990 [= RM 120,32]
Ora ja non poss’eu creer

Ora ja non poss’eu creer
que Deus o mundo mal non quer,
e querra, mentre lhi fezer
qual escarnho lhi sol fazer
e qual escarnho lh’ora fez:
leixou-lhi tant’ome sen prez,
e foi-lhi Don Lopo tolher.
E oimais ben pode dizer
tod’ome que esto souber
que o mundo non á mester,
pois que o quer Deus cofonder,
ca, par Deus, mal o cofondeu
quando lhi Don Lopo tolheu,
que o soia manteer.
E oimais, quen o manterra
por dar i tanto rico don,
caval’e armas a baldon?
Ou, des oimais, quen o dara,
pois Don Lopo Diaz mort’é,
o melhor Don Lopo, a la fe,
que foi nen ja máis non sera?
E pero, pois assi é ja,
façamos atal oraçon:
que Deus, que prês mort’e paixon,
o salve, que én poder á;
e Deus, que o pode salvar,
assi o lev’a bon logar
pelo gran poder que end’á!
Amen! Amen! Aquest’amen
ja máis non si m’obridará!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30

Manoscritti


B 987, V 575

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 900-901); Panunzio (1992 [1967]: 119-120 [= LPGP 781]); Littera (2016: II, 292-293).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 206-207); Braga (1878: 110-111); Machado & Machado (1953: IV, 371-372); Fernández Pousa (1956: 816-817); Juárez Blanquer (1988: 146-147).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 422); Jensen (1992: 302); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 249-250).

Varianti manoscritte


3 querra] queira B   4 sol] fol BV   11 cofonder]  confonder V   12 par] per V; cofondeu] con fondeu B   13 quando] qnando B   15 e oimais] Efoy mays B; manterra] manteira B   19 pois] Poys q̅ B : poys q̅ V   23 façamos] façamus V; oraçon] oracon B   24 prês] prez B   25 én] o en V   27 assi] Esse B : esse V

Varianti editoriali


2 o] ao Michaëlis, Panunzio, Littera   4 escarnho] escárnio Littera   5 escarnho] escárnio Littera   11 cofonder] confonder Michaëlis, Panunzio, Littera   12 par] per Michaëlis; cofondeu] confondeu Michaëlis, Panunzio, Littera   14 manteer] mantẽer Michaëlis, Panunzio   20 Lopo] Lop(o) Michaëlis   23 façamos] façamus Michaëlis, Panunzio   24 prês] prez Panunzio   25 que] que o Michaëlis   27 assi] esse Michaëlis, Panunzio, Littera

Parafrasi


(I) Agora xa eu non podo crer que Deus non quere mal o mundo, e quererá, mentres lle fixer tal escarnio como o que lle adoita facer e como o escarnio que lle agora fixo: deixoulle tanto home sen valía e foino privar de Don Lopo.
(II) E de hoxe en diante ben pode dicir todo aquel que isto souber que o mundo non paga a pena, desde que Deus o quere condenar, xa que, por Deus, mal o condenou cando o privou de Don Lopo, que o adoitaba manter.
(III) E de hoxe en diante quen manterá (o mundo) dando nel tan ricos presentes, cabalos e armas en abundancia? Ou de hoxe en diante quen o dará, pois Don Lopo Díaz está morto, o mellor Don Lopo que houbo, abofé, nin que haberá xamais?
(IV) E aínda que isto (a morte de Don Lopo) así é xa, fagamos tal oración: que Deus, que sufriu morte e martirio, o salve, que ten poder para iso; así o leve a un bo lugar (ao ceo) polo gran poder que ten para iso.
(1) Amén! Amén! Este amén xamais se me esquecerá!

Metrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:271) + 8d 8a

Encontros vocálicos: 14 so·i·a; 20 Lopo,‿a

Note


Testo
  • *

    A composición de Pero da Ponte é un pranto pola morte de Don Lopo Díaz, senhor de Haro e de Biscaia, que se produciu o 15 de novembro de 1236.

  • 2

    En todas as edicións <ou> foi interpretado como un erro por <ao>. Con efecto, poderiamos estar perante unha evolución da aglutinación ao (> *au > ou; cfr. lat. uadō > *vao > *vau > vou), e, por tanto, estabelecer no texto crítico esta minoritaria e insólita forma, que se rexistra en dúas ocasións no corpus profano: 

    e onde sal i s’ar torn’a jazer
    ou jantar ou, se non, aa cẽa (1348.24);

    A donzela de Bizcaia
    ainda mi a preito saia
    de noite ou lũar! (1454.3).

    No entanto, a anómala presenza da preposición a co CD (quer mal o/ao mundo) fai verosímil a existencia dun erro <ou>/<o>, que se rexistra en múltiplas pasaxes do corpus nos dous cancioneiros apógrafos, mesmo na seguinte composición: prove <proue> A, <prouue> B (240.13); por <pour> B, <p̄> V (927.17); xo <xou> B, <xo> V (991.23), trobar <troubar> V (1434.22); cobrades <coubrades> B, <cobrades> V (1478.6); osa <osa> B, <ousa> V (1489.48); fodeu <foudeu> B, <fodeu> V (1509.21); o <ou> B (1534.5); doze <douze> B (1554.21); sacodiu <Sacoudiu> B (1577.9); maravilho <m̃auylho> B, <marauilhou> V (1662.12) etc. Nesta dirección apunta Nobiling na súa revisión da edición michaëliana: «Muito mais simples é mudar ou para o; pois querer ben e querer mal não se usam apenas, de acordo com sua significação original (“desejar bem”, desejar mal”) de forma intransitiva, mas também, com no mínimo a mesma freqüência, de forma transitiva» (Nobiling 2007 [1907]: 2018).

  • 11-12

    Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cfr. nota a 379.11.

  • 12

    Contra a preeminencia xeral das leccións de B, neste caso acollemos cofondeu de V, perfectamente paralelo á forma do verso anterior. Véxase nota ao v. 11.

  • 17

    Fóra das cantigas, a locución adverbial a baldon ‘con abundancia, á vontade’ só se localiza nas Cantigas de Santa Maria:

    E ela o fez a seu sennor amar,
    assi que o leixou entrar a baldon (CSM 265.38).

  • 19

    A métrica mostra como a presenza de que no manuscrito se debe a un lapso de copia, que engade un elemento espurio documentado noutras ocasións: B vs. A (244.2, 310.13), B vs. V (689.3, 1018.15, 1654.14).

  • 22

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 23

    A grafía -us de V (<façamus>) aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, e nomeadamente a V, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 23-25

    Estes versos xa aparecían, cunha mínima variación, na anterior cantiga de Pero da Ponte:
              Mais façamos tal oraçon:
              que Deus, que prês mort’e paixon,
              o mande muito ben reinar (989.31-33).

  • 24

    Nótese a confusión gráfica de B, ás veces presente en voces que poden sofrer contaminación gráfica (ou, quizais, fónica), do tipo fis / fiz etc.

  • 27

    Ningunha das posibilidades que se enxergan a partir da secuencia <Esse / esse> de BV permite un texto semanticamente aceptábel (téñase en conta o matiz pexorativo de esse):
              e Deus, que o pode salvar,
              *Esse o lev’a bon logar
              pelo gran poder que end’á! (Michaëlis, Panunzio, Littera)

              e Deus, que o pode salvar,
              *e se o lev’a bon logar
              pelo gran poder que end’á! (Juárez Blanquer)
    Mesmo se podería contemplar unha outra posibilidade segmentatativo-interpretativa:
              e Deus, que o pode salvar,
              *é se o lev’a bon logar
              pelo gran poder que end’á!
    É por isto que acreditamos nun erro de copia <esse>/<assi>, que se rexistra tamén en 247.14 [A141, B262], na copia de B: assi Deus me perdon <assi d’s me ꝑdon> A, <esse d’s mj ꝑdon> B. Deste xeito, o texto fica correcto desde todos os puntos de vista:
              e Deus, que o pode salvar,
              assi o lev’a bon logar
              pelo gran poder que end’á!

  • 30

    O verbo obridar, fronte a escaecer, é de uso restrito na poesía profana: se vosso desamor, que m’ora ten / forçado, non fezerdes obridar (23.31); assi me ten end’Amor obridado (130.7); vedes que[n] é, [e] non xe vos obride (512.11); non xi m’obrida o amor de Maria (1568.r).

Cerca
    Nessun risultato trovato