1196 [= RM 85,15]
Non perdi eu, meu amigo, des que me de vós parti

Non perdi eu, meu amigo, des que me de vós parti,
do meu coraçon gran coita nen gran pesar, mais perdi
quanto tempo, meu amigo,
vós non vivestes comigo.
Nen perderan os olhos meus chorar nunca, nen eu mal,
des que vos vós d’aqui fostes, mais vedes que perdi al:
quanto tempo, meu [amigo,
vós non vivestes comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscritos


B 1180, V 785

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 369-370 [= LPGP 582]); Reali (1964: 57-58); Cohen (2003: 414); Littera (2016: II, 41).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 270); Braga (1878: 147-148); Machado & Machado (1956: V, 276-277).
III. Antoloxías: Bernárdez (1952: 110).

Variantes manuscritas


2 coraçon] coracon V; gran] grã B; gran] g̃ra B   3 quanto] Qwuto B

Variantes editoriales


Nunes e Reali presentan a cantiga en versos heptasilábicos (agudos e graves).

5 Nen] non Reali; perderan] perderon Nunes   6 vos] vus Reali

Paráfrasis


(I) Non perdín eu, meu amigo, desde que me separei de vós, nin a gran coita nin o gran pesar do meu corazón, mais perdín todo o tempo, meu amigo, que vós non vivistes comigo.

(II) Nin os meus ollos perderon de chorar nunca nin eu (perdín) o meu mal, desde que vós vos fostes de aquí, mais vede que outra cousa perdín: todo o tempo, meu amigo, que vós non vivistes comigo. 

Métrica


Esquema métrico: 2 x 15a 15a 7’B 7’B (= RM 37:10)

Notas


Texto
  • *

    Como acontece noutras ocasións (véxanse as cantigas UC 1188 e 1193, tamén de Bolseiro), Colocci indica a disposición da cantiga en versos longos por medio da apostila 16 syll en B, que contradí a copia en versos curtos en BV.

Buscar
    Sin resultados