882 [= RM 94,12]
O gran prazer e gran viç’en cuidar

O gran prazer e gran viç’en cuidar,
que sempr’ouvi, no ben de mia senhor
mi-a fazen ja tan muito desejar
que moir’e non perco coitas d’amor;
pero aven que algũa sazon
arç’e mi afog’e moiro porque non
senç’u me dol nen sei en que travar.
E por esto non leixei pois [d]’amar
e servir ben e faze-lo milhor,
ca sempr’Amor per ben se quer levar
o pequeno e o grande e o maior,
quaes el quer, e no seu poder son:
pois assi é, semelha-mi razon
de a servir e seu ben aguardar.
Ai Deus, tal ben quen o podess’aver
de tal sen[h]or qual min en poder ten!
Pero que tom’en cuidar i prazer,
cuidar me tolh’o dormir e o sén,
ca non poss’end’o coraçon partir,
ca mi-a faz sempr’ant’os meus olhos ir,
cada u vou, e, u a vi, veer.
Mais tanto sei, se podesse seer:
se viss’ela o meu coraçon tan ben
com’el ela, dever-s’-i’a doer
del e de min, poi-lo viss’, e por én
am’eu e trob’e punh’en na servir:
que entenda, pois meu cantar oir,
o que non posso nen lh’ouso a dizer.
E non dev’omen seu cor encobrir,
a quen sabe que o pode guarir,
de máis u lh’outro non pode valer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscrits


B 891, V 475

A fiinda só foi copiada en V.

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 296-298); Stegagno Picchio (1968: 128-129 [= LPGP 626-627]); Littera (2016: II, 95-96).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 174); Braga (1878: 90); Machado & Machado (1953: IV, 229-230); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 91-92).
III. Antoloxías: Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 49); Arias Freixedo (2003: 606-608); Souto Cabo (2017: 168).

Variantes manuscrites


3 muito] mityto V   4 que] ꝯ̃ V   6 arç’e mi afogo e moiro] arce mha foge moyro B : aree mha foge moyto V   7 senç’] sencz B : senz V   8 leixei] lexxey B   11 o pequeno] E o pequeno B : e o peq̅no V   12 seu] sen BV   16 en poder ten] e poder rem V   17 tom’en] romen V   19 coraçon] corazō V   20 ant’os] amos B   21 e] et B; u] du BV   22 podesse] pedesse V   23 coraçon] coracom V   24 com’el] Cōmel B : commel V   25 del e de min] delidemj̄ B : delidemī V   26 trob’] rrob V   27 cantar] tantar B   29-31 om. B

Variantes éditoriales


4 perco] perço Littera   6 arç’e mi afog’e moiro] atee mh afrijo moyto Nunes : ard’e mh afog’ e moyro Stegagno Picchio : ard’e mi afog’e moiro Littera   7 senç’u] sencz u Stegagno Picchio   8 [a]] om. Nunes   10 Amor] amor Stegagno Picchio   11 o pequeno] e o pequeno Nunes, Stegagno Picchio, Littera   12 e no] eno Nunes, Stegagno Picchio, Littera   15 quen] que Stegagno Picchio   16 min] mi Nunes   23 se viss’ela] que viss’el(a) Nunes   24 dever-s’-i’a doer] dever-ss’ya doer Nunes, Stegagno Picchio : dever-s’-ia doer Littera   25 viss’, e] visse Nunes   26 en a] ena Littera   28 lh’ouso] lh’ous(o) Nunes   31 de máis] demais Littera

Paraphrase


(I) O gran pracer e o gran gozo que sempre tiven pensando no ben da miña señora fanme xa desexala tanto que morro e non perdo as coitas de amor; mais pásame que algunha vez ardo e afogo e morro porque non sinto onde me doe nin sei de que defenderme.

(II) E por isto non deixei despois de amar e de servir e de facelo o mellor posíbel, pois Amor sempre quere levar como ben para si o pequeno e o grande e o maior, cales el quere, e están no seu poder: e pois iso é así, seméllame razoábel servila e agardar polo seu ben.

(III) Ai, Deus, quen puidese ter tal ben de tal señora como a que me ten no seu poder! Aínda que me causa pracer pensar niso, pensar tírame o sono e o siso, pois non podo afastar o corazón diso, porque sempre ma fai vir ante os meus ollos, vaia a onde eu vaia, e vela alí onde a vin (por primeira vez).

(IV) Mais sei unha cousa, se esta puidese ser: se ela vise o meu corazón tan positivamente como el a ve a ela, debería ter dó del e de min, despois de o ver, e por iso amo eu e trobo e empéñome en servila: para que entenda, tras oír o meu cantar, o que non podo nin ouso dicirlle.

(1) E ninguén debe ocultar o seu sentimento a quen sabe que o pode salvar; máis aínda cando ninguén máis lle pode valer.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10a (= RM 160:9) + 10c 10c 10a

Encontros vocálicos: 3 mi͜-a; 6 mi‿afog’; 11 pequeno‿e, grande‿e; 20 mi͜-a; 23 ela‿o; 28 ouso‿a

Notes


Texte
  • *

    O protagonista desta cantiga, contrariamente ao que é habitual no corpus, mostra unha actitude positiva respecto das desventuras amorosas, mostrándose perseverante e esperanzado a pesar de todas as dificultades. Noutras cantigas deste mesmo autor, como Pero mi fez e faz Amor (nº 884) ou Amor, non qued’eu amando (nº 887), encontramos a mesma actitude positiva e perseverante, que contrasta co pesimismo maioritario nas cantigas de amor.

  • 4

    A raíz perc-, face á xeral perç-, na P1 de presente indicativo e no presente de subxuntivo de perder, só se rexistra en 54.6, 373.2, 877.1, 926.6, 1549.18, 1605.9.

  • 6

    A forma arço extráese sen dificultades da lección de B (<arc|), co lapso <c>/<ç>, coa raíz arç-, que provén da irregularidade que existía en moitos verbos durante a Idade Media, antes da nivelación analóxica que se produciu en moitos paradigmas verbais. Neste caso, arço procede ardĕō (vs. ardes > ardes etc.) tal como pĕrdĕō > perço (vs. perdes > perde etc.), sĕntĭō> senço (vs. sĕntes> sentes etc.) etc. (véxase Ferreiro 1999 [1995]: §§180a, 192a).
    A lectura de Nunes supón unha inxustificada intromisión textual; pola súa parte, Stegagno Picchio e Littera erran ao estabelecer unha forma ard(o) en vez de arç(o).

  • 7

    Stegagno Picchio mantén a inusual grafía <cz> = <ç> /ts/ que raramente se rexistra na produción medieval, aínda que existen algunhas ocorrencias en formas como czincoeẽta, czinquicõndiczõ, maldiczõ, uendiczõ; faczofaczades; Lourẽczo, pertẽẽczas, preczo, reczebi, seruiczo (cfr. CGPA s.v.).
    Canto a dol ‘doe’, supón tamén a evolución fonética directa de dolet, con perda de -e final tras /l/ após a desaparición de -t, que contrasta coa desaparición de -l- nas restantes formas da conxugación: dŏlĕō > do(i)o, dŏles > does, dŏlet > dol etc. (→ mod. doe ~ dói). Véxase Ferreiro 1999 [1995]: §180a. Cfr. nota a 485.9, 1540.3.

  • 8

    A reintegración da preposición de é necesaria para que o verso teña sentido.

  • 9

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/>/i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica mĕliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

  • 10-12

    Nas edicións precedentes mantense a copulativa inicial no v. 11, presente en BV, que dificulta a consideración dese verso como o necesario CD de levar (v. 10) e provoca unha moi irregular sinalefa da conxunción copulativa (*eo) e, ao mesmo tempo, esixe a aglutinación eno do v. 12, tal como acontece nas edicións de Stegagno Picchio e Nunes:
              ca sempr’amor per bem se quer levar,
              e o pequeno e o grande e o mayor,
              quaes el quer, eno seu poder son.
    Tal como foi exposto en Ferreiro (2019: 30-31), a expunción da anómala copulativa permite restaurar a isometría e regularizar a expresión, de modo que o v. 11 funciona como CD de levar (v. 9), ao tempo que condiciona a deglutinación e no no v. 12:
              ca sempr’amor per ben se quer levar
              o pequeno e o grande e o maior,
              quaes el quer, e no seu poder son: / ...

    Pola nosa parte, consideramos que no v. 10 ben é substantivo e se un dativo ético, e no v. 11 os termos pequeno, grande e maior aluden a que Amor ten poder sobre todos, independentemente do estamento social a que pertenzan: ‘Amor sempre quere levar como ben para si ao pequeno e ao grande e ao maior’.

  • 16

    Nótese a presenza do CD min, pronome persoal tónico oblicuo, sen preposición (qual min en poder ten), como é frecuente na lingua trobadoresca; o mesmo acontece con ela no v. 24: se viss’ela o meu coraçon tan ben / com’el ela.

  • 21

    É frecuente a aparición da grafía latinizante et para a copulativa e, do mesmo xeito que outras grafías ou formas latinizantes que se detectan ao longo do corpus. Neste sentido, véxase como no v. 24 aparece tamén a grafía <cōm(o)> e <comm(o)> en BV, tamén forma latinizante que aparece esporadicamente nesta conxunción nos apógrafos italianos.

  • 21

    Obsérvese o moi probábel erro <du>/<hu> u (tamén en 170.23), tal como se percibe na expresión cada u ‘cada vez que’ necesaria neste verso: cada u vou, e, u a vi, veer. A manutención de d’u implica unha expresión moi forzada (‘e vela desde onde a vin –por primeira vez–’).

  • 24

    Segmentamos a preposición a na perífrase dever + a + infinitivo (dever-s’-i’a doer / del e de min), aínda que Nunes, Stegagno e Littera mantiveron a construción dever + infinitivo. De todos os xeitos, cando existen diverxencias redaccionais, os manuscritos non mostran unha especial preferencia por unha ou outra formulación perifrástica: devede-l’a sofrer A vs. devede-lo sofrer B (80.6), deve ficar A vs. dev’a ficar B (146.29), dev’end’a fillar A vs. dev’ende filhar B (310.22), devia / con dereito chamar A vs. devia / con dereit’a chamar BV (807.1-2).

  • 28

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo), mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 448.8, 553.1 e 11, 602.3, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 29

    Nótese neste verso a presenza do provenzalismo cor, que compite con coraçon.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé