295 [= RM 141,5]
Pois [s]’ora faz que eu viver aqui

Pois [s]’ora faz que eu viver aqui
poss’u non poss’, assi Deus me perdon,
vee-la senhor do meu coraçon,
por én non moiro, e dig’eu assi
por atal cousa que passa per min:
pois s’esto faz e non posso morrer,
toda-las cousas se poden fazer,
que son sen guisa, ca sen guisa é
en viver eu u non veja os seus
olhos, que eu vi por aquestes meus
en grave dia; mais, pois assi é
que eu non moiro ja, per bõa fe,
pois s’esto f[az e non posso morrer,
toda-las cousas se poden fazer],
que son sen guisa, ca u vou cuidar
en qual a vi e aver a guarir
u a non vej’, a mia morte partir
non deveria con este pesar;
mais, pois non moiro, ben posso jurar:
pois s’[esto faz e non posso morrer,
toda-las cousas se poden fazer],
que son sen guisa, mais tamben viver
pod’o morto se xo Deus quer fazer!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscritos


B 336

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 827-828 [= LPGP 888-889]); Littera (2016: II, 435-436).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 123); Machado & Machado (1950: II, 93); Rios Milhám (2018a: II, 295).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 807-808).

Variantes manuscritas


4 por én] E porē B   6 pois s’esto] Poyss esto B; morrer] moirer B   9 eu] en B   12 bõa] bona B   13 pois s’esto] Poyss esto B   15 vou] non B   16 e] et B   18 non] Nen non B   20 pois s’[esto]] Poyss. B   23 se xo] ssero B

Variantes editoriais


1 Pois [s]'ora faz que] Pois ora faz [Deus] qu(e) Michaëlis : Pois ora faz [Deus] que Littera   4 e] om. Michaëlis, Littera   4 por én non moiro, e dig'eu assi] e por én non moiro, digu'eu assi Michaëlis : e por en nom moiro, dig'eu assi Littera   5 min] mi Michaëlis, Littera   6 s’esto] esto Michaëlis, Littera   7 poden] pod’en Littera   13 s’esto] esto Michaëlis, Littera   14 poden] pod’en Littera   15 u vou] en eu Michaëlis   16 e] et Michaëlis   17-18 u a non vej’, a mia morte partir / non deveria] u a non vej’, a mia mort’é; partir / nen non devia Michaëlis:  u a nom vej’, a mia morte partir- / m’en nom devia Littera   20 s’esto] esto Michaëlis   21 poden] pod’en Littera   22 tamben] tan ben Littera   23 se xo] se o Michaëlis

Paráfrase


(I) Pois agora acontece que eu podo vivir aquí, onde non podo ver, así Deus me perdoe, a dona do meu corazón, por iso non morro, e digo eu así por tal cousa que pasa comigo: pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (II) que están fóra do razoábel, porque razón non hai en que eu viva onde non vexa os seus ollos, que eu vin con estes meus en aciago día; mais, xa que así é que eu non morro xa, sen dúbida, pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (III) que están fóra do razoábel, porque, cando penso en cal a vin e en ter que vivir onde non a vexa, á miña morte non debería fuxir con este pesar; mais, xa que non morro, ben podo xurar: pois isto acontece e non podo morrer, poden acontecer todas as cousas (1) que están fóra do razoábel, mais tamén un morto pode resucitar se Deus o quixer!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 139:10)

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 1-4

    Tanto Michaëlis como Littera introducen Deus no íncipit, feito que condiciona a expunción da copulativa introdutoria do verbo dizer no v. 4, para alén do problema métrico xerada pola moi anómala sinalefa de que

    Non obstante, tal como xa aparece na edición de Rios Milhám1 , é posíbel conservar a lección manuscrita restaurando o pronome ausente de fazer con valor impersoal (s'... faz), que se reitera no refrán de todas as estrofas. Asemade, a sintaxe (e mesmo a métrica) mostra como a copulativa inicial do v. 4 é excedente, probabelmente introducida por mor da frecuencia da construción e por én (véxase similar situación en, por exemplo, 485.15 ou 576.10).

  • 6

    A repetida aparición no inicio do refrán da secuencia <Poyss esto> indica a presenza do pronome se (omitido en Michaëlis), que confire un certo grao de indeterminación ao contexto que evoca a cantiga (o trobador non morre).

  • 7

    A segmentación introducida por Littera no segundo verso do refrán impide a necesaria concordancia de poden con toda-las cousas.

  • 12

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 15

    O mesmo erro <non>~<nõ>/<uou> en B, de evidente explicación paleográfica, pode acharse en 974.26, 978.22, 1012.20, 1069.14 ou 1322.5.

  • 15-17

    Para a transparencia semántica destes versos hai que sobreentender o verbo vou no v. 16: «... ca u vou cuidar / en qual a vi e (vou) aver a guarir ...». Isto é: ‘... porque cando pense en como a vin e cando viva onde non a vexa a miña morte é’.

  • 17

    A segmentación do artigo para mia mort(e) non é necesaria, pois a presenza deste determinante con estas construcións posesivas é minoritaria na lingua trobadoresca.

  • 18

    A métrica e a sintaxe esixen a expunción de <Nen>, repetición da negación por erro de copia.

  • 22

    Nótese a presenza de tamben (segmentado en Littera), que só volve aparecer en 1658.7, uso ben escaso que se corresponde coa extensión deste adverbio que só se produce após o período trobadoresco. Véxase nota a 310.19.

  • 23

    Se xo é a mellor opción para interpretar <ssero>, pois o erro <r>/<x> é frecuente en B: <re> que x’é (182.5), <yre> B, <q̄yx̃e> V queixe (382.15), <ffilherm> B, <ssilhexiu> V filhe-xi-vos (930.7), <queirando> B, <ixando> queixando (1038.9).

  1. ^

    Agora aceptada na versión electrónica, mais sen estabelecer a mesma lección no refrán, onde a presenza do pronome está asegurada en B.

Procurar
    Não foram encontrados resultados