901 [= RM 143,8]
Ora começa o meu mal

Ora começa o meu mal,
de que ja non temia ren,
e cuidava que m’ia ben
e todo se tornou en mal,
ca o dem’agora d’Amor
me fez fillar outra sennor.
E ja dormia todo meu
sono e ja non era fol
e podia fazer mia prol;
mais-lo poder ja non é meu,
ca o dem’agora d’A[mor]
m[e fez fillar outra sennor].
Que ledo me fezera ja
quando s’Amor de min quitou
un pouco que mi a min leixou!
Mais d’outra guisa me vai ja,
ca o dem’agora d’[Amor]
m[e fez fillar outra sennor].
E non se dev’om’alegrar
muito de ren que poss’aver,
ca eu, que o quige fazer,
non ei ja de que m’alegrar,
ca o dem’agora d’[Amor]
m[e fez fillar outra sennor].
A dem’acomend’eu Amor,
e bẽeiga Deus-la sennor,
de que non sera sabedor
null’om’enquant’eu vivo for.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 309, B 901 (= B 901bis), V 486

Esta composición aparece repetida (e riscada) en B, co número 902 (tamén riscado).

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 621-622 [= LPGP 897]); Arias Freixedo (2010: III); Littera (2016: II, 438-439).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 178); Braga (1878: 92-93); Machado & Machado (1953: IV, 250-251); Carter (2007 [1941]: 181); Arbor Aldea (2016b).
II. Antoloxías: Seoane (1941: 100); Piccolo (1951: 163-164); Nunes (1959: 242-243); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 111); Álvarez Blázquez (1975: 83); Ferreira (1988: 93); Ferreira (1991: 129-130); Jensen (1992: 346); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 210).

Variantes manuscritas


1 começa] comeca B : comença B’   2 temia] tenha B : ten ha V : tenho B’   3 cuidava] cuydana B’; m’ia] ma B   4 todo] codo V   5 Ca o] ca a V   6 filhar] falhar B   8 ja] om. BB’V   10 mais-lo] Maylo B : May lo B’ : maylo V; poder ja] poteria V   13 fezera] feza V   14 quando] Quanda B’; min] mj BB’ : mi V; quitou] quetou BB’ : qiton V   15 min] mj BB’ : mi V; leixou] leixon V   16 me] mj B : my B’ : mi V   19 dev’] de n V; om’] ome BB’V   20 poss’] possa B’V   21 que o] om. B’; quige] qigi BB’V   22-28 om. B   26 bẽeiga Deus-la] beenga d’s a B’ : beenga đs a V   28 nulh’om’] Nulhomen B’ : nu lho mē V

Variantes editoriais


5 Amor] amor Littera   7-8 todo meu / sono] tod’o meu / sono Littera   11 Amor] amor Littera   17 Amor] amor Littera   23 Amor] amor Littera   25 A dem’] A[o] dem’ Littera   26 Deus-la] Deus a Michaëlis, Littera 

Paráfrase


(I) Agora comeza o meu mal, do que xa non temía nada e do que coidaba que estaba curado, mais todo virou para mal, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.

(II) Xa dormía a pracer e xa non estaba tolo, e podía dedicarme a asuntos de proveito; mais xa non teño ese poder, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.

(III) Que ledo cheguei a sentirme cando Amor me deixou en paz un pouco tempo que me deixou libre! Mais doutra maneira me vai xa, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.

(IV) Por iso ninguén se debe alegrar moito de cousa boa que poida ter, pois eu, que o quixen facer, xa non teño de que me alegrar, porque o condenado de Amor fíxome agora namorar doutra señora.

(1) Ao demo encomendo eu Amor, e Deus bendiga a señora, que ninguén poderá saber quen é, mentres eu viva!

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:377) + 8c 8c 8c 8c

Encontros vocálicos: 15 mia

Notas


Texto
  • *

    No Cancioneiro da Biblioteca Nacional, toda a columna b do folio 193v aparece repetida na columna a do folio 194r. Entre as dúas versións aprécianse bastantes diferenzas de copia, aínda que ambas se deben á mesma man (no aparato de variantes diferenciamos entre a primeira versión [= B] e a segunda [= B']). A primeira versión da cantiga é numerada por Colocci co nº 901, e vai precedida das apostilas 9ged, alusiva á presenza da fiinda, tornel, indicadora da presenza  do refrán. A segunda versión, tamén foi numerada en principio co nº 902, mais posteriormente o humanista italiano riscou o número ao decatarse de que a cantiga estaba repetida, e quixo remarcar esta circunstancia trazando unha liña horizontal que une, de folio a folio, o primeiro verso de cada unha das dúas versións.  

  • 1

    É chamativa a aparición da variante començar na segunda copia de B: os máis de cen exemplos recollidos no Corpus do Galego-Portugués Antigo son todos eles, case sen excepción, de obras escritas en territorio galego. Só achamos unha ocorrencia dun derivado no Castelo Perigoso:

    Temo(r) començávell he quando algũu leixa de faz(er) mall e faz bem nom tam soomente com medo das p(e)nas, mas com temor de p(er)der a companhia de D(eu)s. E dúas atestacións no Tratado de Confissom: Diz Sãt Gregorio que o començo de todo pecado he soberba, a qual he raiz de todo mal. [...] ha tẽporal he rayz e començo e meo e fĩ de todo mal (cfr. CGPA, s.v.).

  • 5

    A expresión demo de, seguida dun nome, funciona como adxectivo co sentido de ‘demoníaco, malvado’. Eis outras ocorrencias:

    d’al and’ora máis nojoso
    do demo d’ũa meninha (383.25); 

    que mi alongue muit’aginha
    deste demo da campinha
    u os alacrães son (478.10).

    En calquera caso, a expresión confire unha carga de coloquialidade ao refrán e, por extensión, á composición.

  • 8

    O provenzalismo fol (tamén en 359.9, 973.7, 988.15-16, 1340.12 e 1632.13) compite con louco no corpus profano, de igual modo que folia e loucura (véxase Glosario).

  • 10

    Nótese a presenza da grafía arcaiga mais-lo en A (vs. <maylo> BB’V), así como no v. 26, onde fronte ao Deus-la sennor de A se acha Deus a senhor, sen asimilación, en BV: a secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do identificador (artigo ou pronome) no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos e coas preposicións por ~ per, des e tras e cos adverbios alhur e depois, xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Mais para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con outras formas pronominais ademais das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).
    En calquera caso, achamos máis casos de diverxencia nos manuscritos (véxase tamén o v. 26: bẽeiga Deus-la sennor A vs. beenga Deus a senhor B’V), onde se detecta a preferencia de A (e N) por unha representación arcaizante: pois-la vir A vs. poila vi B (136.19, 275bis.8), pois-la vi A vs. poila vi B (174.18), Deus-lo sabe A vs. Deu-lo sabe B (177.3), Deus-la fezo A vs. Deu-la fez B (277.17), mais-lo poder ja non é meu A vs. mai-lo poder ja non é meu BB’V (901.10), Depois-lo tiv’eu guisado B vs. Depoi-lo tiv’eu guisado V (1123.17), miraremos-las ondas! N vs. miraremo-las ondas BV (1297.r). Mais tamén se rexistra variación inversa ou diverxencias dentro do mesmo cancioneiro: poi-la cinta achei B’V vs. pois-la cint’achei B (48.14), Deu-los leix(e) A vs. Deus-los leix(e) B (83.21, 199.33), Mai-la mesura A vs. Mais a mesura B (217.15), sode-la mellor / dona A vs. sodes a melhor / dona B (217.10). Cfr. nota a 965.11.

  • 26

    Na concorrencia entre os manuscritos do presente de subxuntivo de bẽeizer ~ beenzer (bẽeiga A vs. beenga BV) percíbese a dirección evolutiva que se manifesta modernamente no galego beicer vs. benzer portugués.

  • 28

    Resulta ben significativo o erro de transmisión na segunda copia da cantiga, coa forma lusitanizante omen –vs. om(e) en ABV– que impediría a crase (*nulh’omen enquant’eu vivo for) e convertería en hipermétrico o verso. O mesmo erro se detecta noutras pasaxes do corpus: 82.14, 132.21, 492.17, 851.21, 901.28 B’V (vs. AB), 1109.7, 1198.8, 1559.81679.10, 1681.17.

Procurar
    Não foram encontrados resultados