1265 [= RM 86,9]
Polo meu mal filhou [agora] el-rei

Polo meu mal filhou [agora] el-rei
de mar a mar, assi Deus mi perdon,
ca levou sigo o meu coraçon
e quanto ben oj’eu [e]no mund’ei:
se o el-rei sigo non levasse,
mui ben creo que migo ficasse.
O meu amig’e meu lum’e meu ben
non s’ouver’assi de mí a partir,
mais ante se mi ouvera a espedir;
e veed’ora qual é o meu sén:
se o el-rei sigo non levasse,
[mui ben creo que migo ficasse].
O meu amigo, pois con el-rei é,
a mia coita é qual pode seer:
semelha-mi a mí ja par de morrer;
esto vos dig’ora per bõa fe:
se o el-rei sigo non levasse,
[mui ben creo que migo ficasse].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1249, V 854

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 417 [= LPGP 588]); Cohen (2003: 483); Littera (2016: II, 45).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 293); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 363-364).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 192); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 148); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 89-90).

Variantes manuscritas


2 perdon] pardō B   3 coraçon] corazon V   4 [e]no] nō B : no V   9 mi ouvera] mh’ouua B : m\h/ouũa V   10 qual] q̄l V   15 morrer] morter BV   16 bõa] boa B

Variantes editoriais


1 Polo meu mal filhou [agora] el-rei] Polo meu [mui gran] mal filhou el-Rei Nunes : Polo meu mal filhou-[s’ora] el rei Cohen, Littera   4 oj’eu [e]no] oj[e] eu no Nunes, Cohen, Littera   9 ouvera a espedir] ouver’a espedir Nunes

Paráfrase


(I) Para o meu mal tomou agora o rei (todo) de mar a mar, así Deus me perdoe, pois levou consigo o meu corazón e canto ben hoxe eu no mundo teño: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo. 

(II) O meu amigo e a miña luz e o meu ben non partiría sen antes se despedir de min; e vede agora o que creo: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo.

(III) Pois o meu amigo está co rei, a miña coita é tanta como debe ser: seméllame que estou preto de morrer; isto vos digo agora abofé: se o rei non o levase consigo, estou segura de que quedaría comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= RM 160:268)

Encontros vocálicos: 1 agora‿el-; 9 mi‿ouvera‿a; 15 -mi‿a

Notas


Texto
  • 1

    A evidente necesidade métrica de dúas sílabas máis no íncipit mereceu respostas diversas por parte da crítica. Acollemos a proposta de Tavani (1967a: 454) pola frecuencia do adverbio agora nos íncipits (cfr., por exemplo, Gran mal me faz agora’l-rei, 51.1, de Fernan Paez de Tamallancos). Canto aos editores precedentes, son diverxentes as propostas: Polo meu [mui gran] mal filhou el-rei (Nunes) presenta o inconveniente de incidir moi amplamente na lección manuscrita, co acrecentamento de dous elementos; en Cohen e Littera (Polo meu mal filhou-[s’ora] el-rei) rexístrase unha inhabitual forma pronominal de filhar-se, que presenta ese uso especialmente na perífrase filhar-se a + infinitivo (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v. fillar; UC/Glosario, s.v. filhar).

  • 2

    A locución adverbial de mar a mar parece relacionar esta cantiga de  Lopo con dúas composicións de Pero da Ponte en que tal sintagma é atribuído directamente co rei Fernando III (véxase 987.7 e 989.7).

    Emendamos a forma *pardon (<pardō>) de B, lección exclusiva (errada face a perdon, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrari 1979: 83-85), pois, de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b; 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 4

    A minoritaria forma eno aparece con certa frecuencia ao longo do corpus e non é difícil achala no sintagma eno mundo (66.9 e 11, 68.21, 74.23, 142.11 e 18 etc.), circunstancia que favorece a súa escolla para salvar a hipometría do verso (cfr. a solución oj[e] eu no mund’ei de Nunes e Cohen e mais Littera). Ademais, ao longo dos cancioneiros detéctase con frecuencia a presenza de no(s) ~ na(s) en B cando A achega a lección correcta eno(s) ~ ena(s) (véxanse 66.9, 164.r2, 217.11, 227.4, 278.21, 355.8).

  • 13-15

    Obsérvese a concordancia ad sensum neste período:
              O meu amigo, pois con el-rei é,
              a mia coita é qual pode seer:
              semelha-mi a mí ja par de morrer.

    Enténdase, pois: ‘pois o meu amigo está con el-rei, a miña coita é a que ten de ser: seméllame que vou morrer’.

Procurar
    Não foram encontrados resultados