534 [= RM 25,71]
Pero eu dizer quisesse

Pero eu dizer quisesse,
creo que non saberia
dizer, nen er poderia
per poder que eu ouvesse,
a coita que o coitado
sofre que é namorado,
nen er sei quen mi-o crevesse
senon aquel a que desse
amor coita toda via
qual a min dá noit’e dia:
este cuido que tevesse
que dig’eu muit’aguisado,
ca outr’omen non é nado
que esto creer podesse.
E, por én, quen ben soubesse
esta coita ben diria,
e sol non duvidaria,
que coita que Deus fezesse
nen outro mal aficado
non fez tal, nen é pensado
d’omen que lhi par posesse.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 517b, V 120

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 39-40 [= LPGP 210]); Nunes (1972 [1932]: 134-135); Littera (2016: I, 188).
II. Outras edicións: Moura (1847: 59-60); Monaci (1875: 51); Braga (1878: 24); Machado & Machado (1952: III, 95-96); Júdice (1997: 115); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 40); Nemésio (1961 [1949]: 202-203).

Manuscript variants


1 quisesse] quyssesse B   4 ouvesse] ouesse B   16 diria] dina V   18 fezesse] feresse B   20 non] Nou B

Editorial variants


1 quisesse] quizesse Lang   7 mi-o] m’o Lang   8 que] quem Littera

Paraphrase


(I) Aínda que eu quixese expresarme, creo que non sabería dicir, nin tampouco podería por moito poder que tivese, a coita que sofre o coitado que está namorado, nin sei quen mo crese, (II) agás aquel a quen amor sempre dese coita como a que me dá a min noite e día: coido que este coidase que falo eu con moita razón, pois ningún outro naceu que puidese crer isto.

(III) E, por iso, quen ben coñecese esta coita ben diría, e nin sequera tería a mínima dúbida, que Deus nunca fixo unha coita nin outro mal lacerante igual, nin ninguén pode pensar que o puidese facer.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’b 7’a 7’c 7’c 7’a (= RM 161:292)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿o

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha ligazón copulativa das dúas últimas estrofas, véxase nota á cantiga 55.

  • 4

    Talvez a lección <ouesse> de B deba de ser interpretada como unha variante real de ouvesse. Véxase nota a 10.18.

  • 7

    Nótese a presenza da raíz crev- nos tempos de pretérito, aínda sobrevivente perante as formas innovadoras de carácter analóxico que tamén se rexistran no corpus das cantigas profanas, onde aínda son minoritarias as formas creesse (pretérito de subxuntivo) e creer (futuro de subxuntivo). A mesma raíz, nas formas crevestes, crevesse e crever, pode verse tamén nas seguintes pasaxes: 149.7, 460.18, 470.13, 832.2, 1050.14 e 20, 1257.10, 1368.11, 1502.4 e 1666.6. Vexase Mariño Paz (2005: 192-196).

Search
    No results