1055 [= RM 96,4]
Máis desguisadamente mi ven mal

Máis desguisadamente mi ven mal
de quantos Deus no mundo fez nacer:
todos an ben per oir e veer
e per entendimento e per falar;
mais a min, mia senhor, aven end’a[l],
ca por tod’esto me vej’eu andar
na maior coita que Deus quis fazer.
E, ante que vos eu visse, senhor,
tan muito ben ouví de vós dizer,
per bõa fe, que non pud’al fazer
que non ouvess’a viir a logar
u vos eu visse log’, e voss’amor
fez-me-vos per tal guisa desejar
que non desej’al ren senon morrer,
ca, se non viran estes olhos meus
nen viran vós u vos eu fui veer
e se eu ren non soubess’entender
do mui gran ben que Deus a vós quis dar,
non averia este mal, par Deus,
por vós d’Amor, que mi á ced’a matar,
a que me vós metestes en poder.
E mal dia mi Deus deu conhocer
u vos eu vi tan fremoso catar,
ca mi valera mui máis non nacer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 1053, V 643

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 398-399 [= LPGP 637-638]); Littera (2016: II, 113).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 228); Braga (1878: 123); Machado & Machado (1956: V, 58).

Variantes manuscritas


1 desguisadamente] desaguys ada mēte B : desaguysada mēte V   2 nacer] uacer B   3 todos] todus V   5 aven] aueu V   10 bõa] bona V   11 logar] logwr B: log̃r V   12 log’, e] logueu BV   13 fez-me-vos] fez meꝯ V; guisa] g(u)\r/ysa V   14 ren] ten V; morrer] moirer B   17 eu] en B; ren] tē V   18 quis] qui B   19 este] este(s) V   23 fremoso] f’mosa B

Variantes editoriales


4 entendimento] entendiment(o) Nunes   13 per] por Nunes, Littera

Paráfrasis


(I) Máis inxustamente me vén mal (a min) de cantos Deus fixo nacer no mundo: todos gozan de ben por ouvir e por ver e polo seu entendemento e pola conversa; mais a min, miña señora, acontéceme outra cousa, pois por todo isto me vexo eu andar na maior coita que Deus quixo facer.
(II) E antes de que eu vos vise, señora, tan ben ouvín falar de vós, abofé, que non puiden facer outra cousa que non fose vir ao lugar onde vos vise axiña, e o voso amor fíxome desexarvos de tal xeito que non desexo outra cousa senón morrer, (III) pois, se estes meus ollos non visen, nin vos visen a vós cando eu vos fun ver e se eu non non fose quen de comprender o moi gran ben que Deus vos quixo dar a vós, non sufriría por vós, por Deus!, este mal de Amor, que cedo me ha de matar, en cuxo poder vós me metestes.
(1) En mal día me deu Deus coñecemento cando eu vos vin a ollada tan fermosa, pois moito máis me valera non nacer.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10a 10c 10b (= RM 184:1) + 10b 10c 10b

Encontros vocálicos: 4 entendimentoe; 20 miá

Notas


Texto
  • *

    Esta composición, igual que as cantigas 74, 85, 239, 315, 321, 389 etc., presenta total ligazón interestrófica causal a partir da segunda estrofa, que está unida copulativamente coa primeira, susceptíbel, por tanto, de ser considerada unha cantiga ateúda atá a fiinda (tamén iniciada por copulativa) se se utiliza unha puntuación máis leve (con vírgulas).

  • 1

    Por razóns métricas é preciso reducir a forma desaguisadamente de BV a desguisadamente.

  • 3

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<todus>); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 9

    En face da forma maioritaria oir, como evolución xeral de audīre na lingua trobadoresca (véxase Ferreiro 1999: §211a), a variante ouvir é de uso limitado no corpus (véxase 334.4, 384.17, 633.24, 764.15, 804.15, 968.4, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3, 1522.4), tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas. Cfr. nota a 618.10.

  • 10

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ en bõa (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 12

    Aínda que se podería manter a lección de BV mediante unha diferente puntuación (u vos eu visse log’eu: voss’amor / ...), a sintaxe e o sentido aconsellan aceptar a emenda de Nunes e evitar, deste xeito, unha incómoda e anómala repetición do pronome eu.

  • 14

    O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma tamén locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con nada (al nada, véxase nota a 708.16) e, sobre todo, con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’): 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.19. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.

  • 15-16

    En face da construción condicional cunha consecutio temporum pretérito de subxuntivo (cláusula subordinada) + pospretérito (verbo principal), obsérvese a aparición do antepretérito viran (vv. 15 e 16), coordinado co esperado pretérito de subxuntivo soubess(e) (v. 17), co pospretérito averia (v. 18) como verbo pricipal:
              ca, se non viran estes olhos meus
    ​​​​​​​          nen viran vós u vos eu fui veer
    ​​​​​​​          e se eu ren non soubess’entender
    ​​​​​​​          do mui gran ben que Deus a vós quis dar,
    ​​​​​​​          non averia este mal, par Deus,
    ​​​​​​​          por vós d’Amor, que mi á ced’a matar,
    ​​​​​​​          a que me vós metestes en poder.

  • 16

    O pronome tónico oblicuo vós é complemento directo sen preposición, feito frecuente na lingua dos trobadores.

Buscar
    Sin resultados