1283 [= RM 58,1]
Mal faç’eu, velida, que ora non vou

Mal faç’eu, velida, que ora non vou
veer meu amigo, pois que me mandou
que foss’eu con el ena sagraçon
fazer oraçon a San Treeçon:
d’ir ei coraçon
a San Treeçon.
E non me devedes, mia madr’, a guardar,
ca, se lá non for, morrerei con pesar,
ca [............................................. -on]
u s’el ia, disse-m’esta razon:
«D’ir ei coraçon
a San [Treeçon]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manoscritti


B 1266, V 872

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 432 [= LPGP 358]); Cohen (2003: 501); Littera (2016: I, 407).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 298-299); Braga (1878: 164); Machado & Machado (1956: V, 380); Montero Santalha (2004); Striker (2017).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 113); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 71).

Varianti manoscritte


3 con el] cone V   5 Treeçon] Treecon B   9 morrerei] moirerey B   10 razon] raçō V   14 coraçon] coracō B

Varianti editoriali


Nunes estrutura de forma diferente o texto de Golparro (cun esquema métrico 11a 11a 11b 5B 5b 5B 5B [= Tav 44:1]):
       Mal faç’eu, velida, que ora non vou
       veer meu amigo, pois que me mandou
       que foss’[oj’]eu con el ena sagraçon
           fazer oraçon 
           a San Creeçon;
           d’ir ei coraçon
           a San Creeçon.

       E non me devedes, mia madr’, a guardar
       ca, se lá non fôr, morrerei con pesar,
       ca, u s’el ia, disse-m’esta razon:            
           fazer oraçon 
           a San Creeçon;
           d’ir ei coraçon
           a San Creeçon.

3 foss’eu] foss’[oj]’eu Nunes   5 Treeçon] Creeçon Nunes   7 Treeçon] Creeçon Nunes   9-10 ca [...] / u s’el ia, disse-m’esta razon] [...] / ca, u s’ el ia, disse m’ esta razon Cohen : [...] / ca, u s’el ia, disse-m’esta razom Littera   12 Treeçon] Creeçon Nunes   14 Treeçon] Creeçon Nunes

Parafrasi


(I) Mal fago eu, belida, que agora non vou ver o meu amigo, pois que me mandou que fose con el á romaría facer oración a San Treeçon: teño vontade de ir a San Treeçon.

(II) E non me debedes gardar, miña nai, pois, se alá non for, morrerei con pesar, [...] pois, cando el se ía, díxome esta razón: «Teño vontade de ir a San Treeçon».

Metrica


Esquema métrico: 2 x 11a 11a 10b 10b 5C 5C 

Note


Testo
  • *

    A lacuna textual existente en BV aínda permite unha outra disposición da cantiga, tal como se percibe na proposta de Striker, coincidente, no fundamental, coa de Nunes:
              Mal faç’ eu, velida, que ora non vou
              veer meu amigo, pois que me mandou
              que foss’ eu con el, [madr’], ena sagraçon
                        fazer oraçon a san Treeçon
                        d’ ir ei coraçon a san Treeçon.

              E non me devedes, mia madr’, a guardar
              ca, se lá non for, morrerei con pesar;
              ca, u s’ el ia, dissem’ esta razon:
                        [fazer oraçon a san Treeçon]
                        d’ ir ei coraçon a san Treeçon.

  • 3

    A voz sagraçon co sentido de ‘romaría ou solemidade relixiosa ligada a unha ermida ou igrexa’ só se rexistra nas cantigas profanas (véxase tamén 1142.5). Na restante produción medieval sagraçon equivale a ‘consagración’ (véxase CGPA, s.v.).

  • 5

    Probabelmente San Treeçon se refira a un santuario dedicado a este santo, de devoción popular, en Tui (Galiza), o desaparecido templo de San Xoán do Porto. Trataríase dun culto popular dun San Xoán Tersón, que foi interdito polo bispo tudense Pedro de Herrera no século XVII (Souto Cabo 2018: 87; véxase tamén Nunes 1973 [1928]. vol. III, Glossário, s.v. Treeçon, San). A súa figura é tamén ligada ao monxe viaxeiro Trezenzonio, que sería enterrado na catedral de Tui no século XI, e que recibiu culto popular baixo diversos nomes (Trezón, Tersón, Tarasón, Trasonio...) conforme o historiador decimonónico Ávila y La Cueva (Vila 2014). Véxase, tamén, Striker (2017).

  • 9-10

    Os disposición do texto no manuscrito delata a ausencia de un verso na segunda estrofa. Tal lacuna foi resolvida en Nunes cunha disposición textual que converte o v. 4 da estrofa nos vv. 1-2 do refrán. A lacuna, porén, débese ao salto na copia que se produciu a partir de ca (no v. 3 da estrofa); deste modo, o v. 10 continúa a presentar dez sílabas (nótese a imposibildade de sinalefa con ca), ao tempo que se mantén firme o acento na 5ª sílaba de todos os versos.

Cerca
    Nessun risultato trovato