1142 [= RM 22,7]
Diss’a fremosa en Bonaval assi

Diss’a fremosa en Bonaval assi:
«Ai Deus, u é meu amigo d’aqui,
de Bonaval?
Cuid’eu, coitad’é no seu coraçon
porque non foi migo na sagraçon
de Bonaval.
Pois eu migo seu mandado non ei,
ja m’eu leda partir non poderei
de Bonaval.
Pois m’aqui seu mandado non chegou,
muito vin eu máis leda ca me vou
de Bona[val]».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 1140, V 731

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 330-331); Indini (1978: 167 [= LPGP 166]); Cohen (2003: 366); Littera (2016: I, 158).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 256); Braga (1878: 139); Machado & Machado (1956: V, 207-208); Berardinelli (1985: 19-20); Camargo et alii (1992: 50); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 41).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 65-66); De la Iglesia (1886: III, 16); Seoane (1941: 35-36); Fernández Pousa (1951: 20); Nunes (1959: 277); Filgueira Valverde (1969: 17); Álvarez Blázquez (1975: 19); Landeira Yrago (1975: 114); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 27); Diogo (1998: 230).

Variantes manuscritas


4 coraçon] corazon V   5 sagraçon] sagrazon V   11 vin] uiu V; vou] nou B

Paráfrase


(I) Dixo a fermosa en Bonaval así: «Ai Deus, onde está o meu amigo de aquí, de Bonaval?

(II) Penso que está coitado no seu corazón, porque non estivo comigo na romaría de Bonaval.

(III) Pois eu non teño novas del, xa non me poderei ir leda de Bonaval.

(IV) Pois me aquí as súas novas non chegaron, vin eu moito máis leda do que me vou de Bonaval».

Métrica


Esquema métrico: 4 x 10a 10a 4B (= RM 26:87)

Encontros vocálicos: 1 fremosaen

Notas


Texto
  • 1

    Bonaval refírese a S. Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela.

  • 5

    A voz sagraçon co sentido de ‘romaría ou solemidade relixiosa ligada a unha ermida ou igrexa’ só se rexistra nas cantigas (véxase tamén 1283.3). Na restante produción medieval sagraçon equivale a ‘consagración’ (véxase CGPA, s.v.).

    Como se indica en Littera1 , neste caso sagraçon podería facer referencia á consagración da igrexa de San Domingos de Bonaval, por volta de 1230 (data da construción da cabeceira do edificio). Porén, Souto Cabo (2012: 279, n. 26) advirte que “devemos lembrar que a construção começava por essa área e que a igreja atual, sobretudo no referente às absides, é o resultado de múltiplas reformas ao longo dos sécs. XIII e XIV”.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado