123 [= RM 97,7]
Eu sõo tan muit’amador

Eu sõo tan muit’amador
do meu linnagen que non sei
al no mundo querer mellor
d’ũa mia parenta que ei;
e quen sa linnagen quer ben
tenn’eu que faz dereit’e sén,
e eu sempr’o meu amarei.
E sempre serviç’e amor
eu a meu linnagen farei:
entanto com’eu vivo for
esta parenta servirei,
que quero mellor d’outra ren,
e muito serviç’en mí ten
se eu poder, e poderei.
Pero nunca vistes moller
nunca chus pouco algo fazer
a seu linnagen, ca non quer
en meu preito mentes meter;
e poderia-me prestar,
par Deus, muit’e non lle custar
a ela ren de seu aver.
E veede se mi á mester
d’atal parenta ben querer,
que m’ei a queixar se quiser-
-lle pedir alg’ou a veer;
pero, se me quisesse dar
algo, faria-me preçar
atal parenta e valer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 37

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 80-81); Bertolucci Pizzorusso (1992 [1963]: 56); Vallín (1995b: 209-211 [= LPGP 729-730]); Lopes (2002: 41); Littera (2016: II, 237-238).
II. Outras edicións: Michaëlis (2004 [1896-1905]: 437); Carter (2007 [1941]: 24); Marques Braga (1945: 78-79); Machado & Machado (1958: VI, 393-394); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 123).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 5-6); Piccolo (1951: 18-19); Sansone (1990: 96-98); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 171); Diogo (1998: 41-42).

Variantes manuscritas


1 sõo] soon A   8 E] {e} A   27 preçar] precar A

Variantes editoriais


5 sa] a sa Lopes, Littera   8 E] om. Bertolucci Pizzorusso, Vallín; serviç’e] serviç[o] e Bertolucci Pizzorusso, Vallín   16 pouco algo] pouc(o) algo Michaëlis : pouc’algo Lopes, Littera   25 alg’ou a] algo, u a Michaëlis : algo u a Lopes   26 me] mi Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Eu son tan amador da miña liñaxe que non sei querer mellor outra cousa do mundo que unha miña parenta que teño; e quen ama a súa liñaxe penso que obra xusta e sensatamente, e eu sempre amarei a miña.

(II) E sempre eu farei servizo e amor á miña liñaxe: mentres eu viva servirei esta parenta, que amo máis que outra cousa, e moito servizo pode esperar de min, se eu puider (servila), e poderei.

(III) Porén, nunca vistes unha muller facer tan pouca cousa pola súa liñaxe, pois non quere pensar no meu caso; e poderíame ser moi proveitoso, por Deus, e non lle custar a ela nada dos seus bens.

(IV) E vede se me é de proveito amar tal parenta, que me hei ter de queixar se lle quixer pedir algo ou vela (porque non mo concederá); mais, se me quixese dar algo tal parenta faríame ser máis apreciado e valer máis.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= RM 101:51)

Encontros vocálicos: 16 poucoalgo; 22 miá

Notas


Texto
  • *

    O motivo dos amores cunha parenta presentado nesta cantiga permite relacionar a composición de Paai Soarez de Taveiroos coa cantiga 327, de Fernan Fernandez Cogominho, que fala dos amores cunha sobrinha.

  • 2

    A forma linnagen mostra como sufixo galo-románico -age (véxase menage, parage, message, salvage etc.) adquiriu, co paso dos anos, unha nasal final que, modernamente, se consolidou en portugués. Na Idade Media conviven os dous resultados, o mesmo que nas cantigas profanas, onde achamos linhage (924.2, 983.16 e 17, 1234.17, 1346.16) fronte a linhagen, que só comparece en nesta cantiga (vv. 2, 5, 9, 17) e mais en UC 148.14 e 21. E o mesmo acontece con  peage e peagen, variantes que conviven no seo de UC 1410, a única cantiga que atesta este termo: peagen, vv. 11, 13, 19, 21; peage, vv. 3, 7, 14.
    No caso de linhage ~ linhagen, a primeira forma aparece sempre en final de verso por cuestións rimáticas, en combinación, entre outras, coa forma verbal trage, ou, como no presente contexto, pola necesaria segmentación da copulativa.

  • 5

    Obsérvese o xénero feminino de linnagen nesta ocasión fronte ao masculino nos vv. 2, 9 e 17 e mais nas restantes ocorrencias desta voz no corpus (véxase Glosario, s.v. linhagen).

  • 8

    A corrección marxinal de A acrecenta a copulativa inicial do verso, necesaria para a medida octosilábica do verso, que deste modo non precisa a reintegración vocálica feita por Bertolucci Pizzorusso e Vallín.

  • 16

    O adverbio chus, procedente do lat. plūs, entrou en competencia con máis (< magĭs) e xa mostra o seu carácter regresivo na lingua trobadoresca, pois só se atesta, para alén desta cantiga, noutras cinco composicións (6.7, 13 e 15, 492.23, 770.1, 1400.20, 1439.10).

  • 24-25

    Nótese a tmese métrica de tipo simple, en que o verso segmenta a base verbal e o clítico, que pasa para o verso seguinte. Tal segmentación versal volve aparecer en 14.25-26142.30-31, 430.10-11, 476.10-11, 1229.1-2, 1263.10-11, 1445.20-21, 1476.3-4 e 1543.14-15. Véxase nota a 14.25-26, 37.18-19, 482.1-2, 1542.3-4.

    Por outra parte, neste verso rexístrase posposición do clítico nunha cláusula subordinada. Neste sentido, cómpre lembrar que ao longo do corpus trobadoresco profano se detectan algúns casos de posposición anómala de pronomes clíticos en oracións subordinadas en que a conxunción implica, como norma, a anteposición pronominal:

    ca en tal ora nado
    foi que, mao pecado,
    amo-a endoado (22.r6-7).

    e sei que faço-vos, de pran,
    pesar (76.15).

    E rogo-ll’eu que, se lha El prouguer,
    mostre-mi-a ced’... (314.19-20).

    Algo moi similar acontece nalgunhas cláusulas causais dependentes de ca ~ que (véxase nota a 216.3), que se poden achar esporadicamente na prosa:

    et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (General Estoria; Martínez López 1963: 190); 

    E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1990: IV, 442). 

  • 25

    A interpretación de Michaëlis e de Lopes non ten sentido no contexto, pois o adverbio u podería ter sentido na construción u a vir, mais non neste caso, en que a conxunción ou ten un valor distributivo: ‘quer pedirlle algo, quer vela’. A distribución do texto no manuscrito tamén apunta nesta interpretación, xa que a lección é <alg ou a ueer>.

Procurar
    Não foram encontrados resultados