I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 27-28 [= LPGP 218]); Nunes (1972 [1932]: 101-102); Littera (2016: I, 177).
II. Outras edicións: Moura (1847: 33); Monaci (1875: 45); Braga (1878: 21); Machado & Machado (1952: III, 48); Júdice (1997: 98); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Correia (1978: 244); Sansone (1990: 302).
5 e] o B 7 bõa] boa B 14 coraçon] corazō B 16 prazer] praz V 17 e] o B
4 nen er] non er Lang, Nunes, Littera 10 por que [é]] [eu] por que Lang
(I) Todo o tempo que hai, señora, desde que me separei de vós, outro tanto hai que nunca experimentei nada que me causase pracer nin pesar, e quérovos dicir como non experimentei nin pracer nin pesar: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar.
(II) E abofé que eu, miña señora, desde que me afastei de vós, crede ben que non vin pracer nin pesar de ningunha cousa; e direivos o porqué disto: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar, (III) porque, miña señora, xusto desde aquela vez que eu me afastei de vós, nunca sentín pesar no corazón desde entón, nin pracer, e direivos o motivo que fixo que así fose: perdín a razón e non podo discernir o ben do mal nin o pracer do pesar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:26)
Encontros vocálicos: 16 mi-‿o
Non é necesaria a emenda que todos os editores realizaron de <nen> para non, xa que o verso ten pleno sentido coa locución conxuntiva nen er ‘nin tampouco’.
A palabra rimante vi é esixida pola rima e polo paralelismo construtivo da cantiga, coa presenza de veer/aver pesar e prazer nos vv. 9 (non vi prazer nen pesar de ren) e 14-25 (nunca ar ouv’eu pesar, des enton, / nen prazer).
A partícula que implicaría unha rima pechada con fe, con vogal tónica aberta, o cal indica que se debe restaurar a forma verbal é, aberta, no final do verso, omitida no proceso de copia por contigüidade coa vogal final de que.