381 [= RM 9,6]
Mia senhor, quen me vós guarda

Mia senhor, quen me vós guarda
guarda min, e faz pecado,
d’aver ben e nen aguarda
como faz desaguisado;
mais o que vos dá por guarda
en tan bon dia foi nado
se dos seus olhos ben guarda
o vosso cos ben-talhado.
Se foss’eu o que vos leva,
levar-m’-ia en bon dia,
ca non faria mal leva
d’outra, e máis vos diria:
porque vós levades leva
das outras en melhoria,
por én son eu o que leva
por vós coitas noit’e dia.
Mia sen[h]or (que m’oje manda),
a vós manda fiz sen falha
porque vós por mia demanda
nunca destes ũa palha;
mais aquele que vos manda
sei tanto, se Deus me valha,
que pero convosco manda
por vós pouc’ou nimigalha.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 413, V 24

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 32-34 [= LPGP 103-104]); Arbor Aldea (2001: 192); Lopes (2002: 471); Longo (2003: 20-21); Littera (2016: I, 71).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16-17); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 512-513); Machado & Machado (1950: II, 223-224); Rios Milhám (2018b: III, 381).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 121-122).

Variantes manuscritas


3 aguarda] dauar da V   4 desaguisado] de sāguisado V   5 vos] uos BV; guarda] gudarda B   7 seus olhos] se golhos B : semolhos V; guarda] guarde V   8 cos] des V; talhado] falhado B   9 o] e V; vos] uos BV   10 leuarma eiy bõ dia B : lerarmia ero bon da V   11 faria] taria V   12 vos] uos BV   13 porque] poz qⁱ B : poz q̄ V   14 outras] oudes V; melhoria] uelhoria B : nelhona V   15 por] yō B; én] est V; o] e V   17 m’oje manda] moiremādo B : mo ꝗmado V   19 porque] par q̄ B   20 nunca] uūca B   21 que vos] q̄ q̄uos BV   22 Deus] deue V; valha] na lha B   23 que pero convosco] ꝙ̄ o cō uosto V   24 nimigalha] nomigalha B : ny migalha V

Variantes editoriales


1 vós] vos Nunes, Lopes, Arbor Aldea, Longo, Littera   2 guarda] guard’a Lopes, Littera   3 nen] non Nunes; aguarda] dá guarda Lopes, Littera   5 dá] da[n] Nunes : da[m] Lopes, Littera   10 -m’-ia] -vos-i(a) Nunes   11 faria] fari’a Lopes, Littera; mal leva] malleva Longo   12 d’outra] d’outros Nunes, Lopes : d’outro Arbor Aldea : doutros Littera   13 porque] pois que Lopes, Littera; leva] leua Nunes   15 son] sou Lopes; leva] leua Nunes   17 que m’oje] que amor Nunes : quem m’hoje Littera   18 manda] m’anda Lopes, Littera   21 aquele] [d]aquele Lopes, Littera; que vos] qu’en vós Nunes   23 manda] m’anda Lopes, Littera   24 por] per Lopes; nimigalha] nemigalha Nunes, Lopes, Arbor Aldea, Littera

Paráfrasis


(I) Miña señora, quen de min vos garda, prívame a min, e comete un erro, de recibir ben e nin se decata de que fai un despropósito; mais aquel que vos garda en feliz día naceu se cos seus ollos ben contempla o voso corpo ben feito.

(II) Se eu fose o que vos leva, ergueríame en bo día, porque non faría unha má escolla doutra (muller), e máis vos diría: porque vós levades vantaxe en ser mellor que as outras, por iso son eu o que leva por vós coitas noite e día.

(III) Miña señora –que hoxe me manda–, a vós fixen unha demanda certamente porque a vós as miñas demandas nunca vos importaron nada de nada; mais unha cousa sei, así Deus me valla: que aquel que vos manda, aínda que convosco manda, por vós (manda) pouco ou nada.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’a 7’b 7’a 7’b (= RM 63:1)

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de amor parece presentar unha alusión ao marido (vv. 5, 11-12 e 21), figura ben rara na poesía galego-portuguesa (véxase unicamente a cantiga 974 de Airas Engeitado; por outra parte, isto podería confirmar a existencia do gardador, aliado do marido coa función de vixilancia da senhor, e que remite, coa debida distancia, ao gilos e aos lauzengiers das líricas d’oil e d’oc (isto é, dos miscradores ou cousidores galego-portugueses). De calquera maneira, a acumulación de erros de copia nos apógrafos e as dificultades de entendemento fan con que os diversos editores tentasen reconstruír, ás veces arbitrariamente, o sentido.

  • 1

    De acordo coa forma <uos> de BV, considerámos tónico o pronome vós, «[c]on valor enfático, en contrastes ou correlacións» (Monteagudo 2019: 100), pois as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD na lingua trobadoresca. Cfr. nota a 10.1.

  • 2

    Igual que vós no v. 1, min neste verso é tamén CD sen preposición. Nótese que é moi frecuente a aparición de guardar + mi(n), sen preposición: se guardardes mí (145.6), e min guardou / que vos non viss’, amig’; ... (604.10), porque non guardou min (725.14), mais vós guardade mí e vós de mal (1031.6), e como poderei / guardar de morte meu amig’e (1214.2).

  • 5

    É o singular o que permite falar dunha alusión ao marido, que en Nunes e mais Lopes e Littera foi reconvertido nunha forma plural.

  • 11-13

    O substantivo leva (‘acción de levar’ no v. 11, ‘premio, reconpensa’ no v. 13)1 só volve aparecer en 769.5. Con todo, é moi probábel que exista un xogo con maleva, voz usada repetidamente na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España, que significa ‘préstamo’, derivado regresivo de malevar, talvez do lat. manum leuare, como precisa Lorenzo, que comenta este paso de Afonso Sánchez e outras atestacións do substantivo (véxase Lorenzo 1977: II, s.v. maleua):

    Et o Çide soya fazer suas maleuas cõ elles. [...] Et el rrey tomou ende muy gran pesar, et sacou y logo sua maleua, et envioullis XXX et V mĩll morauedis, et outros tantos aos outros castellos da fronteyra, que o partissem ontre elles, segũdo fosse a reteẽça de cada castelo. [...] El rey se meteu logo ao camjno et foyse para Toledo et sacou y sua maleua muy grande, et enuiou dessa uez a dõ Aluar Perez de Castro cõ grande acorro apressa. [...] Et el rrey, desque os mandadeyros vio, vẽeose para Toledo et sacou y muy grã maleua et envioullis muy grande acorro (cfr. CGPA, s.v. maleua).

    E o verbo malevar xa se rexistra nun documento ourensán de 1279:

    Et se o ela queria pagar o que ela tirou et malevou, plazeria a essa dona Mayor et ficarse ya as suas boas a sa morte, et se o non queria fazer, ela o pagaria todo per sas boas, assi como as ten obligadas a seus devedores (cfr. CGPA, s.v.).

  • 12

    Só Longa transcribe correctamente a lección <dout̃> de BV (d’outra): ‘se eu fose o que vos leva, levantaríame en bo día, porque non levaría outra (diferente a vós), e máis vos diría: ...’.

  • 14

    Melhoria ‘melloría, vantaxe, superioridade’ tamén é voz escasa na poesía profana galego-portuguesa: conhocer-lh’-an / melhoria quantas no mundo son (1074.28), e deron-lhi linguados por milhoria (1439.3).

  • 17-18

    A segmentación m’anda de Lopes e Littera no v. 18 (tamén no v. 23) anula o xogo entre a forma verbal e o substantivo sen achegar nada ao sentido e condicionando a puntuación e interpretación do texto, que nestas dúas edicións presenta múltiplas alteracións, nomeadamente nestes dous versos: Mia senhor, quem m’hoje manda / a vós, m’anda fiz, sem falha...

  • 20

    A expresión non dar u͂a palha ‘non importar nada’ ten un ton coloquial e irónico similar a outras expresións que o trobador utiliza na cantiga 382. Só a achamos na Crónica Troiana:

    Este Nástor era o mays cruel et o mays derranjado que en todo Grecia auj́a, ca el nõ daría hũa palla por matar hũ home doadament (Lorenzo: 239).

  • 21-22

    Nótese a concordancia ad sensum: ‘mais (d)aquele que vos manda / sei tanto...’.

  • 24

    Agás Longo, todos os editores nivelaron arbitrariamente a forma nimigalha, con asimilación vocálica regresiva, coa xeral e maioritaria nemigalha.

  1. ^

    Contrástese o sentido de 'boa constituição, boa forma' que o editor, Joseph Piel, atribúe a leva no Livro da ensinança de bem cavalgar toda sela (Piel 1986: 121).

Buscar
    Sin resultados