I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 827-828 [= LPGP 888-889]); Littera (2016: II, 435-436).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 123); Machado & Machado (1950: II, 93); Rios Milhám (2018a: II, 295).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 807-808).
4 por én] E porē B 6 pois s’esto] Poyss esto B; morrer] moirer B 9 eu] en B 12 bõa] bona B 13 pois s’esto] Poyss esto B 15 vou] non B 16 e] et B 18 non] Nen non B 20 pois s’[esto]] Poyss. B 23 se xo] ssero B
1 Pois [s]'ora faz que] Pois ora faz [Deus] qu(e) Michaëlis : Pois ora faz [Deus] que Littera 4 e] om. Michaëlis, Littera 4 por én non moiro, e dig'eu assi] e por én non moiro, digu'eu assi Michaëlis : e por en nom moiro, dig'eu assi Littera 5 min] mi Michaëlis, Littera 6 s’esto] esto Michaëlis, Littera 7 poden] pod’en Littera 13 s’esto] esto Michaëlis, Littera 14 poden] pod’en Littera 15 u vou] en eu Michaëlis 16 e] et Michaëlis 17-18 u a non vej’, a mia morte partir / non deveria] u a non vej’, a mia mort’é; partir / nen non devia Michaëlis: u a nom vej’, a mia morte partir- / m’en nom devia Littera 20 s’esto] esto Michaëlis 21 poden] pod’en Littera 22 tamben] tan ben Littera 23 se xo] se o Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 139:10)
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
Tanto Michaëlis como Littera introducen Deus no íncipit, feito que condiciona a expunción da copulativa introdutoria do verbo dizer no v. 4, para alén do problema métrico xerada pola moi anómala sinalefa de que.
Non obstante, tal como xa aparece na edición de Rios Milhám1 , é posíbel conservar a lección manuscrita restaurando o pronome ausente de fazer con valor impersoal (s'... faz), que se reitera no refrán de todas as estrofas. Asemade, a sintaxe (e mesmo a métrica) mostra como a copulativa inicial do v. 4 é excedente, probabelmente introducida por mor da frecuencia da construción e por én (véxase similar situación en, por exemplo, 485.15 ou 576.10).
A repetida aparición no inicio do refrán da secuencia <Poyss esto> indica a presenza do pronome se (omitido en Michaëlis), que confire un certo grao de indeterminación ao contexto que evoca a cantiga (o trobador non morre).
A segmentación introducida por Littera no segundo verso do refrán impide a necesaria concordancia de poden con toda-las cousas.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Para a transparencia semántica destes versos hai que sobreentender o verbo vou no v. 16: «... ca u vou cuidar / en qual a vi e (vou) aver a guarir ...». Isto é: ‘... porque cando pense en como a vin e cando viva onde non a vexa a miña morte é’.
A segmentación do artigo para mia mort(e) non é necesaria, pois a presenza deste determinante con estas construcións posesivas é minoritaria na lingua trobadoresca.
A métrica e a sintaxe esixen a expunción de <Nen>, repetición da negación por erro de copia.
Agora aceptada na versión electrónica, mais sen estabelecer a mesma lección no refrán, onde a presenza do pronome está asegurada en B.