En BV os vv. 1-4 foron dispostos en dous versos longos coa rima amades / morades.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 124-125 [= LPGP 283]); Cohen (2003: 190); González Martínez (2012: 180); Littera (2016: I, 308).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 123); Braga (1878: 59); Machado & Machado (1952: III, 386).
3 quand’] quāt B : quant V 9 sodes] sedes V 10 muit’á] muyra V
18 coitado] coitad Cohen
(I) Meu amigo, así vexades pracer de canto amades: cando noutro lugar morades moito tempo, e non podedes saber, amigo, noticias miñas, se ficades enton coitado (II) dicídemo, meu amigo, e por Deus, non mo neguedes: cando non estades comigo e hai moito tempo que non sabedes, amigo, noticias miñas, (dicídeme) se ficades enton coitado, (III) pois se hai moito tempo que andades (lonxe) e non tornades, cando vos ides de xunto de min, entón, cando non oídes amigo, noticias miñas, (dicídeme) se ficades entón coitado.
Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’C 7’C (I [= RM 99:65]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’C 7’C (II-III [= RM 99:71])
Encontros vocálicos: 7 -mi͜-o; 8 -mi͜-o
Consideramos esta composición como unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva entre as súas dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), nin tampouco os anteriores editores, nos cales só González Martínez une as dúas primeiras estrofas, isolando a terceira a pesar da ligazón causal. Cfr. nota á cantiga 15.
Por outra parte, esta composición presenta dificultades na liña sintáctico-discursiva, feito que explica as diferentes opcións canto ao carácter interrogativo da primeira estrofa (Cohen), das dúas primeiras (Nunes), de todas (Littera), ou da ligazón parcial en González Martínez. A disposición que ofrecemos vai ligando as estrofas de modo que no refrán das estrofas II e III deberemos supor a presenza dun elíptico dizede (v. 7), que ten o seu CD explícito no refrán da estrofa I.
A lección <sedes> de V podería ser produto dun erro <o>/<e> mais tamén supor a presenza da variante de sodes que se detecta esporadicamente no corpus trobadoresco profano: sĕdētĭs > seedes (> sedes). Véxase nota a 732.8.
Para a correcta intelección da estrofa convén ter en conta que fazer-se funciona como verbo impersoal (‘acontecer’) –tamén presente, por exemplo, en UC 295–, embora todos as anteriores edicións interpretasen se como conxunción condicional, feito que implicaría o uso de fazer con gran tempo (v. 15), contexto en que só comparece o verbo aver.