359 [= RM 44,4]
Muitos me preguntan, per boa fe

Muitos me preguntan, per boa fe,
preguntas q[u]e se devian [to]lher:
que lhes diga por quen trob’ou qual é;
e por én ei a todos a dizer
ca non saberan quen é mia senhor
per mí entanto com’eu vivo for.
En lho dizer non seria mia prol,
e eles pois mi-o terrian per mal
se lho disses[s]e; e des i per fol
me terrian, e d[i]go-lhes eu al:
ca non saberan [quen é mia senhor
per mí entanto com’eu vivo for].
E que an consigo de mi aficar
que lhes diga qual é a senhor que ei?
E en al deverian a falar,
que seria máis sa prol; e direi
ca non saberan [quen é mia senhor
per mí entanto com’eu vivo for].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 390

A estrofa II aparece copiada en B 389, entre os vv. 10 e 11 desa composición (358).

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 867-868 [= LPGP 303]); Littera (2016: I, 335-336); Bruno (2022: 127-128).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142-143); Machado & Machado (1950: II, 179); Rios Milhám (2018b: III, 359).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 47-48); Jensen (1992: 110); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 67).

Variantes manuscritas


2 devian [to]lher] deuīa llot B   7 lho] lhe B   8 e] et B   9 e] et B   10 e d[i]go-lhes] et dgolhea B   16 sa] la B; direi] dyroy B

Variantes editoriais


1 boa] bõa MichaëlisBruno   2 q[u]e se devian [to]lher] que non devian fazer Michaëlis : que se deviam sofrer Littera : que se devian [sofrer] Bruno   3 lho] lhe Littera   8 e] et Michaëlis   14 que] qu(e) Michaëlis

Paráfrase


(I) Moitos me fan, abofé, preguntas que se debían evitar: que lles diga por quen trobo ou quen é; e por iso hei de dicir a todos que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.

(II) De llo dicir non tiraría eu proveito, e eles despois tomaríano por mal (feito) se llo dixese; e desde entón teríanme por tolo, e dígolles eu outra cousa: que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.

(III) E por que teñen que me importunar para que lles diga cal é a señora que teño? Doutras cousas deberían falar, que lles serían de máis proveito; e direi que non saberán quen é a miña señora por min mentres eu estiver vivo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:11)

Encontros vocálicos: 8 mi-‿o; 13 miaficar; 14 éa

Notas


Texto
  • 2

    Tolher é interpretación conxectural da errada lección <llot> de B, talvez dunha anterior forma <toll’>, de modo que se limita a modificación da lección ofrecida polo manuscrito. En calquera caso, a hipótese sofrer de Littera e Bruno é tamén unha opción a considerar, fronte á refacción do verso en Michaëlis.

  • 4

    Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 93.8, 148.13, 468.27, 576.10959.9.

  • 9

    O provenzalismo fol (tamén en 901.8, 973.7, 988.15-16, 1340.12 e 1632.13) compite con louco no corpus profano, de igual modo que folia e loucura (véxase Glosario).

  • 14

    É necesaria a sinalefa é‿a (véxase outras similares en 47.9, 946.r2) para a evitar con que (sobre qu(e) en Michaëlis véxase nota a 18.23).

Procurar
    Não foram encontrados resultados