185 [= RM 125,28]
Nostro Senhor, e por que mi fezestes

Nostro Senhor, e por que mi fezestes
nacer no mundo?, pois me padecer
muitas coitas e mui graves fezestes,
Deus, quando me fezestes ir veer
ũa dona mui fremosa que vi,
por que moiro, ca nunca dona vi
con tanto ben quanto lhi Vós fezestes,
per bõa fe, ca melho-la fezestes
e mui melhor falar e parecer
de quantas outras no mundo fezestes,
e en doair’e en mui máis valer;
e, Nostro Senhor, máis vos én direi:
punh’en dizer, ca ja nunca direi
tanto de ben quanto lhi Vós fezestes,
ca de melhor conhoce-la fezestes,
máis mansa e máis mesurada seer
de quantas outras no mundo fezestes:
sobre todas lhi destes tal poder;
non vos poss’eu contar todo seu ben,
non vos poss’eu dize-lo mui gran ben
que lhe Vós, meu Senhor, fazer fezestes,
nen o gran mal que Vós a min fezestes,
pois mi-a fezestes tan gran ben querer,
nen tanto ben quanto lhi Vós fezestes;
nen o meu mal non o posso dizer,
nen como moiro non o direi ja,
nen ar direi a dona nunca ja
por que moiro, que mi veer fezestes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscripts


B 199

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 796-797); Blasco (1984: 125-126 [= LPGP 825-826]); Marcenaro (2012b: 202); Littera (2016: II, 349).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 85); Machado & Machado (1949: I, 324-325); Fernández Pousa (1953: 13); Rios Milhám (2018a: II, 185).

Manuscript variants


8 Per] Ꝑer B   18 todas lhi] rodas lhr B   21 Vós] u B   22 nen o] Douo B   24 nen] nō B

Editorial variants


4 Deus, quando] des quando Michaëlis, Littera   5 ũa] ua Littera   9 e mui melhor falar e parecer] falar, e muito melhor parecer Michaëlis   11 doair’] dõair’ Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis, Blasco   13 ca] mais Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis, Blasco   20 non] nen Michaëlis, Marcenaro; vos] vus Michaëlis, Blasco   22 nen] Dou Blasco, Littera   24 nen] non Blasco : nom Littera

Paraphrase


(I) Noso Señor, e por que me fixestes nacer no mundo?, porque me fixestes padecer moitas coitas e moi graves, Deus, cando me fixestes ir ver unha dona moi fermosa que vin, por quen morro, pois nunca vin dona con tanto ben como Vós lle fixestes a esta, (II) abofé, porque a fixestes mellor e falar moito mellor e mellor parecer que todas cantas outras donas no mundo fixestes, e en donaire e en valer moito máis; e, Noso Senhor, aínda vos direi máis sobre isto: esfórceme eu en dicilo, que nunca direi todo o ben que lle Vós fixestes, (III) porque a fixestes de mellor sabedoría, máis doce e máis mesurada ser que todas cantas outras fixestes no mundo: sobre todas elas lle destes tal poder; eu non vos podo ponderar todo o seu ben, non son quen de vos expresar o grandísimo ben que Vós, meu Señor, lle fixestes, (IV) nin o gran mal que Vós me fixestes porque ma fixestes amar tanto, nin tanto ben como Vós lle fixestes; nin o meu mal o podo dicir, nin como morro non o direi xa, nin tampouco direi nunca a dona por quen morro, que me fixestes ver.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (= RM 100:35)

Encontros vocálicos: 16 mansae; 23 mi-‿a

Notes


Text
  • *

    Por máis que en ningunha das edicións precedentes a cantiga sexa editada como ateúda (só parcialmente en Marcenaro: I-II, III-IV), nin foi considerada como tal por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), o desenvolvemento da composición aconsella considerar que estamos perante unha cantiga con ligazón sintáctico-conceptual das catro estrofas, tal como propón Rios Milhám (isto leva consigo, outrosí, a emenda da estraña fórmula inicial do v. 22; véxase nota). Cfr. nota UC 15.

    Nesta cantiga, outrosí, repárese no recurso por duplicado ao dobre en posición de rima: fezestes (nos vv. 1, 3, 7 de todas as estrofas) e con variación da palabra: vi, direi, ben, ja (nos vv. 5-6 das catro estrofas).

  • 4

    A única interpretación posíbel de <deꝯ> é Deus, sen necesidade de considerar a existencia dun erro, tal como acontece en Michaëlis e Littera.

  • 8

    Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é inusual a asimilación co adxectivo melhor (tamén en 202.10) e con conhocer, en función substantiva (v. 15). Véxase nota a 25.16.

  • 9

    A versión deste verso en Michaëlis é unha refacción sen apoio textual, coa emenda inxustificada dun texto que non presenta problemas sintácticos nin semánticos. Na mesma liña intervencionista se deben situar as emendas michaëlianas aos vv. 13, 22 e 24.

  • 13

    Carolina Michaëlis afástase da lección manuscrita, substituíndo a conxunción causal ca pola adversativa mais.

  • 13-14

    Enténdase: ‘esfórzome en falar todo o que podo porque nunca serei capaz de expresar todo o ben que Vós lle concedestes’.

  • 22

    A raridade dunha expresión Dou o gran mal que Vos a min fezestes, que, ademais, rompería a secuencia daquilo que o protagonista di que non é quen de expresar con palabras, ao tempo que impediría culminar a ligazón sintáctica de todas as estrofas, aconsella unha emenda do texto de B, tal como Michaëlis realizou xa na súa edición. Neste sentido, xulgamos que <Douo> constitúe un erro por <Neno> a partir das banais confusións <u>/<n> e <e>/<o>, xunto con <N>/<D>~<n>/<d>, erro que se rexistra noutras pasaxes de B (e V): Na <[N]a> A, <Da> B (404.7); nen <den> BV (490.17) etc. E tamén existe o erro inverso (<d>/<n>); véxase, por exemplo, d’amor  <Namor> B, <damor> V (1167.3 e 8).

  • 24

    A secuencia negativa no período iniciado no v. 19 solicita a emenda de non en prol de nen neste verso (en liña coa emenda do v. 22), formas que con alta frecuencia aparecen trocadas nos manuscritos, e nomeadamente en B, coa banal confusión <o>/<e>.

Search
    No results