non partisse
d’aqui, e foi-se sen meu mandado (790.9).mais sei que, des i,
tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1).Assanhou-s’o meu amigo
a mí porque non guisei
como falasse comigo (1123.3).
De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:
Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225).
Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso:
E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).