1030 [= RM 63,61]
Quand’eu fui un dia vosco falar

Quand’eu fui un dia vosco falar,
meu amigo, figi-o eu por ben,
e enfengestes-vos de mí por én;
mais, se vos eu outra vez ar falar,
logo vós dizede ca fezestes
comigo quanto fazer quisestes,
ca, meu amigo, falei ũa vez
convosco por vos de morte guarir,
e fostes-vos vós de min enfingir;
mais, se vos eu falar outra vez,
logo vós dizede [ca fezestes
comigo quanto fazer quisestes],
ca mui ben sei eu que non fezestes
o meio de quanto vós dissestes.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 1026, V 616

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 275-276); Rodríguez (1980: 207 [= LPGP 400-401]); Cohen (2003: 559); Littera (2016: I, 453).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 21-22); Fernández Pousa (1959: 249).
III. Antoloxías: Magalhães (2007: 100).

Variantes manuscritas


3 mí] mī V   4 vos] nꝯ B   7 falei] falei eu BV   9 enfingir] enffrager B : enffinger V

Variantes editoriales


3 mí] min Nunes, Rodríguez, Cohen, Littera   5 dizede] diredes Nunes : dizede[s] Littera   7 falei] eu falei Cohen : falei eu Littera   10 eu falar] eu [ar] falar Nunes, Cohen, Littera   11 dizede] diredes Nunes : dizede[s] Littera

Paráfrasis


(I) Cando eu fun un día falar convosco, meu amigo, fíxeno por ben, e vangloriástesvos de min por iso; mais, se de novo eu vos falo outra vez, dicide vós logo que fixestes comigo canto quixestes facer, (II) pois, meu amigo, falei unha vez convosco por vos librar da morte, e fóstesvos vós vangloriar de min; mais se eu vos falo outra vez, dicide vós logo que fixestes comigo canto quixestes facer, (1) pois moi ben sei eu que non fixestes a metade de canto vós dixestes.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 9’C 9’C (= RM 160:264) + 9’c 9’c

Encontros vocálicos: 10 ma·is

Notas


Texto
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva de tipo causal entre as súas dúas estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 3

    A segunda conxugación no verbo enfenger é minoritaria no corpus (véxase tamén 768.5), xa que predomina a forma correspondente á terceira conxugación (enfingir) ou mesmo a variante disimilada enfinger. Así, nótese como a palabra rimante no v. 9 ten de ser enfingir (en rima con guarir, v. 8), embora os códices subministren leccións que remiten á segunda conxugación.

  • 5

    As diversas emendas de Nunes e Littera no texto deste verso do refrán carecen de xustificación, considerando que se trata dun enunciado irónico.

  • 7

    Coa recolocación de eu en posición preverbal (coa sinalefa amigo, ‿eu), Cohen (e Littera) mantén a presenza do pronome, moi probabelmente elemento espurio no texto: así se verifica nos apógrafos italianos (B vs. A: 74.5, 85.16, 177.9, 306.9; BV vs. A: 420.14 e 17; V vs. B: 1597.1), mais tamén, por exemplo, nunha ocasión en A (vs. B), en 228.7.

  • 10

    Considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), son desnecesarias as emendas dos editores neste verso (eu [ar] falar en Nunes, Cohen e Littera), sen dúbida inducidas polo aparente problema de hipometría.

  • 14

    Fronte ao resultado meo (só en 278.5), na poesía profana a forma meio ‘metade’ (< medium) é transmitida sempre por BV, a funcionar como substantivo ou como adxectivo anteposto, o mesmo que forma parte da locución prepositiva en/(e)no meio de (456.4 e 6, 489.14, 1030.14, 1377.14, 1473.9, 1631.13 etc.).

Buscar
    Sin resultados